Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Profesorado

Curso 2021/2022

PROTOCOLO COVID-19

IES POETA DÍAZ CASTRO (GUITIRIZ)

Hellen Keller

"Sós podemos facer moi pouco. Unidos podemos facer moito"

10. Xestión de abrochos no centro

09. Casos sospeitosos alumnado ou profesorado

11. Colaboración das familias

06. Uso dos aseos

04. Circulación polo interior do centro

05. Uso das aulas ordinarias

03. Protocolo de entradas e saídas

02. Medidas de carácter xeral

01. O equipo COVID

12. Comunicación e teledocencia

08. Tempo de lecer

07. Uso doutros espazos

EQUIPO COVID

Compoñentes

COORDINADORATeresa Susana Vázquez Regueiro (secretaria)MEMBROSRuth Llovo Mariño(profesora Bioloxía)Miguel Ángel Barreiro Díaz(profesor Tecnoloxía)CONTACTOe-mail: covid.diaz.castro@gmail.comtlf: 982.87.03.42

MEDIDAS DE CARÁCTER XERAL

guía do ministerio

Como sei se a máscara é homologada?

É obrigatorio o uso de máscara homologada durante toda a xornada lectiva, agás nos casos particulares contemplados neste protocolo.

A obriga de usar máscaras faciais non será esixible para as persoas que presenten algún tipo de ENFERMIDADE ou DIFICULTADE RESPIRATORIA que poida verse agravada polo seu uso . Dito persoal deberá entregar no centro un INFORME MÉDICO que xustifique a aplicación da citada medida e terá que establecer outra medida de seguridade como o uso de PANTALLAS PROTECTORAS.

Info

Despois de tocar obxectos compartidos con outros compañeiros.

Antes e despois de tocar ou curar unha ferida.

Despois de limpar o nariz, tusir ou esbirrar sobre as mans.

Cando se visite o aseo e se utilice o inodoro ou se produza unha secreción.

Debemos hixienizar as mans frecuentemente.

Antes de comer

Ao entrar e saír da aula.

Ao entrar e saír do centro.

Hixiene respiratoria

Evitar tocar ollos, nariz e boca coas mans.

Empregar un pano desbotable para limpar o nariz, tusir ou esbirrar e tiralo inmediatamente á papeleira (con tapa accionable con pedal). Se non se dispón de pano desbotable, empregar a parte interna do cóbado.

Sabes como podes saudar sen establecer contacto?

Info

É necesario manter un distanciamento físico de alomenos 1,5 m sempre que sexa posible

Distancia física

Queres saber por que e como ventilar a aula?

Calquera espazo do centro permanecerá coas fiestras e portas abertas o máximo tempo posible. En todo caso, ventilarase calquera espazo sempre despois da súa ocupación durante alomenos 5 minutos.

Ventilación dos espazos

PROTOCOLO DE ENTRADAS E SAÍDAS

Os alumnos esperarán sentados no seu posto de traballo ata que comece a clase.

Os alumnos dirixiranse directamente ata a aula correspondente respectando os sentidos de circulación establecidos e a distancia de seguridade de 1.5 m.

Os profesores de primeira hora esperarán aos alumnos nas aulas correspondentes e aseguraranse de que hixienicen as mans antes de entrar. De ser o caso, organizarán o acceso ordenado aos armarios onde gardan o material.

Os profesores de garda deberán velar para que esta entrada sexa ordenada e cumpra coas directrices xerais do plan.

Os alumnos poderán acceder ao centro a partires das 08.20 horas.

Todos os alumnos entrarán pola entrada principal do edificio

PORTA PRINCIPAL

PORTA TRASEIRA (Ó LADO DO TALLER DE SOLDADURA)

Os alumnos abandonarán o edificio sempre acompañados por un profesor e empregando dous puntos de saída

Para as saídas respéctanse as normas establecidas no Plan de Evacuación do centro

Para as saídas respéctanse as normas establecidas no Plan de Evacuación do centro

Ver

Para as saídas respéctanse as normas establecidas no Plan de Evacuación do centro

CIRCULACIÓN POLO INTERIOR DO CENTRO

Evitarase o contacto co pasamáns, paredes, portas, etc.

O elevador so se empregará en caso de necesidade e, sempre, se fará de xeito individual.

Para baixar empregaranse as escaleiras da esquerda (de costas á entrada).

Os alumnos circularán en liña e gardando a distancia de seguridade de 1.5 m.

Para subir empregaranse as escaleiras da dereita (de costas á entrada).

A circulación realizarase sempre pola beira da dereita.

