Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

ANUAL

Calendario

Grandes ideas, grandes produtos

#galiciancode

BlocksCAD é un software gratuíto para desenvolver ideas básicas de modelado 3D, para todas as idades, empregando unha linguaxe de bloques tipo Blocky.

Podes escoller a linguaxe da plataforma.

Nesta pestana na parte superior podes atopar máis funcionalidades relacioadas co "Proxecto" para gardar, importar proxectos ou engadir bloques.

Na pestana, "Aprendizaxe", atoparás moitos exemplos, videos de axuda para unha aprendizaxe autónoma e un titorial de benvida paso a paso que fará de guía nos primeiros momentos.

Na pestana, "Ensinanza", atoparás en tres apartados: - Exemplos diversos (lessons). - Vídeos (Teacher resources) - Recursos para aprender a distancia (Distance Learning Resources que é un servizo de pago)

Na pestana, atoparás opcións de Axuda en liña.

Non esquenzas gardar o teu proxecto.

Crea un usuario e organiza os teus proxectos de modelado.

Conxunto de bloques para empregar no proxecto e arrastrar e colocar na zona de traballo.

Apilando, agrupando e combinando bloques de programación conformarás o programa.

No "Chat" en directo podes facer preguntas e obter axuda en tempo real.

Zona de visualización do proxecto, non esquenzas premer antes no botón de "Facer=Render" para actualizalo.

Actualiza para gardar cambios.

Exporta o modelo en formato .stl preparado xa para laminar.