Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

FOTOGRAFÍA EN CURSOCEIP DE TENORIO

CURSO 2019-2020 Alumnado 6º de E. Primaria

Durante o curso 2019-20 o alumnado de 6º do CEIP de Tenorio, disfrutou unha vez máis deste marabilloso proxecto no que a través de diferentes linguaxes, os nenos e nenas, no seu proceso de formación, desenvolveron actividades artísticas, empregando a fotografía como recurso para aprendizaxe.A través deste proxecto expresaron emocións, ideas e a propia visión do mundo, sendo observadores , creadores e espectadores ao mesmo tempo. Asemade, ampliaron o seu coñecemento sobre o patrimonio cultural e artístico, destacando a importancia das artes visuales na interpretación das paisaxes, dos sentimentos, da riqueza cultural e dos valores humanos.A continuación, amosamos unha selección das fotos que realizaron para traballar as diferentes temáticas.

INTRODUCIÓN

O DIARIO DE FOTOGRAFÍATraballamos en grupo e individualmente no noso diario cando tiñamos prácticas de obradoiros no cole.

ESPAZOS BALEIROSA riqueza paixasística da nosa comunidade segue sendo unha fonte de ilustración da natureza e da pegada do home como interventor da contorna.

ÁRBORES, NUBES E AUGAO noso vocabulario é rico nomeando todo o que a retina recolle na contemplación do entorno que nos nos rodea: auga nos diferentes estados, a vexetación, as nubes...Coa fotografía ilustramos algún deses detalles.

CORES DA CONTORNAEn cada paso, en cada ollada, somos espectadores receptivos e aprendemos a valorar minuciosamente cada imaxe desde diferentes puntos de vista.

HORAS DO DÍA Observar como cambia a luz en función das horas do día nos leva a reflexionar sobre a apariencia das cousas segundo estean ou non iluminadas.

METEOROLOXÍAS Os cambios atmosféricos inflúen na luz, nas cores, nos sentimentos e ideas que andamos argallando.

UN DIARIO DE LUZConstancia, perseverancia, paciencia...

DENDE A FIESTRA Durante o confinamento continuamos a traballar observando o mundo a través da ventana, cara dentro e cara fóra.

RETRATOS Estivemos a practicar o retrato tendo como referencia a obra de artistas como Leonardo da Vinci, O Greco, Velázquez, Munch e Frida Kahlo. Despois de buscar o escenario axeitado, seleccionar os/as personaxes e traballar o encadre e a luz, escollemos estas fotos entre tod@s porque nos pareceron as mellores.