Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

epónimos femininos

ciencia

É un espellismo, un fenómeno asociado á propagación da luz en medios non homoxéneos, onde o índice de refración varía continuamente coa altura e, polo tanto, a luz describe traxectorias curvas. Como resultado, estes espellismos distorsionan a apariencia dos obxectos situados no horizonte, que son proxectados como si flotasen.ORIXE: O nome deriva de Morgana, a irmá de Arturo, nai con el de Mordred e discípula e amante de Merlín, con quen aprende a maxia para danar aos cabaleiros de Arturo e da súa esposa Xenebra.

1.-O arco iris é un fenómeno óptico que se produce como consecuencia da reflexión e refracción dos raios solares sobre gotas de auga, neste caso da chuvia.2.- O iris do ollo é un tecido de cor no fronte do ollo que contén a pupila no seu centro. Atópase na parte interior do ollo, entre a córnea e o cristalino. O iris axuda a controlar o tamaño da pupila para permitir a entrada de máis ou menos luz no ollo.ORIXE:Procede dunha deusa do Olimpo co mesmo nome. Iris era a filla de Taumante e de Electra e personificaba o arco iris que anunciaba os pactos entre homes e deuses. Tamén debuxaba no ceo un arco coas cores do seu peplo para anunciar o fin da tormenta. Desprazábase á velocidade do vento dun extremo ao outro da Terra, ás profundidades do mar e ao inframundo onde tiña libre acceso. Por iso, foi elixida como mensaxeira das deusas gregas, especialmente de Hera, a raíña do Olimpo.

É un metal dúctil, brando e pouco abundante. Atópase en distintos minerais e emprégase principalmente nalgunhas aliaxes.Orixe: O nome procede da deusa da belezaVanadisna mitoloxía escandinava.Chámase así á beleza dos numerosos compostos químicos de colores que produce.Foi descuberto orixinalmente polo mineraloxista español ,Andrés Manuel del Río, en 1801 en México.

Este elemento descuberto polo químico e físico inglés Willian Hyde Wollastonéun metal de transición.Recibe o nome da deusa grega Palas Atenea, que era a deusa da guerra, da civilización, a sabiduría, a estratexia en combate, e dos labores femininas. Foi unha das divinidades principais do panteón grego e unha dos doce deuses gregos olímpicos.

É un elemento químico metaloide dunha pálida cor prateada e blancuzca que no estado puro ten unha incrible brillantez metálica.A súa orixe vén da deusa romana Tellus, Xea para os gregos, que personificaba á Terra na mitoloxía romana. Os romanos invocábana para a obtención de boas colleitas, a protección durante os desastres naturais e a procreación. Estaba relacionada con Ceres, a deusa dos cultivos, co Dis Pater, deus da fertilidade da terra, e cos Manes, os antepasados das familias.

O meitnerio é un elemento químico da táboa periódica cuxo símbolo é Mt e o seu número atómico é 109. É un elemento sintético cuxo isótopo máis estable é o 278 Mt, cuxa vida media é de 7,6 s.ORIXE: Leva o nome en honra á matemática e física, de orixe austríaca ,Lise Meitner, (1878-1968) . que investigou en radioactividade e en física nuclear. Formou parte do equipo que descubriu a fisión nuclear, un logro polo cal o seu amigo e colaborador Otto Hahn recibiu o Premio Nobel.

É un elemento químico de número atómico 41. Simbolízase como Nb. É un metal de transición dúctil, gris, brando e pouco abundante. Atópase no mineral niobita, tamén chamado columbita, e utilízase en aliaxes. Emprégase principalmente aleado en aceiros, aos cales confire unha alta resistencia .Orixe:Chamárono así porNíobe, filla de Tántalo, porque se extrae do mineral tantalita.

O curio é un elemento sintético da táboa periódica cuxo símbolo é Cm e o seu número atómico é 96. Prodúcese bombardeando plutonio con partículas alfa (ións de helio). É un actínido. O curio non existeno ambiente terrestre, pero pode producirse en forma artificial.Orixe: Elixiuse o nome curio en honra a Marie Curie e o seu marido Pierre, famosos por descubrir o radio e por outros importantes traballos sobre radioactividade.

Calculadora gráfica que simplificaba os cálculos necesarios para determinar as características eléctricas das liñas largas de transmisión de electricidade. O aparello solucionaba ecuacións lineais dez veces máis rápido que métodos anteriores.ORIXE: A inventora da calculadora foi Edith Clarke (1883-1959). Esta, a pesar de que na súa infancia tivo problemas de linguaxe e para aprender a ler, foi unha pioneira da enxeñería eléctrica e da computación, foi a primera muller en obtener unha Maestría en Inxeniería Eléctrica no MIT e en exercer a docencia universitaria desta materia, e tamén foi a primeira muller en presentar un artigo no Instituto Americano de Enxeñeiros Eléctricos, e tamén a primeira con dereito a voto nel. Ademais, foi a primera enxeñeira en conseguir un posto profesional na sociedade de honra de enxeñeiros máis antiga de Estados Unidos.

É unha linguaxe multipropósito, orientada a obxectos e concurrente, podendo chegar desde a facilidade de Pascal ata a flexibilidade C++.ORIXE:O seu nome foi elexido en honra da condesa Ada Lovelace, filla de Lord Byron, unha gran matemática considerada a primeira programadora da historia. Ada suxiriulle ao matemático Charles Babbage escribir un "plan" para que a súa máquina calculase números de Bernuilli. Este "plan" é considerado o primeiro "programa de ordenador". A súa máquina analítica mecánica permitía calcular calquera función alxebraica e almacenar números. O programa introducíase na máquina mediante tarxetas.

É un método de avaliación da adaptación e vitalidade do recén nacido tras o nacemento.Os seu acrónimo responde ás cinco probas que hai que ter en conta para facer o test:Aspecto (color da piel)Pulso (frecuencia cardíaca)Grimace en inglés (resposta reflexa)Actividade (tono muscular)Respiración (ritmo respiratorio e esforzo respiratorio)ORIXE:O seu nome provén da incansable científica estadounidense Virginia Apgar (1909-1974), quen sendo pediatra e profesora en Columbia, dedicouse ao estudo dos efectos da anestesia nas mulleres embarazadas e o por que das mortes prematuras dos bebés. En 1952 propuxo este método, simple e repetibleque previu enfermidades e salvou millóns de vidas.

O ciclo de Cori é un ciclo metabólico que consiste na circulación cíclica da glicosa e o lactato entre o músculo e o fígado.As células musculares aliméntanse principalmente de glicosa dos seus reservas glucogénicas e sobre todo da que chega a través da circulación sanguínea procedente do fígadoORIXE:Gerty Cori ( 1896- 1957) foi unha bioquímica estadounidense nada en Praga —entón no Imperio austrohúngaro, actualmente República Checa—,1 que se converteu na terceira muller no mundo e primeira en Estados Unidos en gañar un Premio Nobel en Ciencias e a primeira muller a nivel mundial en ser galardoada co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.