Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

PROTOCOLO COVID-19

INFORMACIÓN SOBRE O VIRUS

ACCIÓNS PARA A MANIPULACIÓN DE MATERIAIS

EMPRÉSTITOS E DEVOLUCIÓNSDE LIBROS

AFORO

ORGANIZACIÓNDO ESPAZO

BIBLIOTECA DOCEIP P. A CRISTINAO RECUNCHO DE NUNO

+

+

+

+

+

ACCIÓNS PARA A MANIPULACIÓN DE MATERIAIS

Lavar as mans frecuentemente con desinfectante de mans ou auga e xabrón durante 40 segundos.Evitar o contacto con persoas infectadas.Evitar tocarse os ollos, nariz e boca coas mans sen lavar.Limpar e desinfectar obxectos e superficies que se tocan con frecuencia (picaportes, mesas, cadeiras..).O préstamo de libros ou outro material poderá realizarse pero deberá permanecer ao devolverse en caixas illadas un mínimo de 4 horas.Os libros utilizados por persoas confirmadas coma positivo deberán ser introducidos nunha bolsa de plástico pechada. Unha vez dentro o libro, limpar o exterior da bolsa cun produto viricida (auga e lixivia). Unha vez limpo, manter nunha zona segura durante 14 días.

BIBLIOTECA DO CEIP P. A CRISTINAO RECUNCHO DE NUNO

INFORMACIÓN SOBRE O VIRUS

BIBLIOTECA DO CEIP P. A CRISTINA O RECUNCHO DE NUNO

A enfermidade provocada polo COVID-19 pode transmitirse por vía directa ou indirecta.O contaxio directo propágase cando os microorganismos pasan dunha persoa infectada a unha sá, cando se tocan ou contamínanse por secrecións ou feridas da persoa infectada.O contaxio indirecto pode propagarse a través de partículas ao tusir ou esbirrar a través do ar.Moitas partículas permanecen en superficies próximas, como mesas, libros, cadeiras, andeis... Para contribuir á súa eliminación é fundamental a desinfección dos distintos espazos e a hixiene persoal das persoas a través da limpeza de mans con auga e xabrón durante polo menos 40 segundos.Os libros NON deben ser desinfectados pois os productos estragaríaos, polo que é preciso que garden unha cuarentena de 4 horas entre usuarios.

ACCIÓNS PARA A MANIPULACIÓN DE MATERIAIS

IMPORTANTE

BIBLIOTECA DO CEIP P. A CRISTINAO RECUNCHO DE NUNO

Para empregar o equipamento informático, cada usuario deberá desinfectar ben as súas mans antes de usalo así como desinfectar adecuadamente o seu posto, ordenador, tablet, lector electrónico, teclado, rato e outros materiais empregados cando abandone o seu posto.Todo os recursos informáticos da biblioteca poderán ser postos a disposición de toda a comunidade educativa en función das necesidades e circunstacias que poidan xurdir.* Todas estas accións quedarán supeditadas a modificacións segundo as instruccións dadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

EMPRÉSTITOS E DEVOLUCIÓNS DE LIBROS

O equipo de biblioteca en colaboración coas titoras elaborará unha "caixa viaxeira" con libros para formar a biblioteca de aula, que se renovará periódicamente. ERstes libros se rexistrarán no MEIGA como préstamo de aula.Cada alumno/alumna elexirá o libro que quere levar emprestado da caixa, e a titora ou o alumnado colaborador anotará os préstamos nunha ficha, que trasladará á súa representante do equipo de biblioteca.O alumnado poderá escoller tamén títulos que desexa levar a través do Catálogo de opacmeiga. O representante do ciclo de equipo de biblioteca será quen se encargue de recoller, rexistrar e entregar os libros reservados ao alumnado de dito ciclo.Cada aula terá un lugar habilitado para a devolución de libros e a súa correspondente corentena de 4 horas.

BIBLIOTECA DO CEIP P. A CRISTINA O RECUNCHO DE NUNO

Préstamos na aula

ORGANIZACIÓN DO ESPAZO

No caso de poder volver a abrir a biblioteca nos recreos:Faranse sinalizacións no mobiliario para que os usuarios que empreguen a biblioteca manteñan a distancia de seguridade permitida.Realizaranse sinalizacións no chan para indicar o sentido de circulación dos usuarios.Estableceranse indicadores de espera para o préstamo de libros así como para entrar na biblioteca.

BIBLIOTECA DO CEIP P. A CRISTINA O RECUNCHO DE NUNO

AFORO

A Biblioteca só poderá ser usada ata o 50% do seu aforo e só poderá coincidir un único gupo aula.Cada titoría poderá solicitar unha hora de uso exclusivo na biblioteca para grupos de como máximo 13 alumnos/as, a través dun calendario que se pegará mensualmente na pòrta.Suspenderase o uso da biblioteca durante os recreos ata que a situación sanitaria o permita.

BIBLIOTECA DO CEIP P. A CRISTINA O RECUNCHO DE NUNO