O fluxo de circulación no interior do edificio realizarase conforme á sinaléctica que se atopa no chan

Uso das aulas ordinarias

Evitarase, no posible, o emprego de material compartido e, de empregarse, desinfectarase antes e despois do seu uso con xel hidroalcólico.

Os alumnos terán un posto asignado en función de criterios pedagóxicos. Este posto poderá ser modificado unicamente polo titor (por iniciativa propia ou a petición do resto dos profesores do grupo).

Os movementos dentro da aula limitaranse ao máximo e so se realizarán os que sexan necesarios.

Os postos dos alumnos disporanse en ringleiras de mesas individuais e os alumnos sentaranse mirando cara ao fronte da aula (onde se sitúa o encerado).

As mans deben hixienizarse con xel hidroalcólico antes de entrar na aula.

O profesorado de aula e/ou de garda será o responsable de velar polo cumplimento destas normas:

14:55

13:55

Se se abandona a aula antes do fin da xornada para non voltar a ela, realizarase igualmente a desinfección do posto de cada alumno.

Ao finalizar a xornada o timbre soará 5 minutos antes e os alumnos deberán recoller todas as súas pertenzas, deixando o espazo libre para a súa posterior desinfección. O profesor rociará xel hidroalcólico nas mesas e cadeiras e repartirá un anaco de papel secamáns para que cada alumno limpe e desinfecte o seu posto.

Cando os alumnos abandonen a aula para ir ao recreo, deberán hixienizar as mans con xel hidroalcólico.

O profesorado de aula e/ou de garda será o responsable de velar polo cumprimento destas normas

O profesor será o único que poderá abrir e pechar a porta e as fiestras, manipular as chaves da luz e utilizar o ordenador da aula.

Antes de abandonar a aula, o profesor debe desinfectar o seu posto e todos os materiais de uso común que tivese empregado; de ser o caso, abrirá tamén fiestras e portas para asegurar a ventilación do espazo.

  • O profesor que se atope con eles se saen para o lecer ou para a casa.
  • O profesor encargado da materia correspondente cando esta se imparta nun lugar diferente da aula de referencia.

Os alumnos sempre sairán da aula acompañados dun profesor:

Nos cambios de materia, o profesor saínte esperará na aula ata a chegada do seguinte profesor; de non ser posible, avisará ao profesorado de garda.

O profesorado de aula e/ou de garda será o responsable de velar polo cumprimento destas normas:

USO DOS ASEOS

Flexibilizarase ó acceso ó aseo en quendas individuais durante as horas de clase para evitar aglomeracións no tempo de lecer.

Utilizarase sempre o aseo máis próximo ao lugar onde estea o alumno/profesor.

O uso da cisterna realizarase sempre coa tapa do retrete pechada.

As fiestras dos aseos manteranse abertas durante toda a xornada lectiva.

Deberanse lavar as mans antes e despois do seu uso.

O aforo máximo dos aseos é de 2 persoas

USOS DOuTROS ESPAzOS

  • HABILITARASE UN CUADRANTE para que o profesorado que queira utilizar os recintos se apunte e evitar así que coincidan varios grupos durante a mesma sesión.
  • Respectarase o AFORO MÁXIMO específico de cada un destes espazos.
  • Durante a mesma sesión estes espazos SO PODERÁN SER UTILIZADOS POR UN GRUPO DE ALUMNOS/AS DE FORMA SIMULTÁNEA e tras o seu uso deberán ser debidamente desinfectados e ventilados.
  • Os alumnos LEVARÁN UNICAMENTE O MATERIAL que necesiten para traballar nesta aula, agás á primeira e última hora da xornada. En ningún caso poderán deixar ningunha pertenza na aula ao rematar o seu uso.

Medidas xerais para espazos comúns

Medidas específicas de espazos comúns - Aula de Tecnoloxía

O material que polas súas especiais características non se poida desinfectar, será protexido por un recubrimento plástico que se desbotará ao rematar a sesión.

No caso de compartir material, distribuirase en grupos estables para minimizar os contactos e desinfectarase ao finalizar a sesión.

O persoal de limpeza realizará unha limpeza de reforzo durante o tempo de lecer.

Os usuarios desinfectarán, ademais do seu posto de traballo, o teclado, rato e pantalla de ordenador.

Os teclados estarán protexidos por un recubrimento plástico que facilite a súa desinfeción e que será substituído con frecuencia.

Medidas específicas de espazos comúns - Aulas de informática

De ser necesario o apoio na aula específica, o profesor de apoio deberá ir recoller ao alumnado implicado á súa aula de referencia e acompañalo ata a aula de apoio.

