Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

-HISTORIA DA MÚSICA-

"A Idade Antiga"

Alberto Hermáns2020

Roma En Roma, a música foi herdada doutras grandes culturas como a grega, fenicia, exipcia, etc. Na época romana adquiren grande importancia as representacións teatrais acompañadas de música, actuacións polas rúas a cargo de trobadores e as festas da poboación máis acaudalada nas súas vilas que estabas acompañadas de música. Os instrumento musicais que destacaban en Roma eran: - Trompetas: instrumento de vento metal.- Címbalos: instrumento de percusión formado por platillos metálicos . - Tambores instrumentos de percusión. - Tibia: instrumento similar ao aulós que en Roma recibíu este nome. Aquí vos deixo unha representación destes instrumentos.

-HISTORIA DA MÚSICA-

"A Antigüidade"

InstrumentosGregos

Repaso:"Tempos Antigos"

Audicións

Introdución

Grecia

Outras civilizacións

Dentro da historia da música se lle denomina música da antigüidade á música desenvolvida na Idade Antiga no seno das primeiras grandes civilizacións que empregaron a escrituras e que estaban espalladas por varias partes do mundo.A música desta éopca é importante porque marca as bases dos principios musicais da música posterior. As primeiras civilizacións musicais establecéronse principalmente en zonas fértiles ao longo dos grandes ríos da Asia central, como aldeas nos vales do río Jordán, en Mesopotamia (hoxe en día Iraq), en India, Exipto e China.

-HISTORIA DA MÚSICA-

"A Antigüidade"

Introdución

1/2

Os primeiros textos destes grupos representran a música como unha actividade ligada á maxia, á saúde e ata a politica destas civilizacións, tendo un papel tamén frecuente nas celebracións relixiosas, festas e nas guerras.O desenvolvementos destas base e a proliferación da música antiga chega das máns das grandes civilzación como Roma pero, sobre todo, Grecia.

-HISTORIA DA MÚSICA-

"A Antigüidade"

2/2

Euterpe

Euterpe Na mitoloxía grega, Euterpe é unha das 9 musas. Neste caso Euterpe, que significa "A de bo ánimo"ou "A máis placenteira", é musa da música, especialmente do arte de tocar a frauta. Euterpe é filla de Zeus e de Mnemosyne.

A música da Antiga Grecia era unha arte que se atopaba nas celebracións, funerais, no teatro, a través da música popular ou mediante as baladas que presentaban los poemas épicos. Por tanto,tiña unha función importante na vida dos habitantes da Antigua Grecia. A través das fontes históricas sábese cómo soaba a música grega e a importancia social dos músicos. A propia actividade de tocar instrumentos musicais está presente no arte encontrado nas cerámicas gregas. A propia palabra «música» procede da denominación das musas, fillas de Zeus que, segundi a mitoloxía, inspiraban todas as actividades creativas e intelectuais.

-HISTORIA DA MÚSICA-

"A Antigüidade"

1/2

Grecia

-HISTORIA DA MÚSICA-

"A Antigüidade"

2/2

Instrumentos de Grecia

Cítara

Lira

Aulós

Salpinx

Hydraulis

Algúns dos instrumentos utilizados na época da Grecia antiga son:

Cítara A cítara é un instrumentos de corda pulsada similar a lira ou a arpa de man. Na Antiga Grecia o seu uso estaba asociado co culto de Apolo, en contraposición con Aulós, asociado ao culto a Dionisos, e por tanto estaba considerada un instrumento máis "noble". A cítara sosténse sobre os xeonllos ou nunha mesa e puntéanse as súas cordas. Algunhas delas poden ser pisada (como na guitarra actual) e outras teñen unha altura fixa e son usadas como acompañamento. Aquí temos un vídeo de demostración deste instrumento.

Lira A lira é un instrumentos de corda formado por unha caixa de resonancia da cal saen unha brazos (xeralmente curvos) unidos por un travesaño, e unha serie de corda tensadas verticalmente que se tocan con ambas mans. Era un instrumentos moi importante na cultura grega porque era o instrumento de Apolo, fillo predilecto de Zeus e Artemisa . Aquí temos un vídeo de demostración deste instrumento.

Aulós O aulós, é tamén coñecido como oboe doble, foi uns instrumento musical de vento da Antiga Grecia. O músico que o tocaba recibía o nome de "auleta". Na mitoloxía grega, o aulós, foi inventado por Atenea para imitar ao trebón funerario de Medusa, que nada máis telo lanzouno lonxo porque se decatou que ao soplar o instrumento deformaba o seus resgos. O sátiro Marsias recuperou o instrumento e tocouno en competición con Apolo que tocaba a lira. O aulós relaciónase co culto a Dioniso e a Cibeles. Aquí temos un vídeo de demostración deste instrumento.

