Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

CARTA DE BENVIDA

Pensando en vós

Idea orixinal Guía Acogida Emocional en Espacios EducativosAdaptado por CEIP P Condesa de Fenosa

Ola nenos e nenas!Somos @s mestr@s do cole.Estamos moi content@s porque os días 10 e 11 de setembro volveremos tod@s á escola.Durante todo este tempo, botámosvos moitísimo de menos, así que temos moitas ganas de volver a vervos e de seguir compartindo convosco novos retos e experiencias.É certo que tamén nos preocupa un pouquiño que a volta ao cole non sexa como outros cursos. Xa sabedes que este virus tan pesado aínda segue estando entre nós, polo que debemos aprender a coidarnos entre tod@s e a cumprir as novas normas do centro.Por ese motivo @s mestr@s estamos a traballar para preparar a entrada e facela máis fácil.Sabemos que contamos con toda a vosa axuda e colaboración. Pouco a pouco irémosvos explicando como aprender a coidarnos e as novas rutinas de centro que deberemos cumprir.Coma sempre, escoitaremos atentamente as vosas preocupacións e tentaremos buscar solucións. Tamén escoitaremos as vosas propostas e tentaremos levalas a cabo sempre que sexa posible.Mentres tanto @s profes seguiremos preparando o reencontro con toda a ilusión e o cariño.Moitos bicos e apertas!!!@s mestr@s do Condesa