Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

ANUAL

UNPLUGGED

CODY & ROBY

SCRATCH Jr.

SCRATCH

MBLOCK

MICROBIT

COSPACES

BLOCKSCAD

COMPARTE

Lorem ipsum dolor sit

Calendario

10 IDEAS PARA INICIARTE NA PROGRAMACIÓN

A HORA DOCÓDIGO

#galiciancode

Computer Sciencie Unplugged Son actividades sen conexión e sen dispositivos, chámanse unplugged e son ben sinxelas. Nesta publicación, traducida ao castelán, podes atopar dende propostas básicas para iniciar ao teu alumnado así como outras máis avanzadas.

Cody & Roby É un conxunto de xogos que podes imprimir e comezar a empregar para traballar os algoritmos.

  • Starter Kit para cursos de Primaria.
  • Special cards para Secundaria

Scratch Junior Traballarás a programación por bloques dende un dispositivo móbil coa axuda dunha aplicación que podes atopar para iOS ou Android.

Scratch Abre todo un mundo para crear historias interactivas, videoxogos e animacións empregando unha linguaxe de programación por bloques. Nesta iniciativa, creada polo MIT, podes crear, explorar e atopar moitísimas ideas. Revisa estes titoriais e comeza a facer maxia co teu alumnado.

Mblock Se tes na túa aula uo no teu centro a posibilidade de introducir un robot como mbot podes seguir coa programación por bloques con este programa e ir un pouco máis aló co editor Python.

Microbit É unha pequena placa da BBC cunha gran funcionalidade nos proxectos STEAM que tamén pódese programar por bloques. Atoparás multitude de exemplos e videotitoriais nesta páxina.

Cospaces Partindo dun escenario de realidade virtual podes animar elementos modificando seu código con Blocky. Crea historias, logos, aventuras e aprende programación.

Blockscad Mixtura a impresión 3D coa programación. Con este programa na rede serás quen de debuxar figuras e logo levalas á impresora 3D.

Comparte Na rede atoparás moitos/as docentes que amosan o seu traballo na aula co seu alumnado. Ti tamén podes facelo e formar parte dunha comunidade internacional interesada na programación.

A Hora do Código É unha iniciativa internacional onde poderás atopar multitude de exemplos guiados para levar a túa aula.