Want to make creations as awesome as this one?

Normas de uso da Biblioteca do CEIP de Chans Bembrive

Transcript

Pasa a páxina

Benvidos/as a Bibliochans

Bibliochans, versión Covid

.Aforo máximo:15 persoas.Hixieniza as mans ao entrar e saír.Segue o percorrido indicado no chan.Utiliza a máscara en todo momento

Bibliochans, versión Covid

.Evita o uso dos carnés lectores..Mantén a distancia de seguridade..Asegúrate de manter unha correcta ventilación.

Bibliochans, versión Covid

Os caixóns cos libros de EI estarán nestas aulas. O servizo de empréstito realizarase na aula e será a mestra titora a responsable do rexistro dixital e de manter os libros en corentena de 48 horas unha vez devoltos.

Bibliochans, versión Covid

O alumnado de 4º, 5º e 6º terá asignado un día da semana por aula para realizar o préstamo durante o tempo de recreo, de 12:00-12:30. Un mestre/a da comisión de Biblioteca encargarase de facer o rexistro e garantir que os libros en corentena sexan depositados no andel correspondente de "Libros en repouso".O alumnado voluntario colaborará neste proceso

Bibliochans, versión Covid

O alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria terá unha sesión semanal distribuída no seu horario para realizar o servizo de préstamo. O profesorado será o responsable do rexistro.

Bibliochans, versión Covid

Os libros emprestados durante o tempo do recreo permanecerán no moble do vestíbulo no seu andel correspondente. O alumnado voluntario,ao remate do tempo de lecer, recollerá os exemplares e os repatirá na aula.

Bibliochans, versión Covid

Mentres dure o estado de alarma:.Queda anulado o ordenador de autoempréstito tactil, e dous postos de ordenadores de sobremesa..Non se poderán utilizar neste espazo os xogos e as "tablets". O seu uso quedará restrinxido á aula ordinaria.

Bibliochans, versión Covid

Ao remate da sesión, as mesas utilizadas polo alumnado quedarán totalmente libres paar proceder a unha correcta desinfección por parte dos seguintes usuarios/as.

Que o único virus que espallemos pola escola sexa o da lectura e a creatividade

MOITAS GRAZAS

CEIP de Chans Bembrive 2020-21