Want to make creations as awesome as this one?

Protocolo da Bilioteca Escolar do Ceip Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras (Ourense)

More creations to inspire you

Transcript

Vén á biblio con Dinosabio

Introduction here

Guía para unha biblioteca segura

Cada clase ten unha hora asignada para acudir á biblioteca dentro do horario lectivo coa titora ou titor. Pero tamén podemos ir á biblioteca no recreo, e poderemos facer empréstamos, usar os ordenadores e tablets.Temos unhas quendas, porque só podemos ir unha clase de cada vez. LunsMartesMércores XovesVenresQuenda A2ºA3ºA4ºA5ºA6ªAQuenda B2ºB3ºB4ºB5ºB6ºB

A nosaDinoRadio segue a funcionar. Temos que gravar por quendas, sen xuntar clases. Os micros non se poden tocar. Hai que desinfectarse antes de entrar ao estudo de gravación. O aforo do estudo é de 7 persoas.

Os libros que consultemos temos que metelos na caixa de corentena. Deste xeito evitaremos un posíbel contaxio aos outros lectores. Cando pasen a corentena, o encargado os volverá colocar nos andeis.

Antes de usar os ordenadores hai que os desinfectar. Espera a que o encargado limpe o teclado antes de sentar.

Antes de entrar na Biblioteca hai que desinfectar as mans coa solución hidroalcohólica que hai na porta.

Para ir á biblioteca no recreo non podemos cruzar polo patio dos outros cursos. Entraremos polo corredor interior, onde o comedor de Infantil, e sairemos polo mesmo lugar. Se imos á biblioteca teremos que permanecer nela todo o recreo.

O Barquiño de Papel este ano non sairá en edición impresa. Poderás consultalo na páxina Web da Biblioteca. Nel atoparás os retos lectores e os retos fuchiqueiros.

Os clubes de lectura se organizarán dentro das aulas, nun intre da Lectura Silenciosa. Non vamos poder facer clubes abertos, porque temos que respectar os grupos burbulla.

Todo infantil e primeiro de primaria levarán os luns unha dinochila con lecturas para toda a semana. As Dinochilas se devolverán o venres para pasar a fin de semana en corentena.