Want to make creations as awesome as this one?

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, co apoio da Xunta de Galicia, promove este novo plan formativo, destinado a actualizar as competencias das profesionais da xestión cultural nun contexto global de transformación dixital.

Transcript

Título 1

PLAN FORMATIVO

A TRANSFORMACIÓN DIXITAL NA XESTIÓN CULTURAL

CURSO 1

CURSO 2

CURSO 4

CURSO 3

CURSO 5

CURSO 6

CURSO 7

Unha introdución panorámica á contorna dixital e ás claves para desenvolver unha estratexia e presenza dixital efectiva para proxectos culturais.

A TRANSFORMACIÓN DIXITAL NA XESTIÓN CULTURAL

DOCENTES

Sergio Lago(BenCuriosa | Xestor Cultural) Formado en Deseño Gráfico Publicitario e Educación Social, dende 2003 ven participando na creación e dirección de proxectos no ámbito cultural. Ten traballado tamén en iniciativas do eido TIC, especialmente na implantación de estratexias dixitais para institucións e empresas creativas. Foi director de Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais e cordinador técnico na Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Dende 2014 é co-impulsor, docente e coordinador académico do Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural da USC. Actualmente é membro tamén da Comisión de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega. Desde 2016 dirixe Coruña Dixital, un programa innovador do Concello da Coruña que impulsa e divulga a creatividade e a cultura dixital. Ruth Sousa(BenCuriosa | Xestora Cultural) Formada en realización audiovisual, a súa traxectoria profesional estivo ligada inicialmente ao departamento técnico da TVG e varias produtoras. Posteriormente, desenvolveu contidos noutros medios galegos, especialmente no Grupo Voz, tanto na radio e no xornal como, principalmente, na súa canle de televisión. É experta universitaria en Xestión Cultural pola USC, ademais de especialista en Estratexias Dixitais en Institucións Culturais pola UOC. André Castelo(Avogado especialista en Dereito TIC) Socio Director en APDTIC, consultora legal especializada en protección de datos, ciberseguridade, propiedade intelectual/industrial e reputación dixital. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Dereito das Telecomunicacións, Protección de Datos, Audiovisual e Sociedade da Información na Universidade Carlos III de Madrid. Delegado de Protección de Datos (certificado baixo o esquema AEPD-DPD) É membro do Clúster TIC de Galicia e da Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL), ademais de participar na Asociación de Expertos Nacionales de la Abogacía Digital (ENATIC). Balbina Gándara Antelo(Xestora cultural | Especialista en transformación dixital e xestión documental institucional) Xurista e historiadora, é experta en xestión cultural e patrimonio documental a través de solucións dixitais así como en Industria 4.0. Axuda ás empresas e á Administración pública a mellorar os seus procesos mediante plans de estratexia e optimización. Actualmente desempeña a función de Chief Digital Transformation and Innovation | Scrum Master en Unayta, consultora tecnolóxica galega especializada na dixitalización documental. Traballan con arquivos, fondos históricos, documentos administrativos, vídeos, microfilmes e diapositivas, fotografías e arquivos sonoros, entre outros. Contan con ampla experiencia no acompañamento de procesos de transformación dixital en concellos, museos, bibliotecas, fundacións e equipos profesionais de toda Galicia. Certificada en Google Adwords, Analytics e internacionalización a través de canles dixitais, tamén traballa na implantación de estratexias de marketing dixital. Tamén contaremos con introducións do equipo docente e especialistas que nos acompañarán nos seguintes Cursos.Podes coñecelos ao detalle nas fichas dos cursos 2 a 7.

PROGRAMA

  • Martes 08set: Publicación Unidades Temáticas 1-4
    • Introdución: a xestión cultural na contorna dixital.
    • Hábitos culturais dixitais no contexto galego. Fendas dixitais.
    • Introdución á colaboración e traballo en equipo en contornas virtuais.
    • Seguridade e identidade dixital, xestión da información e tratamento de datos.
  • Luns 14set | 18h-19h30: Sesión 5, síncrona participativa con André Castelo.
  • Martes 15set: Publicación Unidades Temáticas 6-9
    • Planificación da estratexia dixital para organizacións culturais.
    • Kit básico dixital para unha entidade ou proxecto cultural (I)
    • Kit básico dixital para unha entidade ou proxecto cultural (II)
    • Arquivo e dixitalización: preservar e compartir.
  • Luns 21set | 18h-19h30: Sesión 10, síncrona participativa con Balbina Gándara.
  • Martes 22set: Publicación Unidades Temáticas 11-14
    • Kit básico dixital para unha entidade ou proxecto cultural (III)
    • Introdución ao marketing cultural dixital.
    • Introdución ao desenvolvemento de audiencias.
    • Introdución á participación e mediación cultural na Rede.
  • Luns 28set | 18h-19h30: Sesión 15, síncrona participativa de peche con Ruth Sousa e Sergio Lago.
  • Ata o 31 de marzo de 2021 os contidos, tarefas e recursos seguirán dispoñibles na plataforma.