Salpinx O salpinx é un instrumento de vento da Antioga Grecia da familia das trompetas. O seu uso, que se pode apreciar nas representación en vasos cerámicos atopados, estaba enmarcado no ámbito militar para dar ordes no campo de batalla e en ámbitos festivos. É o instrumento no que se basa a trompa recta. Aquí temos un vídeo de demostración deste instrumento.

Hydraulis O hydraulis é un instrumento de vento con teclado da Antiga Grecia que é a orixe do intrumento do órgano de tubos. Ten un funcionamento moi similar aínda que o Hydraulis, como o seu nome indica, empregaba o auga para manter a presión do aire que facía soar o instrumento. Foi o primeiro instrumento de teclado da historia da música e data do século III a.C. Aquí temos un vídeo de demostración deste instrumento.

Adamáis de Grecia houbo outras civilizacións na que a música xogou un papel importante como foron:

-HISTORIA DA MÚSICA-

"A Antigüidade"

Outras civilizacións

China

Mesopotamia

Exipto

Roma

China Desde os tempos máis antigo, en China a música era tida en máxima considareción. Todas as dinastías dedicábanlle un apartado especial. Aínda hoxe en día a música en China está empapada da tradición secular, lendaria e misteriosa dunha das filosofías máis antigas do mundo. No teatro tradicional chinés, a música xoga un papel fundamental nas representacións. Algúns dos instrumentos da música antiga chinesa eran: - Frauta: travesera ou de bambú, ten 6 orificios tonais. - Pipa: instrumento de corda pulsada paraceido ao laúde.- Erhu: instrumento de corda fretada máis representativo da música chinesa. - Guzheng: instrumentos de corda pulsada máis antigos de China. Aquí vos deixo unha representación destes instrumentos.

Mesopotamia En Mesopotamia (lugar entre ríos) os músicos eran considerados persoas de prestixo que acompañaban aos monarcas nos seus actos de culto pera tamén nas cerimonias no palacio e nas guerras. Mesopotamia foi un centro de influencia cultural para moitos pobos como árabes, israelítas exipcios, gregos e pobos da India. As súa música e os seus instrumentos soan hoxe en día neses países aínda que, ás veces, algo modificados. O arpa era un dos instrumento máis apreciado en Mesopotamia, aínda que había máis, como por exemplo: - Lira ou Kítara: era o instrumentos máis importante en Mesopotamia. - Arpa: instrumento de corda pulsada.- Laúde: instrumento de corda pulsada. - Chirimía: instrumentos de vento madeira similar ao oboe. Aquí vos deixo unha representación destes instrumentos.

Exipto En Exipto, a música posuía avanzados coñecementos que estaban reservados para os sacerdotes. Como instrumentos repítense os xa visto noutras culturas como o arpa e o oboe dobre ou aulós.A música interviña en todas as etapas da vida: bailarinas e flautistas acompañaban os traballadores no campo ou en festas da vendima. Tamén no ámbito militar estaba presente e, por suposto, no ámbito dos templos e as celebracións relixiosas. Os instrumento musicais que destacaban en Exipto eran: - Arpa: instrumento de corda pulsada.- Laúde: instrumento de corda pulsada. - Sistro: instrumentos de percusión que foi o predecesor das "sonajas" Aquí vos deixo unha representación destes instrumentos.

Roma En Roma, a música foi herdada doutras grandes culturas como a grega, fenicia, exipcia, etc. Na época romana adquiren grande importancia as representacións teatrais acompañadas de música, actuacións polas rúas a cargo de trobadores e as festas da poboación máis acaudalada nas súas vilas que estabas acompañadas de música. Os instrumento musicais que destacaban en Roma eran: - Trompetas: instrumento de vento metal.- Címbalos: instrumento de percusión formado por platillos metálicos . - Tambores instrumentos de percusión. - Tibia: instrumento similar ao aulós que en Roma recibíu este nome. Aquí vos deixo unha representación destes instrumentos.

Aquí tedes unha selección de videos como mostra da música desta época.

-HISTORIA DA MÚSICA-

"A Antigüidade"

Audicións

China

Exipto

Mesopotamia

Grecia

"Jasmine Flower"-Tradicional chinesa.

"Deus Seth"-Tradicional exipcia

"Himno hurrita"-Tradicional Mesopotamia

Tradicional grega

-HISTORIA DA MÚSICA-

"A Antigüidade"

Roma En Roma, a música foi herdada doutras grandes culturas como a grega, fenicia, exipcia, etc. Na época romana adquiren grande importancia as representacións teatrais acompañadas de música, actuacións polas rúas a cargo de trobadores e as festas da poboación máis acaudalada nas súas vilas que estabas acompañadas de música. Os instrumento musicais que destacaban en Roma eran: - Trompetas: instrumento de vento metal.- Címbalos: instrumento de percusión formado por platillos metálicos . - Tambores instrumentos de percusión. - Tibia: instrumento similar ao aulós que en Roma recibíu este nome. Aquí vos deixo unha representación destes instrumentos.