Na medida do posible, os apoios realizaranse na mesma aula de referencia do alumno que o necesite.

En ámbolos dous casos rexeranse polas mesmas normas que as aulas ordinarias.

Medidas específicas de espazos comúns - Aulas de desdobres e de apoio

No exterior estarán habilitadas marcas de paramento á distancia recomendada.

Medidas específicas de espazos comúns - Departamento de Orientación

Cando atenda presencialmente a familias e/ou alumnos, deberá desinfectar todos os postos ocupados e material empregado, e encargarse de ventilar o espazo.

Será de uso para a Xefa do devandito departamento.

Os libros de texto e divulgación científica poderán empregarse de forma individual, deixándoos en corentena durante alomenos 4 horas antes do seguinte uso.

No caso de compartir material, distribuirase en grupos estables para minimizar os contactos e desinfectarase ao finalizar a sesión.

Medidas específicas de espazos comúns - Laboratorios

O traballo con instrumentos de vento no centro limitarase a cuestións técnicas.

As actividades de interpretación bocal e expresión corporal realizaranse en espazos abertos ou na aula, sempre coa máxima ventilación.

O uso de instrumentos realizarase de forma individual en cada sesión e deberán ser correctamente desinfectados ao rematar.

Medidas específicas de espazos comúns - Aula de música

No caso de compartir material, distribuirase en grupos estables para minimizar os contactos e desinfectarase ao finalizar a sesión.

Medidas específicas de espazos comúns - Aula de plástica

Os usuarios só poderán utilizar os postos permitidos (non sinalados) e, en ningún caso, poderán desplazalos. Deberán manter as súas pertenzas nestes postos na medida do posible e desinfectar os postos ao finalizar.

Medidas específicas de espazos comúns - Salón de actos e aula de audivisuais

Minimizarase o uso compartido de material deportivo e, de usarse, asegurarase unha correcta desinfección ao finalizar a sesión.

Dadas as características do tipo de actividade que se realiza nas materias de Educación Física e Vida Saudable, existirán zonas de 'respiro', alonxadas suficientemente da zona principal de traballo e sempre ao aire libre.

Garántese a realización das actividades á distancia de seguridade mediante o establecemento de cuadrículas tanto no pavillón coma na pista polideportiva, nas que se situarán os alumnos de forma individual.

Medidas específicas de espazos comúns - Pavillón deportivo

Medidas específicas de espazos comúns - Taller de soldadura

Os teclados dos ordenadores estarán protexidos por unha cuberta plástica que facilite a súa limpeza e desinfección.

Bibliocaixas????

A busca de fondos por parte dos usuarios requerirá da hixienización de mans cantas veces sexa necesario.

O material devolto será sometido a un período de corentena de 4 horas antes de voltar a estar dispoñible. Habilitaranse lugares para tal fin.

Na medida do posible, realizarase a solicitude de fondos con antelación.

ENTRADA: porta ao lado do elevador.SAÍDA: porta do fondo, ao lado da mesa de recepción.

Medidas específicas de espazos comúns - Biblioteca

As reunións presenciais realizaranse sempre en horario non coincidinte co tempo de lecer nin cos intercambios de clase.

A familia accederá ao interior do centro á hora acordada e seguindo as medidas de protección previstas neste protocolo.

De realizarse de forma presencial, será sempre con cita previa.

As titorías realizaranse preferentemente de forma non presencial (teléfono, correo electrónico, videoconferencia)

Medidas específicas de espazos comúns - Espazos de titoría

Os usuarios poderán utilizar todos os postos dos ordenadores, procedendo á súa correcta desinfección despois do seu uso.

Os usuarios só poderán utilizar os postos permitidos (non sinalados) e deberán manter as súas pertenzas nestes postos na medida do posible.

Medidas específicas de espazos comúns - Sala de profesores e de xuntas

O profesorado utilizará de forma preferente os departamentos didácticos para non saturar a sala de profesores, sempre respectando o aforo e o resto das medidas de prevención previstas neste protocolo.

Medidas específicas de espazos comúns - Departamentos didácticos

As chaves colleranse directamente do armario do seu armario e devolveranse desinfectadas.

Utilizarase preferentemente o teléfono da sala de xuntas; de ter que utilizar o de conserxería, deberá desinfectarse despois do seu uso.

Como norma xeral, limitarase o uso de papel ao máximo posible.

Habilitarase unha mesa de entrega e recollida de documentos; antes e despois do seu uso deben hixienizarse as mans.

