Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

EscritorasGalegas

DíaDasEscritoras

"Códice calixtino"

Luz Pozo Garza

Naquela cidade onde unha rapaza escribía un diario secretona noite mentres o soño desvalido semellaba finxir silencios compartidos nesa vella cidade do norte o primeiro poema de amor fluctuaba coma un blues nostálxico na noite.

"Amor de tango"

María Xosé Queizán

É a novela das traballadoras que espertaron a vida naquela urbe pioneira, atlántica e liberal que era o Vigo de preguerra. É a novela das obreiras das fábricas de sardiñas que tan estreitamente ligadas están ao desenvolvemento industrial da cidade e da ría.

"Eu tamén navegar"

Xohana Torres

Existe a maxia e pode ser de todos.¿A que tanto novelo e tanta historia?

"Palabras no tempo"

Marina Mariño

Son aquela mañanciña, entre orballo das rosas, entre area de sendeiros, onde atopaba a campana.

"Cantares gallegos"

Rosalía de Castro

Adios, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos.

"Tras as portas do rostro"

Marica Campo

¿Non vés acenderme a luz para que escriba? Xa estou farta de agardar. Está a mesa fría. Cheira a humidadee a mobles vellos. Voaron os papeis e non sei se é que a pluma verte tinta ou se me sangran os dedos de estreitar a túa ausencia.

"Os misterios dos fillos de Lúa."

Fina Casalderrey

A Lúa, a gata, desaparécenlle os gatiños ó día seguinte de telos. Por iso miaña tristeira e busca compañía. David, que reclama explicación para todo, non entende este misterio. ¿Quen lle leva os fillos a Lúa? El, coa axuda da súa novia Branca, non ha parar ata te-la resposta.

Unha árbore, un adeus

Marina Mayoral

A historia dunha muller que, mentres planta unha árbore, vai evocando, a través do diálogo cun amigo, unha parte do seu pasado. A análise fonda, chea de matices, dunha alma feminina delicada, intelixente e sensible.

Almas de muller...¡volallas n'a luz!

Francisca Herrera

O pingotar d-a chúvia,Po-lo castiro baixa,E peta xordasmente,N-as follas onde esbara.

"Follatos"

Filomena Dato

Homes que â muller culpades dos crimes que cometedes e decís que das disgracias sempre son culpa das mulleres.