Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Destrezas imprescindibles da materia

Bi0loxía e Xeoloxía 1ºESO

Bi0loxía e Xeoloxía 3ºESO

Bi0loxía e Xeoloxía 4ºESO

Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación

Materiais e Recursos

IES Illa de Ons. 2022-2023 I

+

+

+

+

+

+

+

Presentación

IES Illa de Ons. Curso 2022-2023 Materia: Bioloxía e Xeoloxía. Profesora: María Rodríguez Romano. Cursos: A programación do departamento de Bioloxía e Xeoloxía está elaborada conforme á normativa da Xunta de Galicia. Pódese consultar o currículo da materia nos diferentes cursos na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/guiadalomce/secundaria

• 1º ESO.• 3º ESO. • 4ºESO

IES Illa de Ons. 2021-2022 I

Destrezas imprescindibles da materia de Bioloxía e Xeoloxía:

  • Coñecer e utilizar adecuadamente o vocabulario científico nun contexto preciso e adecuado ao seu nivel.
  • Empregar distintas fontes para a busca de información (escritas, gráficas e audiovisuais) .
  • Procurar, seleccionar e interpretar a información de carácter científico, e utilizala para formar unha opinión propia, expresarse con precisión e argumentar sobre problemas relacionados co medio natural e a saúde.
  • Planear, aplicar e integrar as destrezas e as habilidades propias do traballo científico
  • Realizar un traballo experimental ou proxecto de investigación coa axuda dun guión, describir a súa execución e interpretar os seus resultados.
  • Participar, valorar e respectar o traballo individual e en equipo
  • Manexar ferramentas dixitais para a construción de coñecemento.
  • Coñecer e valorar a enorme diversidade do noso planeta, as causas e consecuencias da perda de biodversidade no momento actual.
  • Identificar os principais problemas de contaminación ambienta, as súas causas e consecuencias . E buscar e desenvolver actitudes que contribúan a unha solución.
  • Adquirir coñecemento sobre a saúde e a enfermidade e aspectos relacionados co sistema inmune.
  • Coñecer ,desenvolver e promover hábitos de vida saudable en canto á alimentación e ao exercicio físico.
  • Utilizar o vocabulario adecuado, as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas e gramaticais para elaborar textos escritos e orais.
  • Comprender o sentido dos textos escritos e orais.
  • Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá e no momento actual. Coñecer os avances e cambios científicos ao longo da Historia, e valorar o papel dos científicos e das científicas .
  • Ao longo do curso os distintos contidos traballaranse a partir destas destrezas imprescindibles da materia.

Contidos e Temporalización 1º

IES Illa de Ons. 2022-2023 I

CONTIDOS 1º ESO: Bloque 1. Habilidades, destrezas e estratexias. Metodoloxía científica. Bloque 2. A Terra no universo. Bloque 3. A biodiversidade no planeta Terra. Bloque 4. Os ecosistemas Bloque 5. Proxecto de investigación

2º TRIMESTREOs Animais Os invertebrados Os vertebrados O Universo e a Terra

3º TRIMESTREA Atmosfera A Hidrosfera A Xeosfera. Os minerais A Xeosfera. As rochas

TEMPORALIZACIÓN

En función de cómo se desenvolva este curso, dadas as actuais circunstancias excepcionais da pandemia, poderase alterar a orde na que se imparten as distintas unidades.

1º TRIMESTRE A vida na Terra Moneras Proctotistas e Fungos As Plantas Os ecosistemas e a Biodiversidade

Contidos e Temporalización 3º

CONTIDOS 3º ESO: Bloque 1. Habilidades, destrezas e estratexias. Metodoloxía científica. Bloque 2. A célula, unidade estrutural e funcional dos seres vivos Bloque 3. As persoas e a saúde. Promoción da saúde Bloque 4. . O relevo terrestre e a súa evolución Bloque 5. Proxecto de investigación.

1º TRIMESTRE A organización do corpo humano A alimentación e a nutrición Aparatos para a nutrición. Dixestivo e Respiratorio

2º TRIMESTRE Aparatos para a nutrición. Circulatorio e Excretor Función de relación A reprodución humana

3º TRIMESTREA saúde e a enfermidade A dinámica da Terra A modelaxe do relevo

En función de cómo se desenvolva este curso, dadas as actuais circunstancias excepcionais da pandemia, poderase alterar a orde na que se imparten as distintas unidades.

IES Illa de Ons. 2021-2022 I

Contidos e Temporalización

1º TRIMESTREA célula As bases da herdanza A transmisión de caracteres A enxeñería xenética

En función de cómo se desenvolva este curso poderase alterar a orde na que se imparten as distintas unidades

2º TRIMESTREA orixe da vida e a evolución Os ecosistemas e os factores ambientais A materia e a enerxía nos ecosistema Os ecosistemas e o ser humano

3º TRIMESTREUn planeta dinámico A evolución do relevo O estudo da historia da Terra A historia da Terra

CONTIDOS 4º ESO: Bloque 1.. A evolución da vidaBloque 2. A dinámica da TerraBloque 3. Ecoloxía e medio ambienteBloque 4. . Proxecto de investigación

IES Illa de Ons. 2022-2023 I

CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Para cada unha das avaliacións aplicarase como criterios de cualificación as porcentaxes seguintes:

  • Probas escritas: 70%
  • Traballo relacionado con laboratorio, traballo colaborativo, e proxectos de investigación: 20%
  • Traballo na clase e actitude: 10%.
4º ESOOs bloques 1 e 5, Habilidades, destrezas e estratexias. Metodoloxía científica e Proxecto de investigación, están presentes como marco de referencia en toda a programación, e traballaranse de forma paralela ao resto dos contidos. Será necesario acadar en cada unha das dúas primeiras partes, como nota mínima un 3,5 para poder facer media. Nesta parte valoraranse:
  • As probas puntuais escritas e orais de distintos tipos, de contidos e competenciais
  • O traballo diario de clase
  • Os traballos de investigación e outras tarefas mandadas polo profesor relacionadas coa materia
  • O caderno de prácticas de laboratorio e o caderno de clase
  • As exposicións orais Os traballos en grupo
  • A expresión escrita
Nas actitudes terase en conta:
  • O interese do alumno cara a materia.
  • A súa participación e esforzo na clase
  • A responsabilidade no traballo diario
  • A súa actitude co profesor e os seus compañeiros
  • O respecto polo material co que traballa
  • A capacidade para o traballo en equipo
  • A puntualidade

IES Illa de Ons. 2021-2022 I

Materiais e Recursos

1º ESO: Plataforma EDIXGAL. 3º ESO e 4º ESO Aula virtualLibro de texto 3º ESO Editorial SMUso de plataformas on line Estas plataformas empregaranse tanto no ensino presencial coma semipresencial e non presencial. Así conseguirase unha continuidade na maneira de traballar na aula e na casa, nos distintos escenarios posibles. No caso de que a situación obrigue a un tipo de ensino semi ou non presencial , o departamento impartirá clases on line.Ademais : Libros de consulta e guías tanto do Departamento como da Biblioteca do centro Material audiovisual. Material de laboratorio . Coleccións de rochas, minerais e fósiles. Aula de informática e Aula iPad.

IES Illa de Ons. 2021-2022 I