REQUISITOS

Non son precisos coñecementos previos. Este curso resulta imprescindible para todas aquelas persoas que se acheguen por primeira vez a esta temática, pero tamén será de gran utilidade para quen xa realice accións dixitais e desexe revisar a súa presenza dixital integral. Isto permitirá ás persoas participantes identificar e aplicar as estratexias e ferramentas dixitais máis adecuadas aos obxectivos, contidos e equipos da súa entidade. O curso é accesible a través de calquera navegador web e compatible con dispositivos móbiles e tabletas. Non se precisa a instalación de ningún programa informático.

INSCRICIÓNS

As inscricións son gratuítas. Prazas limitadas, destinadas a:

  • Profesionais da xestión cultural do sector público e privado galego.
  • Persoas desempregadas con experiencia e/ou formación no sector cultural.
  • Alumnado de formación profesional, grao, experto, especialización ou máster con orientación profesional na xestión cultural.
Podes inscribirte ata o 08 de setembro en i.gal/transformacion-dixital

15 UNIDADES TEMÁTICAS | 35 HORAS

08 A 28 DE SETEMBRO DE 2020

CURSO 1

CURSO 2

CURSO 4

CURSO 3

CURSO 5

CURSO 6

CURSO 7

Coñece as claves esenciais sobre dereitos de autor e propiedade intelectual na Rede, en relación ao día a día dunha organización cultural.

PROPIEDADE INTELECTUAL NA XESTIÓN E CREACIÓN DIXITAL

5 UNIDADES TEMÁTICAS | 15 HORAS

29SET A 05OUT DE 2020

DOCENTES

Marta Suárez-Mansilla(Avogada especializada en Dereito da Cultura | Xestora Cultural) Desde 2016 forma parte de Artworld, consultora xurídica especializada no campo cultural. Ofrecen asesoramento legal en 360º sobre Dereito artístico e Dereito cultural, tanto para o sector público como para o privado. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou estudos complementarios sobre propiedade intelectual e tamén o “Máster en Xestión e Liderado de Proxectos Culturais” na URJC. No marco do “Máster interuniversitario de Investigación en Dereito da Cultura “(UNED - Univ. Carlos III) ten publicado sobre “O panorama actual das industrias culturais galegas: as políticas públicas culturais”. Vicepresidenta da “Asociación Derecho del Arte”, ten traballado en proxectos e organizacións internacionais e conta tamén con experiencia directa na xestión e dirección de proxectos culturais, como a feira de arte contemporánea Art Madrid, que actualmente co-dirixe.

PROGRAMA

  • Martes 29set: Publicación das Unidades Temáticas:
    • 1. Introdución e fundamentos da PI
    • 2. Marco normativo básico
    • 3. Estrutura da PI
      • 3.1.Dereitos morais
        • 3.1.1. Concepto de autor / obras con varios autores
      • 3.2.Dereitos patrimoniais
    • 4. As entidades de xestión colectiva de dereitos de autor
    • 5. Límites á PI / usos permitidos
    • 6. Creative commons e modelos de cesión de dereitos
    • 7. Exemplos e casos prácticos en relación ao día a día dunha organización cultural, pública ou privada, de pequena escala.
  • Luns 05out | 18h-19h30: Sesión 5, síncrona participativa con Marta Suárez-Mansilla.
  • Ata o 31 de marzo de 2021 os contidos, tarefas e recursos seguirán dispoñibles na plataforma.

