Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Departamento de Orientación CEIP Tarrío

Axudas para alumnado con Necesidades específicas de Apoio Educativo 2022-2023

Podedes consultar toda a información premendo neste botón

Está aberto o prazo para a presentación das Axudas dende o 19 de maio ata o día 30 de setembro de 2022

Todo o proceso levarase a cabo a través da sede electrónica do Ministerio, á que podedes acceder dende aquí

Pasos para a solicitude:

  • Non se poderán cursar solicitudes fóra de prazo.
  • SÓ SE CONSIDERA PRESENTADA E PODE SER TRAMITADA CANDO SE PRESENTA NO COLEXIO ONDE SE ESCOLARIZARÁ NO CURSO 22-23.
  • A axuda debe destinarse á finalidade para a que se concede, polo que deberedes conservar as facturas e xustificantes.

Algunhas cousas que deberedes saber:

  • Os requisitos, contías e o procedemento continúan igual que en anos anteriores.
  • É requisito imprescindible que o solicitante teña certificado de discapacidade, agás nas Altas Capacidades
  • Non se darán por válidos informes privados, tanto no caso de alumnado con NEAE como de Altas Capacidades, que deberán contar co Informe do DO ou do EOE.
  • A solicitude debidamente cumprimentada dende a Sede electrónica. NON OLVIDEDES DATOS E FIRMAS.
  • Fotocopias dos DNI de TODA a Unidade Familiar.
  • Certificado de minusvalía.
  • Informes médicos e/ou psicolóxicos. IMPORTANTE: Os informes médicos deberán ser de entidades públicas.
  • NOVIDADE: Certificado de empadronamento onde consten todos os membros da unidade familiar.
  • Apartado do gabinete externo DEBIDAMENTE CUBERTO con selo, así como a correspondente memoria e declaración responsable asinada.
  • Certificado da conta bancaria na que O NENO/A DEBE SER TITULAR DA MESMA.
  • Outra documentación: fotocopia do título de familia numerosa, certificados da renda, altas capacidades, etc,

Que documentación tedes que presentar no centro?

NON SE RECOLLERÁ NINGUNHA SOLICITUDE INCOMPLETA

Aínda que o prazo é ata o día 30 de setembro, como ben sabedes o Departamento de Orientación debe realizar un informe que acompañe a cada unha das solicitudes, polo que pregamos que as solicitudes sexan entregadas antes do 23 de setembro.

Cando teño que presentala no centro?

Consulta aquí a convocatoria íntegra:

Páxina web do MEC

correo electrónico: ceip.tarrio@edu.xunta.gal

Teléfono do centro: 881 880 556

Información e resolución de dúbidas