Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

3

NORMAS BIBLIOTECA

COVID.-19

2

1

4

Biblioteca CPI da Cañiza

Desde o equipo da biblioteca planificaranse os distintos escenarios que se poidan dar ao longo do curso, adaptando as condicións do préstamo , as actividades a realizar dentro da biblioteca, as medidas hixiénicas imprescindibles e outros. Teranse en conta, mentres dure a situación excepcional por razóns sanitarias, as seguintes medidas:

Instruír aos usuarios na hixienización dos postos ocupados ao remate da sesión, no mantemento da distancia de seguridade, no uso das máscaras, na limpeza de mans ao entrar e saír da biblioteca… de xeito que se converta nun aspecto máis da “formación de usuarios”.

1

En relación coa desinfección do espazo e dos materiais:Retiraranse materiais difíciles de limpar así como os vinculados a actividades e proxectos finalizados ou a exposicións pasadas.Desinfectarase o espazo utilizado por cada usuario ao remate da sesión.Ventilarase o espazo coa maior frecuencia posible.Colocaranse dispensadores de solución hidroalcohólica ou xabón antiséptico.Os equipos informáticos (ordenador, monitor, teclado, rato, superficie da mesa, ou material de oficina) desinfectaranse adecuadamente antes e despois de ser empregados.

2

Faranse as sinalizacións necesarias: metros de distancia, frechas de entrada e saída, carteis indicadores e postos de traballo que poden ser utilizados de xeito que se manteña a distancia de seguridade e se optimicen os recursos.

O alumnado de Secundaria poderá acudir nos recreos ata cubrir o aforo permitido. Non poderán tocar os libros nos andeis e cando precisen algún material deberán solicitárllelo aos membros do equipo.

3

4

No referente o préstamo de libros, en Secundaria, solicitarán previamente os materiais cubrindo unha ficha que poderán deixar nun buzón ubicado no exterior do recinto.O equipo de biblioteca entregará esas peticións na aula do alumno no menor tempo posible. A devolución será na propia biblioteca seguindo as medidas de seguridade necesarias. Os materiais devoltos deberán permanecer separados en caixas identificadas e illadas, a efectos de prevención, o prazo que as autoridades sanitarias, educativas e do ámbito bibliotecario estipulen, en cada momento.

5

O blog da biblioteca, integrado na páxina web do centro, empregarase, como un instrumento esencial para a comunicación co alumnado e as familias, a difusión de recursos seleccionados, a comunicación de propostas e retos, a publicación de producións elaboradas polo alumnado e outros.

6

Este curso non poderemos ter alumnado colaborador, debido a situación que vivimos.Tamén se evitará o uso de xogos de mesa, prensa ou materiais semellantes cando impliquen un uso compartido mentres dure a situación excepcional.

7

De momento tampouco contamos con horario de atención ás familias. Desexamos podelos recibir en breve.

8

Ante calquera dúbida ou suxestión, póñase en contacto con nós no correo:bibliocaniza@gmail.com

Por unha biblioteca segura!

3

¡GRAZAS!

2

1

4

BIBLIOTECA CPI DA CAÑIZA