REQUISITOS

Non son precisos coñecementos previos. Este curso resulta imprescindible para todas aquelas persoas que se acheguen por primeira vez a esta temática, pero tamén será de gran utilidade para quen xa realice accións dixitais e desexe revisar a súa presenza dixital integral. Isto permitirá ás persoas participantes identificar e aplicar as estratexias e ferramentas dixitais máis adecuadas aos obxectivos, contidos e equipos da súa entidade. O curso é accesible a través de calquera navegador web e compatible con dispositivos móbiles e tabletas. Non se precisa a instalación de ningún programa informático.

INSCRICIÓNS

As inscricións son gratuítas. Prazas limitadas, destinadas a:

  • Profesionais da xestión cultural do sector público e privado galego.
  • Persoas desempregadas con experiencia e/ou formación no sector cultural.
  • Alumnado de formación profesional, grao, experto, especialización ou máster con orientación profesional na xestión cultural.
Podes inscribirte ata o 29 de setembro en i.gal/transformacion-dixital

CURSO 3

CURSO 1

CURSO 4

CURSO 5

CURSO 6

CURSO 7

Descubre as mellores estratexias, ferramentas e metodoloxías para a colaboración e a optimización do traballo en equipo en contornas virtuais.

Colaboración e traballo en equipo en contornas virtuais

10 UNIDADES TEMÁTICAS | 30 HORAS

06 A 19 DE OUTUBRO DE 2020

DOCENTES

Diego Parajó(Xestor cultural | Experto en metodoloxías dixitais de traballo colaborativo, innovación social e creatividade) Socio fundador e xerente de Xeneme Proxectos Sociais desde 1998, onde desenvolve a súa actividade como formador, consultor e project manager en proxectos de servizos sociais, educativos e culturais. Diego é diplomado en Educación Social, con formación complementaria en Xestión Cultural, Responsabilidade Social Empresarial, mediación de procesos comunitarios, innovación social, creatividade e metodoloxías áxiles. É tamén director do centro sociocultural municipal Local de Música de Pontevedra desde 2008 e socio e membro activo de AESGAL, asociación de sociedades laborais de Galicia. Ademais, é fundador de Asociación Socioeducativa e Cultural O NÚCLEO, unha ONG de innovación social dixital na comarca de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) orientada ao desenvolvemento do talento nas persoas mediante proxectos TIC.

PROGRAMA

  • Martes 06out: Publicación Unidades Temáticas 1-4 cos seguintes obxectivos:
    • Acompañar a xestor*s culturais na adopción de ferramentas e prácticas na contorna dixital, sempre cun enfoque realista, práctico e tendo en conta os recursos, tempo e equipos dos que dispoñen organizacións culturais galegas.
    • Compartir estratexias, ferramentas e metodoloxías para a colaboración e traballo en equipo en contornas virtuais.
    • Introducir ao alumnado en metodoloxías áxiles de xestión de proxectos, como SCRUM.
  • Martes 13out | 18h-19h30: Sesión 5, síncrona participativa con Diego Parajó.
  • Martes 13out: Publicación Unidades Temáticas 6-9
  • Luns 19out | 18h-19h30: Sesión 10, síncrona participativa con Diego Parajó.
  • Ata o 31 de marzo de 2021 os contidos, tarefas e recursos seguirán dispoñibles na plataforma.

REQUISITOS

Non son precisos coñecementos previos. Este curso resulta imprescindible para todas aquelas persoas que se acheguen por primeira vez a esta temática, pero tamén será de gran utilidade para quen xa realice accións dixitais e desexe revisar a súa presenza dixital integral. Isto permitirá ás persoas participantes identificar e aplicar as estratexias e ferramentas dixitais máis adecuadas aos obxectivos, contidos e equipos da súa entidade. O curso é accesible a través de calquera navegador web e compatible con dispositivos móbiles e tabletas. Non se precisa a instalación de ningún programa informático.

INSCRICIÓNS

As inscricións son gratuítas. Prazas limitadas, destinadas a:

  • Profesionais da xestión cultural do sector público e privado galego.
  • Persoas desempregadas con experiencia e/ou formación no sector cultural.
  • Alumnado de formación profesional, grao, experto, especialización ou máster con orientación profesional na xestión cultural.
Podes inscribirte ata o 06 de outubro en i.gal/transformacion-dixital

CURSO 2

CURSO 4

CURSO 1

CURSO 5

CURSO 6

CURSO 7

Aprende como contar cunha presenza e comunicación dixital efectiva, acorde cos teus obxectivos e sempre coas persoas no centro.

