Want to make creations as awesome as this one?

Coordenadas Xeográficas

Transcript

Mapas e Coordenadas

Coordenadas Xeográficas

Meridianos e Paralelos

Fusos Horarios

A Escala

Paralelos

Meridianos

Son liñas imaxinarias que unen os polos. O principal ou de referencia é o meridiano de Greenwich, ao que se lle chama “meridiano cero”. Numéranse de 0º a 180º cara ao leste e cara ao oeste. A distancia que hai desde calquera punto da Terra e o meridiano de Greenwich chámase lonxitude.

Son liñas imaxinarias paralelas ao Ecuador e que rodean a Terra. O principal ou de referencia é o Ecuador. Numéranse de 0º a 90º cara ao norte e cara ao sur. A distancia que hai desde calquera punto da Terra e o Ecuador chámase latitude.

Coordenadas Xeográficas

1º = 60´1´= 60´´

Usámolas para localizar calquera punto da superficie terrestre. Diferenciamos entre Norte, Sur, Leste e Oeste. Mídese en grados ( º ). Guiámonos polos paralelos e os meridianos.

Fusos Horarios

1

1

-

ao Oeste

ao Leste

Os fusos horarios que se atopan ao leste (lado esquerdo da Terra) teñen unha hora máis tarde e os que se atopan no oeste (lado dereito da Terra) contan cunha hora menos.

Os fusos horarios son utilizados para poder determinar a hora durante os días, dependendo da localización na Terra. Durante 24 horas a Terra realiza un movemento de rotación desde o oeste ata o leste, todos os puntos do planeta Terra pasan un tras outra fronte ao Sol; o mediodía que é a metade do día, é marcado polo paso do Sol no meridiano dun punto específico.

Os fusos horarios tamén son chamados franxas horarias, denomínase así a cada unha das 24 partes (horas) nas que está dividido o planeta Terra por medio de meridianos, estas son liñas imaxinarias que o home colocou sobre a Terra para poder identificar os lugares. A división da Terra inicia no meridiano de Greenwich ou meridiano cero.

A Escala

A escala representa a relación entre a medida nun mapa e a distancia na realidade.

As escalas poden ser de 2 tipos:numéricas ou gráficas.

Á proporción na que as cousas son ampliadas ou reducidas chámaselle escala.

elblogdelprofeoscar.blogspot.com

Graciñas!