Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

CEIP de Atín-Cela

Estefanía Puga

As regras xerais de acentuación

CEIP de Atín-Cela

Webgrafía

Grazas

Monosílabos

Esdrúxulas

Graves

Agudas

ÍNDICE

CEIP de Atín-Cela

Aprendemos!!

Como regra xeral, NON levan acento gráfico as palabras monosílabas: si, min.

NON levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas rematadas nunha consoante distinta de –n ou –s (anel, dobrez) ou nun grupo consonántico distinto de –ns (robots, anoraks).

NON levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas que levan un ditongo decrecente na última sílaba: ademais, controis, xudeu, xersei, azuis.

Levan acento gráfico as palabras agudas polisílabas que rematan en vogal (ventá, esquí); en vogal + n (común, almacén); en vogal + s (ventás, esquís) ou en vogal + ns (comúns, almacéns).

ACENTUACIÓN DAS PALABRAS AGUDAS

CEIP de Atín-Cela

Lembra a información que acabas de ler sobre a acentuación das palabras agudas e realiza as seguintes fichas.

Fichas interactivas

Practicamos!!

CEIP de Atín-Cela

Cando rematan en vogal (pagamento, premio); en vogal + n (escriben); en vogal + s (lapis) ou en vogal + ns (dolmens).

As palabras graves NON SE ACENTÚAN:

Cando rematan grupo consonántico que non sexa –ns (cómics, látex, ítems)

Cando NON rematan nin en vogal, nin en -n, nin en -s. Por exemplo: réptil, réquiem e ítem.

As palabras graves ACENTÚANSE:

ACENTUACIÓN DAS PALABRAS GRAVES

CEIP de Atín-Cela

Practicamos!!

ficha interactiva

Responde ás dez preguntas relacionadas coa acentuación das palabras agudas e graves. Xoga no prazo indicado, estará dispoñible por tempo limitado.

Contesta o cuestionario

Os adverbios rematados en –mente en galego non son palabras sobresdrúxulas senón graves, polo que, a diferenza do castelán, nunca levan acento gráfico: adecuadamente, facilmente, fisicamente, ultimamente, utilmente.

As palabras sobresdrúxulas, igual ca as esdrúxulas, levan sempre acento gráfico (cámbiaselle).

As palabras esdrúxulas sempre levan acento gráfico (lóxico, público).

ACENTUACIÓN DAS PALABRAS ESDRÚXULAS E SOBRESDRÚXULAS

CEIP de Atín-Cela

As excepcións á regra son as palabras que deben levar acento diacrítico. O acento diacrítico úsase para distinguir unha palabra doutra que se escribe igual pero que ten outro significado (oso/óso, e/é).

Os monosílabos son palabras formadas por unha sílaba e, como norma xeral, non se acentúan.Son exemplos de palabras monosílabas que en galego non levan acento: si, el, o, ben, bos, cen, di, man, min, sa, ten, ti, un.

ACENTUACIÓN DOS MONOSÍLABOS

CEIP de Atín-Cela

+ info

O Portal da Lingua Galega

Manual de estilo Diario Oficial de Galicia

Dicionario da Real Academia Galega

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

WEBGRAFÍA

+ info

+ info

+ info

¡Grazas!