Marketing cultural no mundo dixital

10 UNIDADES TEMÁTICAS | 30 HORAS

20OUT A 02NOV DE 2020

DOCENTES

Martí Perramon(Xestor cultural | Especialista en desenvolvemento de públicos, comunicación e marketing dixital) Con máis de 25 anos de experiencia no deseño e desenvolvemento de estratexias de mercadotecnia cultural e relacional en diversas organizacións, tanto públicas como privadas. É un apaixonado pola xestión do coñecemento. Foi director de promoción e difusión de Música no Institut de Cultura de Barcelona e anteriormente, durante 13 anos técnico de cultura e director do teatro municipal no Ajuntament da Garriga. En 2013 fundou "Push Retos y Contenidos" co fin de axudar ás pemes e organizacións culturais a lanzarse á transformación dixital e a novos modelos de negocio. Tamén a acomodar a comunicación relacional na súa estratexia e así poñer ás persoas no centro das súas organizacións. Actualmente realiza consultoría para organizacións culturais e imparte formación en diversas entidades. Tamén colabora con Bravo Manager, onde crean ferramentas e solucións que facilitan a xestión cultural baseada na proximidade, a participación, a calidade e a transparencia das organizacións culturais.

PROGRAMA

  • Martes 20out: Publicación Unidades Temáticas 1-4 cos seguintes obxectivos:
    • Acompañar a xestor*s culturais na adopción de ferramentas e prácticas na contorna dixital, sempre cun enfoque realista, práctico e tendo en conta os recursos, tempo e equipos dos que dispoñen organizacións culturais galegas.
    • Introducir ao alumando nas principais claves para contar cunha presenza e comunicación dixital efectiva e acorde aos seus obxectivos. Sempre coas persoas no centro, sexan públicos culturais, usuarias de servizos e espazos culturais ou destinatarias de proxectos de dinamización comunitaria e sociocultural.
  • Luns 26out | 18h-19h30: Sesión 5, síncrona participativa con Martí Perramon.
  • Martes 27out: Publicación Unidades Temáticas 6-9
  • Luns 02nov | 18h-19h30: Sesión 10, síncrona participativa con Martí Perramon.
  • Ata o 31 de marzo de 2021 os contidos, tarefas e recursos seguirán dispoñibles na plataforma.

REQUISITOS

Non son precisos coñecementos previos. Este curso resulta imprescindible para todas aquelas persoas que se acheguen por primeira vez a esta temática, pero tamén será de gran utilidade para quen xa realice accións dixitais e desexe revisar a súa presenza dixital integral. Isto permitirá ás persoas participantes identificar e aplicar as estratexias e ferramentas dixitais máis adecuadas aos obxectivos, contidos e equipos da súa entidade. O curso é accesible a través de calquera navegador web e compatible con dispositivos móbiles e tabletas. Non se precisa a instalación de ningún programa informático.

INSCRICIÓNS

As inscricións son gratuítas. Prazas limitadas, destinadas a:

  • Profesionais da xestión cultural do sector público e privado galego.
  • Persoas desempregadas con experiencia e/ou formación no sector cultural.
  • Alumnado de formación profesional, grao, experto, especialización ou máster con orientación profesional na xestión cultural.
Podes inscribirte ata o 20 de outubro en i.gal/transformacion-dixital

CURSO 2

CURSO 3

CURSO 4

CURSO 5

CURSO 1

CURSO 6

CURSO 7

Descubre, paso a paso, como deseñar un Plan de Desenvolvemento de Audiencias que che axude a mellorar a relación cos teus públicos.

DESENVOLVEMENTO DE AUDIENCIAS

10 UNIDADES TEMÁTICAS | 30 HORAS

03 A 16 DE NOVEMBRO DE 2020

DOCENTES

Andreu Garrido(Xestor cultural | Experto en xestión de datos e audiencias en organizacións culturais) Socio e director de consultoría en Teknecultura, unha firma de consultoría especializada en análise de datos e desenvolvemento de estratexias baseadas neles para a comunicación e marketing dixital, o desenvolvemento de audiencias, a fidelización de públicos e a participación cultural. A súa carteira de clientes inclúe moitos dos principais espazos e festivais de artes escénicas da Península, ademais de organizacións e entidades municipais de todas as dimensións. Ten colaborado en diferentes proxectos coa consultora Bissap Gestió Cultural, dirixida por Jaume Colomer e especializada en artes escénicas, así como en proxectos de investigación sobre políticas culturais baixo a dirección de Lluís Bonet, coordinador do programa de xestión cultural da Universidade de Barcelona. Actualmente é o presidente da Asociación de Profesionais da Xestión Cultural de Cataluña (APGCC), compartindo proxecto cun gran grupo de profesionais de diversos ámbitos do sector cultural.

