Want to make creations as awesome as this one?

Proposta para un emprego seguro do espazos maker

Transcript

Protocolo antiCOVID

1

Portas de entrada e saída

2

Itinerarios de tránsito e sinalización

3

Desinfección de mans e zapatos

4

Desinfección inicial de equipos e superficies

5

Máscaras e EPIs

6

Ventilación

7

Equipos de traballo emateriais

8

Mobiliario

9

Cooperación dixital

10

Desinfección final

ESPAZOSMAKER

Identifica e sinaliza as portas (entrada-saída) deseñando e propoñendo unha rutina de emprego.

Dentro do espazo maker articúlaranse itinerarios de tránsito o percorridos do alumnado deixando sempre as distancias recomendadas. Unha visualización gráfica en forma de cartelería e pictogramas axudará a comprendelo e interiorizalo mellor.

Antes do inicio da actividade cómpre lavar ben as mans ou empregar unha solución hidroalcólica, tamén sería conveniente dispor dunha zona previa de desinfección de zapatos cunha alfombra impregnada en desinfectante seguida dunha zona de secado para non esvarar e evitar caídas.

Cómpre ter todos os equipos ben desinfectados, podes usar produtos específicos para electrónica que non supoñan un problema de humidade.

As máscaras soas ou combinadas con equipos de protección individual (EPI) deben ser persoais e intransferibles. Temos que evitar tocarnos a cara (ollos, nariz, boca) coas mans e darnos de conta en todo momento das superficies que poidamos tocar, evitando a saída da zona persoal.

Establecer correntes de aire que poidan removelo, podes deixar as portas e as fiestras abertas ou promover tempos de ventilación. Non é aconsellable o emprego do aire acondicionado.

Se fora posible dentro das circunstancias, asegurar un equipo persoal a cada participante para traballar dentro dos límites da súa zona, pode ser un kit de traballo específico ou ferramentas/máquinas relacionadas. Seguiriamos a mesma liña para os equipos informáticos ou dispositivos móbiles.

Tenta transformar o espazo dispoñible redistribuíndo o mobiliario respectando as distancias. As mesas deberán estar afastadas mantendo a distancia de seguridade recomendada, con zonas individuais. Xunto coas cadeiras, as mesas estarían desinfectadas para cada uso.

O traballo entre membros do equipo non ten porque desaparecer ou quedar marxinado, pode transformarse adaptando o modelo presencial nun modelo mixto introducindo ferramentas dixitais de comunicación e creación potenciando as actividades na rede xunto coas aulas virtuais. Poden ser tamén moi axeitados o emprego de simuladores, laboratorios virtuais ou experiencias inmersivas.

Ao remate da actividade compre aplicar un proceso de desinfección de equipos asegurando o seu uso para o seguinte grupo de usuarios. Os desinfectantes respectarán a natureza dos equipos e asegurán a eliminación viricida. Buscaremos a colaboración dos usuarios implicados no proceso.