Want to make creations as awesome as this one?

adiviña a personaxe

Transcript

conto de Samaín

Haz clic para editar este texto

EN TARRÍO HAI UNHA FESTA QUE OS NENOS ESPERAN CON ILUSIÓN.MÓNTASE UNHA GRAN COVA NEGRA CHEA DE MISTERIOS E EMOCIÓN. É UNHA GRUTA ESCURA E LONGA CON CABAZAS, MORCEGOS E ARAÑAS, EXTRAÑAS MULLERES CON VASOIRA, ESQUELETES FLOTANTES E ÁNIMAS.

PERO ANTES DE ENTRAR NA COVA… ADIVIÑADE QUEN VOS RECIBE OBSERVADE QUEN HAI NA PORTA E ASEGURÁDEVOS DE QUE VIVE!!

¡BENVIDOS NENOS E NENAS A COVA DE SAMAÍN ONDE A TRADICIÓN E AS LENDAS VOLVEN DE NOVO A XURDIR!

É un lobo especial Medio humano medio animal Que muda en lúa chea Cando a noite chega. Vólvese salvaxe e fero E cúbreselle o corpo de pelo, Saca unhas unllas afiadas E dentes fortes coma espadas. Fuxe ao bosque rabioso E busca algún agocho, Pero sae bruscamente E mata a moita xente.

É un humano inmortal Con cairos afiados e unha palidez espectral. Leva un traxe elegante Cunha fermosa capa longa de cor negra brillante. Durme en cadaleitos polo día E esperta espabilado de noite en busca de sabrosa comida. Morde os pescozos da xente Que hipnotiza con coidado para chupar o sangue quente. Marcha a disfrutar da enerxía Fuxindo de allos e estacas e da luz intensa do día.

É un conxunto de ósos Duros, brancos e alongados, Sen pel que recubra os ocos E de diferentes tamaños. Asusta a toda a xente A noite de Samaín Porque fai ruido cos dentes E se move morto por ahí.

É un morto que volve á vida Cos ollos de cor vermella e a roupa descosida. Ten máis forza que os humanos A pesares das feridas e do corpo ensanguentado. Anda sen rumbo, desorientado, Cos pés tortos e brazos alongados e tambaleándose de lado a lado. O esperado día de Samaín Esperta a noite dos mortos e sae a comer por ahí.

É un home vello, gordo e alto Que viste un traxe desfarrapado. Leva un saco grande e descosido Que carga no seu lombo doroído. Busca nenos e nenas rebeldes, Algo gordiños e desobedientes Que atopa nos patios das escolas E mete no seu gran saco a sóas. Agóchase na súa tenebrosa casa Para cociñar os nenos e logo o papa. Prepáraos nunha pota no xardín E consérvaos ata o próximo Samaín.

É un home vello, gordo e alto Que viste un traxe desfarrapado. Leva un saco grande e descosido Que carga no seu lombo doroído. Busca nenos e nenas rebeldes, Algo gordiños e desobedientes Que atopa nos patios das escolas E mete no seu gran saco a sóas. Agóchase na súa tenebrosa casa Para cociñar os nenos e logo o papa. Prepáraos nunha pota no xardín E consérvaos ata o próximo Samaín.

Ánima dun corpo morto Que abandona o esqueleteNo cemiterio dalgún horto E vai en busca doutra xente. Métese nas súas casas E abre e pecha as portas, Acende as luces e as apaga e tira polo chan as cousas. Aproveita que é invisible Para facer dano á xente, Busca venganza terrible E asustar horriblemente.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat.

É unha persoa morta Creada con corpos doutras persoas con pel verde e fronte remendada parafusos na cabeza e roupa gastada. Porque é grandísimo e feo Ás persoas mételles medo, Insúltano e fanlle dano E el ataca e fuxe avergonzado.

É unha muller vella, malvada e fea con gorro puntiagudo e vestido espantoso que ten unhas unllas longas e negras e unha verruga no seu nariz asqueroso. É solitaria e antisocial E vive nunha sucia cabana Cun gato negro e especial No medio dunha escura fraga. Sae coa súa vasoira máxica Voando pola noite entre as plantas Para buscar herbas fantásticas E elaborar pocións malvadas.

PARTICIPANTES: Thais Alvarez Santos Leonor Antelo Pardo Aroa Brañas Candal Leticia dos Anjos do Nascimento Sheila dos Anjos do Nascimento Manuel dos Anjos Pereira Jessica Dos Anjos Dos Santos Jaime das Dores dos Anjos Xandre Fernández Villarrenaga Suriñe Gómez Fraga Rodrigo Huertas Hormigos Joana Jiménez Jiménez Carla Ramos Vázquez Alejandro Regos García Laura Romero SilvaTARRÍO 2020