A utilización do equipamento e material de uso común (in situ ou de préstamo) debe solicitarse previamente e, ao rematar, ser correctamente desinfectado.

O aforo máximo é de 4 persoas.

Medidas específicas de espazos comúns - Conserxería

Os alumnos poderán imprimir documentos que aporten en pdf nunha memoria usb.

E como fago as fotocopias?

As copias de material impreso solicitaranse a través da mesa mencionada anteriormente (entrega e recollida).

e-mail: conserxeriadiazcastro@gmail.com

Preferentemente, usaranse os ordenadores conectados coa impresora ou enviaranse os documentos a imprimir por correo electrónico con toda a información necesaria e, de ser o caso, o grupo de alumnos destinatario.

Medidas específicas de espazos comúns - Conserxería

TEMPO DE LECER

Non se pode compartir ningún tipo de alimento ou bebida.

Non se poden facer agrupamentos de máis de 10 persoas.

Os alumnos só poderán acceder ao patio, á cafetería, á biblioteca ou a calquera outra instalación onde se leve a cabo un obradoiro de lecer; neste caso seguirá escrupulosamente as instrucións do responsable do obradoiro.

Os alumnos non poden permanecer na aula, nin nos corredores ou outras instalacións da 1º ou 2º andar.

Os alumnos sairán da aula acompañados do profesor titular ou da persoa que estea ao seu cargo, segundo o caso, ata a saída correspondente.

Respectaranse as mesmas normas xerais de prevención sanitaria

En caso de situación meteorolóxica adversa, habilitaranse zonas delimitadas no patio cuberto que poderán ser ocupados por un máximo de 10 alumnos pertencentes ao mesmo grupo de convivencia.

Non se pode utilizar ningún tipo de material ou utensilio que implique a manipulación por máis dun alumno.

Respectaranse as mesmas normas xerais de prevención sanitaria

1º + 2ºESO

3º + 4ºESOFPBÁS

1º + 2ºBach

GRUPO DE CONVIVENCIA 2

GRUPO DE CONVIVENCIA 3

GRUPO DE CONVIVENCIA 1

Establécense grupos de convivencia en 3 zonas do patio de rotación semanal

Haberá un profesor de garda en cada unha destas zonas que velará polo cumprimento destas normas.

Establécense grupos de convivencia en 3 zonas do patio de rotación semanal

CASOS SOSPEitOSOS ALUMNADO Ou PROFESORADO

Poden ser considerados tamén síntomas de sospeita de infección por SARS-CoV-2 segundo criterio clínico.

Dor de cabeza

Dor torácico

Diarrea

Dores musculares

Axeusia

Anosmia

Odinofaxia

Sensación de falta de aire

Tose

Febre

covid.diaz.castro@gmail.com

Poñerse en contacto co centro de saúdeAvisar á maior brevidade posible ao equipo COVID

autotest diario

Non acudir ao centro en caso de atoparse en situación de corentena ou illamento ou de presentar sintomatoloxía compatible coa COVID-19

  • A familia terá que poñerse en contacto co centro de saúde e seguir as súas instrucións.

Actuación ante un caso sospeitoso no alumnado

  • Avisarase á FAMILIA para que proceda a recollelo á maior brevidade posible; avisarase tamén a un MEMBRO DO EQUIPO COVID e, no seu defecto, a un membro do equipo directivo.

NO INSTITUTO

  • Facilitaráselle unha MÁSCARA CIRÚRXICA para o alumno/a e outra para a persoa adulta que coide del/dela.
  • Levarase ao alumno/a á AULA DE ILLAMENTO. Esta aula será ventilada e contará cun dispensador de xel hidroalcólico, máscaras, panos desbotables, unha papeleira con tapa accionada con pedal e termómetro.

O profesor/a que estivo ao cargo do alumno con síntomas sospeitosos da enfermidade, debe hixienizar as mans e cambiar a máscara antes de voltar á actividade docente.

Unha vez que o alumno abandona o espazo de illamento, procederase á ventilación e desinfección profunda do mesmo coa axuda do equipo de limpeza, previamente avisado.

Por norma xeral, as familias non entrarán no centro; cando acodan a recoller a algún alumno/a, deberán esperar no exterior do recinto e un profesor acompañará ao neno/a ata onde o esperan os seus familiares.

