Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Mellorar as túas notas nun exame queres?

Os consellos jedi seguir debes

Le dúas veces o enunciado

Pensa antes de escribir

Fai a introdución das respostas

Revisa a acentuación

Escribe todo o que saibas

Non te apures de máis

COMPAÑÍA DE MARÍA-FERROL-2020

Clicar nos iconos debes, se saber máis desexas!

Recorda que tes que ler o enunciado varias veces para saber o que che están preguntando. Che mandan explicar? Nomear? Cantas preguntas che fan dentro do mesmo exercicio?🧐🧐

Pense ben o que che preguntan e como vas a respostar. Ordena mentalmente as túas ideas antes de escribir. 🤓

É unha das partes máis importantes nun exame. Comezar a resposta coa parte da pregunta que tes que escribir marca unha grande diferenza entre unha resposta ben contestada e unha resposta incompleta.🤔🤔

A acentuación pódete restar ata un punto nun exame. É un factor que depende so de vós. Se sabedes como se teñen que acentuar as palabras, revisade o que escribíchedes no exame antes de entregalo. Non vaias tirando puntos por non revisar a acentuación!!🙈😤

Un exame non é unha carreira a contrarreloxo para saber quen remata antes. Fai un reconto das preguntas do exame e do tempo que che queda para facer o exame e reparte para cada pregunta máis ou menos o mesmo tempo. Non te dan premio por rematar antes pero si por facer un bo exame.🏆🥇

Cando che fan unha pregunta no exame e sabes o que tes que contestar faino da forma máis completa que poidas. Sempre é mellor escribir de máis que de menos. Se non escribes todo o que sabes nun exame .....cando o vas facer? Ese é o teu momento!!💪💪💪