PROGRAMA

  • Martes 03nov: Publicación Unidades Temáticas 1-4 cos seguintes obxectivos:
    • Afondar no coñecemento da dinámica de participación, acceso e consumo de públicos culturais.
    • Ofrecer unha visión xeral do potencial do enfoque relacional aplicado á xestión de públicos culturais.
    • Dar a coñecer metodoloxías, recursos e ferramentas para coñecer o noso público a partir da análise de datos.
    • Explicar distintos métodos de segmentación públicos e non públicos.
    • Explicar e poñer en práctica unha metodoloxía coa que deseñar, planificar e avaliar un plan de desenvolvemento de audiencia para atraer e reter o público.
  • Luns 09nov | 18h-19h30: Sesión 5, síncrona participativa con Andreu Garrido.
  • Martes 10nov: Publicación Unidades Temáticas 6-9
  • Luns 16nov | 18h-19h30: Sesión 10, síncrona participativa con Andreu Garrido.
  • Ata o 31 de marzo de 2021 os contidos, tarefas e recursos seguirán dispoñibles na plataforma.
Todos os proxectos de difusión cultural, desde un teatro a un festival, pasando por unha libraría, un cine ou unha compañía de danza, relaciónanse cunha comunidade. Máis grande ou máis pequena, cunha relación máis ou menos intensa, con maior ou menor impacto dependendo dos obxectivos e misión do proxecto. Para iso, os proxectos culturais deben coñecer os seus públicos e, moitas veces, aprender a evolucionar con eles. O enfoque relacional é un aliado para facelo e o Plan de Desenvolvemento de Audiencias unha metodoloxía para ordenar e planificar como levala a cabo e, o máis importante, avaliar os seus resultados e mellorar.

REQUISITOS

Non son precisos coñecementos previos, pero será de maior utilidade para quen xestione espazos ou proxectos de programación artística, con sistema de reservas e/ou venda de entradas. O curso é accesible a través de calquera navegador web e compatible con dispositivos móbiles e tabletas. Non se precisa a instalación de ningún programa informático.

INSCRICIÓNS

As inscricións son gratuítas. Prazas limitadas, destinadas a:

  • Profesionais da xestión cultural do sector público e privado galego.
  • Persoas desempregadas con experiencia e/ou formación no sector cultural.
  • Alumnado de formación profesional, grao, experto, especialización ou máster con orientación profesional na xestión cultural.
Podes inscribirte ata o 03 de novembro en i.gal/transformacion-dixital

CURSO 2

CURSO 3

CURSO 4

CURSO 6

CURSO 1

CURSO 5

CURSO 7

Activa procesos participativos de inclusión dixital, social e cultural, a través dunha estratexia adecuada á entidade e ao teu territorio.

