Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

BENVIDOS/AS AO CURSO 2022-2023

Estimadas familias, comezamos un novo curso no que por fin voltamos á normalidade. Aínda así pedimos a vosa colaboración no cumprimento das normas do centro , polo ben de todos/as.

ENTRADAS

EDUCACIÓN INFANTIL:

Abriranse as portas ás 8:45h e o alumnado irá entrando escalonadamente as súas aulas, segundo vaia chegando ao centro. As portas pecharanse ás 9:00.

  • 4º Ed. Infantil: Porta da súa aula
  • Ed. Infantil B: Porta da súa aula
  • 5º Ed. Infantil A: Porta Rosalía 2 (onde está a caseta)
  • Ed. Infantil : Porta Rosalía 1 (entrada principal)

EDUCACIÓN PRIMARIA:

Abriranse as portas ás 8:45h e o alumnado irá entrando escalonadamente, segundo vaia chegando ao centro. Haberá un profesor de garda en cada entrada, dando paso aos alumnos/as que subirán directamente ás súas aulas, sen facer fila, onde os estará esperando o titor/a


  • 1º e 2º curso: Porta Conchases 1
  • 3º e 4º curso: Porta Conchases 2
  • 5º e 6º curso: Porta Rosalía 1


SAÍDAS

EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • 14:00h.


As portas de saída serán as mesmas que as de entrada.



CURSO 2022-2023

PUNTUALIDADE

Cando os alumnos/as chegan tarde:

  • Perden parte da clase, o que repercute na súa aprendizaxe.
  • Interrompen o traballo dos demais, distraendo ao resto de compañeiros/as.
  • Séntense violentos.


Polo tanto pedimos a vosa colaboración para que esto non suceda.


RECREOS


  • Os días de choiva permanecerán nas súas aulas, como vén sendo habitual.
  • Evitade vixiar ou falar cos nenos/as mentres están no recreo. Están na súa hora de lecer , relacionándose cos compañeiros/as , non pendentes de quen os chama dende a rúa. Tamén por seguridade, porque descoñezamos se a persoa que vixía ten algunha relación co alumno/a, e aínda no caso de sabelo non procede esta actitude.



RECREO DE INFANTIL: ÁS 12:OO NO PATIO DE ROSALÍA


RECREO DE PRIMARIA: 1º , 2º E CURSO ÁS 11:30 NO PATIO DE ROSALÍA

4º, 6º CURSO ÁS 11:30 NO PATIO DE CONCHASES

SECRETARÍA

HORARIO DE SECRETARÍA:


Luns a venres: 13:15 a 14:00

ACCESO

AO CENTRO

PROHIBIDO que as familias

accedan ao centro sen

autorización.


Cando poidan acceder a

entrada efectuarase pola

porta 1 do patio de Rosalía.

TITORÍAS

  • As titorías serán os martes de 16:00 a 17:00
  • Solicitarase a cita por Abalar , por teléfono ou por unha nota que traia o neno/a.
  • As titorías poderán ser presenciais ou telefónicas, previo consenso co titor/titora.



CURSO 2022-2023

CURSO 2022-2023

COMUNICACIÓN

PECHE DE PORTAS.

FALTAS DO ALUMNADO


OUTRAS NORMAS

As familias poderán informarse de todas os novas relacionadas co centro

na páxina web, e recordamos a importancia de consultala.

http://centros.edu.xunta.es/ceiprosaliadecastro.grove/.


Dende o centro tamén enviaremos mensaxes por ABALAR, polo que hai

que estar pendente destas notificacións e ter a aplicación descargada no

móbil (se alguén tivera algún problema pedirá cita previa en secretaría para

tratar de solucionalo). O profesorado ademais poderá utilizar outros medios

de comunicación, como teléfono, videochamada, correo electrónico,

telegram, outras App...


É Imprescindible ter sempre actualizado e operativo un teléfono de

contacto.


A mellor maneira de cortar rumores e resolver dúbidas sobre cuestións

académicas é poñerse en contacto co TITOR/A. Para outras cuestións

poñerse en contacto co Equipo Directivo.

O portalón de Conchases pecharase ás 9:00m. A porta de

entrada principal (Rosalía 1) pechará igualmente a esa hora,

e todos os alumnos/as que cheguen a partir das 9:00h

terán que timbrar e recoller un papel de retraso que traerá o

neno/a ao día seguinte xustificado polos seus proxenitores.


O alumnado que se reincorpore ao longo da mañá terá que vir sempre acompañado por un adulto, que firmará o xustificante de retraso.

A asistencia do alumnado será obrigatoria. As faltas de asistencia deberán ser xustificadas

polos pais/nais/titores por escrito e se a falta é por saúde e supera os dous días (ou faltas

reiterativas) terán que achegar o xustificante médico.


Tamén deberán ser xustificadas documentalmente as faltas de puntualidade nas entradas ao

colexio.Ante faltas de puntualidade reiteradas sen xustificación documental aceptada polo

titor ou titora, a dirección ou a xefatura de estudos amoestará verbalmente á familia. De

persistir a falta de puntualidade, a familia será amoestada por escrito. De non corrixirse, a

situación poñerase en coñecemento dos servizos sociais e da inspección educativa.

No caso de absentismo escolar (10% de sesións nun mes sen xustificación documental

aceptada polo profesorado docente e pola dirección do centro), procederase a apertura do

protocolo de absentismo. O proceso poderá concluír na imposibilidade de aplicar os criterios

xerais de avaliación. Neste caso, o alumnado afectado deberá someterse a probas de

avaliación extraordinarias.


O protocolo de absentismo consistirá en:


  • Control e rexistro das incidencias na asistencia do alumnado.
  • Información ás nais/pais ou titores legais do alumnado nos termos establecidos nos punto anteriores.
  • Se procede, traslado da información á Inspección Educativa e a outras institucións por parte da dirección do centro.

CURSO 2022-2023

MOITAS GRAZAS