Want to make creations as awesome as this one?

Guía de usuarios do Ceip Otero Pedrayo de Rábade para o curso 20/21

Transcript

CURSO 2020/2021

GUÍA DE USUARIOS BIBLIOTECA CEIP OTERO PEDRAYO

BLOGUE

DINAMIZACIÓNS

PRÉSTAMOS

PROTOCOLO COVID

NORMAS DE USO

HORARIO

ÍNDICE

Pódese acudir á biblioteca dende o mes de outubro ata o mes de maio, ambos os dous incluídos, durante todo o período lectivo, de luns a venres, na hora reservada por cada grupo – clase . Nestes períodos pódense realizar préstamos, ler, buscar información.. Asi mesmo,a partires do día 1 de outubro a biblioteca permanecerá aberta de 14:30h a 15:30h na hora de AAEE

HORARIO

- Estar en silenzo.- Non correr. - Non comer nin beber. Tomar a merenda antes de entrar. - Respetar e coidar o material e as instalacións. Deixar todo recollido no seu lugar correspondente. - Mantela limpa e ordenada. - Os ordenadores só se poden utilizar para consulta e traballos, búsqueda de información e investigación… O rematar deberán quedar apagados. - O servizo de préstamo e devolución de libros farase nas horas reservadas para os distintos grupos. Anotarase no rexistro . - Os préstamos de libros faranse por un máximo de 15 días podendoprorrogar esta data.

NORMAS DE USO

➢ Botar xel hidroalcohólico e fregar ben as mans ANTES E DESPOIS do seu paso pola biblioteca. ➢ Uso de máscara por parte de todo o profesorado e alumnado. ➢ Desinfección dos postos utilizados antes e despois do seu uso. ➢ Serán os mestres/as os encargados de entregar e recoller os libros requeridos, previa consulta do alumnado que poderán ollar pero non tocar os andeis. ➢ Os libros devoltos permanecerán illados nas caixas correspondentes en cada aula para a súa desinfección. As titoras devolverán os libros os andeis correspondentes. ➢ Limitarase a asistencia ás titorías, sen mesturarse con outros grupos e no horario establecido para cada unha delas. ➢ Ventilarase o espazo da biblioteca coa maior frecuencia posible. ➢ Mentras dure a situación actual de pandemia non se utilizará o espazo de materiais manipulativos e creativos. O ordenador da zona de xestión desinfectarase tamén antes e despois do seu uso. ➢ Usar só os postos habilitados. Os postos onde apararece unha “X” non poden ser utilizados. ➢ Seguir as sinais de entrada e saída. ➢ Aplicanse na biblioteca as restantes normas do uso polo protocolo COVID das restantes aulas.

PROTOCOLO COVID

ENCONTROS con ilustradores, escritores … GUÍAS DE LECTURA: recomendadas para os tempos de lecer e relacionadas con datas concretas dalgunha celebración.

Ao longo dos tres trimestres realizaranse actividades relacionadas coas distintas conmemoraciónsenmarcadas no calendario escolar, así como a realización do noso proxecto relacionado con Rabadín, a mascota da nosa biblio: "As viaxes de Rabadín polo mundo, o Continente Europeo"

MÉRCORES POÉTICOS: todos os mércores, na hora de ler, todos os nenos/s lerán poemas que poderán recitar, dramatizar, memorizar ...

HORA DE LER: todos os nenos/as lerán 20 min na 4ª sesión , despois do tempo de lecer.

MOCHILA VIAXEIRA: Entregaranse o día 23 de Outubro como motivo do día das Bibliotecas Escolares (24 OUT), previa solicitude de particpación cuberta e asinada polos pais/nais.

DINAMIZACIÓNS

MOCHILA VIAXEIRA

AS VIAXES DE RABADÍN POLO MUNDO: EUROPA

Neste blogue poderedes atopar información sobre as actividades a realizar, novidades, concursos, proxectos...pedraiusrabade.blogspot.comESPERAMOS A VOSA COLABORACIÓN! GRAZAS

BLOGUE