Participación e mediación cultural na Rede

10 UNIDADES TEMÁTICAS | 30 HORAS

17 A 30 DE NOVEMBRO DE 2020

DOCENTES

Ruth Sousa(BenCuriosa | Xestora Cultural) Formada en realización audiovisual, a súa traxectoria profesional estivo ligada inicialmente ao departamento técnico da TVG e varias produtoras. Posteriormente, desenvolveu contidos noutros medios galegos, especialmente no Grupo Voz, tanto na radio e no xornal como, principalmente, na súa canle de televisión. É experta universitaria en Xestión Cultural pola USC, ademais de especialista en Estratexias Dixitais en Institucións Culturais pola UOC. Sergio Lago(BenCuriosa | Xestor Cultural) Formado en Deseño Gráfico Publicitario e Educación Social, dende 2003 ven participando na creación e dirección de proxectos no ámbito cultural. Ten traballado tamén en iniciativas do eido TIC, especialmente na implantación de estratexias dixitais para institucións e empresas creativas. Foi director de Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais e cordinador técnico na Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Dende 2014 é co-impulsor, docente e coordinador académico do Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural da USC. Actualmente é membro tamén da Comisión de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega. Desde 2016 dirixe Coruña Dixital, un programa innovador do Concello da Coruña que impulsa e divulga a creatividade e a cultura dixital. Jaime Capilla(Mediador e Xestor Cultural) Licenciado en Historia da Arte na especialidade de Arte Contemporánea e Experto Universitario en Xestión Cultural pola Universidade de Santiago de Compostela, cursa o Mestrado en Educación e Museos. Patrimonio, Identidade e Mediación Cultural pola Universidade de Murcia. Desenvolve a súa carreira profesional no ámbito de institucións museísticas e culturais, actualmente como mediador e xestor cultural no Museo de Belas Artes da Coruña. As súas liñas de traballo son o deseño de programas pedagóxicos e proxectos de mediación cultural, a arte como ferramenta de aprendizaxe transversal, a creación de materiais didácticos, e desenvolve o seu traballo de investigación no campo dos museos como axentes de cambio social. Martí Perramón(Xestor cultural | Especialista en desenvolvemento de públicos, comunicación e marketing dixital) Con máis de 25 anos de experiencia no deseño e desenvolvemento de estratexias de mercadotecnia cultural e relacional en diversas organizacións, tanto públicas como privadas. É un apaixonado pola xestión do coñecemento. Foi director de promoción e difusión de Música no Institut de Cultura de Barcelona e anteriormente, durante 13 anos técnico de cultura e director do teatro municipal no Ajuntament da Garriga.En 2013 fundou "Push Retos y Contenidos" co fin de axudar ás pemes e organizacións culturais a lanzarse á transformación dixital e a novos modelos de negocio. Tamén a acomodar a comunicación relacional na súa estratexia e así poñer ás persoas no centro das súas organizacións. Actualmente realiza consultoría para organizacións culturais e imparte formación en diversas entidades. Tamén colabora con Bravo Manager, onde crean ferramentas e solucións que facilitan a xestión cultural baseada na proximidade, a participación, a calidade e a transparencia das organizacións culturais.

PROGRAMA

  • Martes 17nov: Publicación Unidades Temáticas 1-4 cos seguintes obxectivos:
    • Acompañar a xestor*s culturais na adopción de ferramentas e prácticas na contorna dixital, sempre cun enfoque realista, práctico e tendo en conta os recursos, tempo e equipos dos que dispoñen organizacións culturais galegas.
    • Compartir estratexias, ferramentas e metodoloxías para a participación mediada dixitalmente, en proxectos comunitarios, culturais ou de creación colectiva.
  • Luns 23nov | 18h-19h30: Sesión 5, síncrona participativa con Ruth Sousa, Sergio Lago e Jaime Capilla.
  • Martes 24nov: Publicación Unidades Temáticas 6-9 cos seguintes obxectivos:
    • Aproximarse á mediación dixital, introducindo as claves para activar proxectos participativos de inclusión dixital, social e cultural, a través dunha estratexia adecuada á entidade e ao territorio.
  • Luns 30nov | 18h-19h30: Sesión 10, síncrona participativa con Martí Perramon.
  • Ata o 31 de marzo de 2021 os contidos, tarefas e recursos seguirán dispoñibles na plataforma.

REQUISITOS

Non son precisos coñecementos previos. Este curso resulta imprescindible para todas aquelas persoas que se acheguen por primeira vez a esta temática, pero tamén será de gran utilidade para quen xa realice accións dixitais e desexe revisar a súa presenza dixital integral. Isto permitirá ás persoas participantes identificar e aplicar as estratexias e ferramentas dixitais máis adecuadas aos obxectivos, contidos e equipos da súa entidade. O curso é accesible a través de calquera navegador web e compatible con dispositivos móbiles e tabletas. Non se precisa a instalación de ningún programa informático.

INSCRICIÓNS

As inscricións son gratuítas. Prazas limitadas, destinadas a:

  • Profesionais da xestión cultural do sector público e privado galego.
  • Persoas desempregadas con experiencia e/ou formación no sector cultural.
  • Alumnado de formación profesional, grao, experto, especialización ou máster con orientación profesional na xestión cultural.
Podes inscribirte ata o 17 de novembro en i.gal/transformacion-dixital

CURSO 2

CURSO 3

CURSO 6

CURSO 7

CURSO 4

CURSO 1

CURSO 5

Os novos camiños. Coñece as prácticas, formatos e narrativas dixitais coas que se están a xerar e divulgar contidos creativos na Rede.