Espazos de illamento

Espazo de illamento 1: antiga sala de recepción de familias na planta baixa

Espazo de illamento 2: antigo dpto. de francés no primeiro andar

061112

  • No caso de percibir que unha persoa que inicia síntomas está nunha situación de gravidade ou ten dificultade para respirar avisarase ó 061 ou ó 112.
  • Contactarán de inmediato co seu centro de saúde, debendo abandonar, en todo caso, o seu posto de traballo ata a súa valoración médica.
  • Debe avisar a algún membro do equipo COVID en canto sexa posible a través das canles previstas.
  • Debe abandonar o centro á maior brevidade posible.

Se as PERSOAS QUE TRABALLAN NO CENTRO presentan algún s´ntoma sospeitoso de infección por SARS-CoV-2:

Actuación ante un caso sospeitoso entre o persoal docente ou PAS

  • Se a familia de forma voluntaria achega algún outro tipo de información acerca dos contactos estreitos do alumno/a afectado/a fóra do centro, o equipo COVID tamén os incluirá na listaxe anterior.
  • Cando unha familia informe dun caso positivo entre o alumnado, débese informar ao equipo COVID á maior brevidade posible.
  • O equipo COVID elaborará unha listaxe dos alumnos/as (xunto cos teléfonos de contacto) e dos docentes que tiveran contacto co alumno/a enfermo/a e notificarao a través dunha aplicación informática que xera unha alerta no Centro de Seguimento de Casos da Xefatura Territorial de Sanidade. Esta institución será a encargada do seguimento destes contactos.

Actuación ante un caso confirmado no alumnado

  • Calquera persoa que estivese NO MESMO LUGAR QUE UN CASO, a uhna distancia menor de 2 metros (ex. convivintes, visitas) e durante máis de 15 minutos sen máscara.
  • Calquera persoa que tivese PROPORCIONADO COIDADOS A UN CASO: persoal sanitario ou sociosanitario que non empregaran as medidas de protección axeitadas, membros familiares ou persoas que teñan outro tipo de contacto físico similar.

No momento que se detecte un caso CONFIRMADO iniciaranse as tarefas de identificación de contactos estreitos. O período a considerar será desde 2 días antes do inicio de síntomas do caso confirmado ata o momento no que o caso é illado.

Contactos estreitos con casos confirmados

É importante coñecer o concepto de CONTACTO ESTREITO dun CASO CONFIRMADO para facilitar que as familias informen ao centro e poder tomar as medidas apropiadas.

XESTIÓN DE ABROCHOS NO CENTRO

A volta á actividade lectiva presencial realizarase seguindo as pautas da autoridade sanitaria. En caso de peche do centro educativo, o retorno realizarase por fases graduadas de duración variable.

En función da gravidade e virulencia do gromo poderá decretarse un período de corentena para todos os alumnos dunha aula, dun nivel educativo ou da totalidade dos membros do centro educativo.

A xestión de abrochos depende da autoridade sanitaria

COLABORACIÓN DAS FAMILIAS

  • Vixiar o estado de saúde do seu fillo/a e, no seu caso, realizar TOMA DE TEMPERATURA antes de saír da casa para ir ao centro educativo.
  • Informar ao centro de calquera incidencia relacionada co alumno/a que poida ser relevante.
  • Informar ao centro da aparición de calquera caso de COVID-19 na contorna familiar do mozo/a.
  • Coñecer a importancia de non levar ós mozos/as con SÍNTOMAS compatibles coa COVID-19 ou DIAGNOSTICADOS de COVID-19, ou que se atopen en período de CORENTENA domiciliaria por ter tido contacto con algunha persoa con síntomas ou diagnosticado de COVID-19.

Consideracións importantes para as familias

O papel das familias é imprescindible para evitar contaxios no centro educativo, polo que estas teñen que ter en conta as seguintes instrucións:

Comunicación e teledocencia

Info

ABALAR MÓBIL é a plataforma oficial que se empregará como forma preferente de comunicación coas familias.

Comunicación coas familias

Info

Outras ferramentas

  • Classroom
  • Forms
  • Sites
  • Gmail
  • Meet
  • Drive

Os titores/as levarán un seguimento das tarefas e informarán ás familias en caso necesario.

Ferramentas para a teledocencia

As distintas materias empregarán a Aula Virtual do Centro e a Plataforma E-dixgal, segundo sexa o caso, para levar un seguimento das tarefas en caso de que algún alumno/a, a totalidade do grupo ou o propio profesor/a da materia deban permanecer en illamento ou confinamento.

grazas pola vosa atención!

Setembro 2021

Setembro 2020

EQUIPO COVID IES DÍAZ CASTRO

EQUIPO COVID IES DÍAZ CASTRO