NovAS FERRAMENTAS dixitais para proxectos culturais

10 UNIDADES TEMÁTICAS | 30 HORAS

01 A 14 DE DECEMBRO DE 2020

DOCENTES

Sergio Lago(BenCuriosa | Xestor Cultural) Formado en Deseño Gráfico Publicitario e Educación Social, dende 2003 ven participando na creación e dirección de proxectos no ámbito cultural. Ten traballado tamén en iniciativas do eido TIC, especialmente na implantación de estratexias dixitais para institucións e empresas creativas. Foi director de Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais e cordinador técnico na Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Dende 2014 é co-impulsor, docente e coordinador académico do Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural da USC. Actualmente é membro tamén da Comisión de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega. Desde 2016 dirixe Coruña Dixital, un programa innovador do Concello da Coruña que impulsa e divulga a creatividade e a cultura dixital. Ruth Sousa(BenCuriosa | Xestora Cultural) Formada en realización audiovisual, a súa traxectoria profesional estivo ligada inicialmente ao departamento técnico da TVG e varias produtoras. Posteriormente, desenvolveu contidos noutros medios galegos, especialmente no Grupo Voz, tanto na radio e no xornal como, principalmente, na súa canle de televisión. É experta universitaria en Xestión Cultural pola USC, ademais de especialista en Estratexias Dixitais en Institucións Culturais pola UOC.

PROGRAMA

  • Martes 01dec: Publicación Unidades Temáticas 1-4
    • UT1 Cidadanía e Cultura Dixital
    • UT2 Creación popular contemporánea
    • UT3 Creación dixital e transformación social
    • UT4 Modelos de negocio dixitais (para micro-organizacións culturais)
  • Mércores 09dec | 18h-19h30: Sesión 5, conversa síncrona participativa con María Yáñez (Vinte) e Xulio Vázquez (NOAD Cultura Digital): Que papel pode xogar a xestión cultural galega na contorna dixital global?
  • Mércores 09dec: Publicación Unidades Temáticas 6-9
    • UT6 Creación dixital para experiencias presenciais
    • UT7 Explorando novos formatos para as artes vivas
    • UT8 Das visitas virtuais…
    • UT9 ...ás experiencias inmersivas e de realidade estendida
  • Luns 14dec | 18h-19h30: Sesión 10, síncrona participativa de peche do Plan Formativo con BenCuriosa.
  • Ata o 31 de marzo de 2021 os contidos, tarefas e recursos seguirán dispoñibles na plataforma.

REQUISITOS

Non son precisos coñecementos previos. Este curso resulta imprescindible para todas aquelas persoas que se acheguen por primeira vez a esta temática, pero tamén será de gran utilidade para quen xa realice accións dixitais e desexe revisar a súa presenza dixital integral. Isto permitirá ás persoas participantes identificar e aplicar as estratexias e ferramentas dixitais máis adecuadas aos obxectivos, contidos e equipos da súa entidade. O curso é accesible a través de calquera navegador web e compatible con dispositivos móbiles e tabletas. Non se precisa a instalación de ningún programa informático.

INSCRICIÓNS

As inscricións son gratuítas. Prazas limitadas, destinadas a:

  • Profesionais da xestión cultural do sector público e privado galego.
  • Persoas desempregadas con experiencia e/ou formación no sector cultural.
  • Alumnado de formación profesional, grao, experto, especialización ou máster con orientación profesional na xestión cultural.
Podes inscribirte ata o 01 de decembro en i.gal/transformacion-dixital

CURSO 2

CURSO 3

CURSO 6

CURSO 4

CURSO 1

CURSO 5

7 CURSOS | 65 UNIDADES TEMÁTICAS | 200 HORAS

08SET A 14DEC DE 2020

CURSO 2

CURSO 3

CURSO 7

PLAN FORMATIVO

INSCRÍBETE !

A TRANSFORMACIÓN DIXITAL NA XESTIÓN CULTURAL

CONTACTA

Escríbenos a formacion@xestoresculturais.gal para calquera dúbida ou consulta.

Podes inscribirte de xeito independente ou conxunto en calquera dos cursos en i.gal/transformacion-dixital