Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

Eponimia nas Matemáticas

T.de Noether

TEOREMA

T. de Germain

TEOREMA

T. de Cauchy- Kovaleskaya

TEOREMA

T. de Cartwright

TEOREMA

T. de Morawetz

TEOREMA

T. de Ratner

TEOREMA

Recibe o nome da brillante matemática alemá Emmy Noether (1882 - 1935), que foi unha das nais da álxebra. En matemáticas, revolucionou as teorías de aneis e corpos, e en física creou o teorema de Noether, convertíndose ambas aportacións nunha das bases da física teórica moderna.

Noether

Matemáticas Teoremas

LeR Máis

O seu nome deriva de Cathleen Morawetz (1923-2017), unha matemática aplicada nacida en Canadá, que foi clave no deseño das alas dos avións polas súas contribucións á teoría das ecuacións diferenciais parciais e as propagacións de ondas que finalmente levaron a aplicacións avanzadas en aerodinámica, acústica e óptica.

Morawetz

Matemáticas Teoremas

LeR Máis

Sophie de Germain ( 1776 - 1881) foi unha matemática francesa do século XVIII. A pesar dos problemas que nesa época supoñía ser unha matemática e muller á vez, ela conseguiu chegar moi lonxe en dous campos: a teoría de números e a da elasticidade, pola que conseguiu en 1816 o Premio Extraordinario das Ciencias Matemáticas que outorgaba a Academia de Ciencias de París

GERMAIN

MatemáticasTeoremas

Ler máis

Sofía Kovalevskaya (1850-1851), estudou matemáticas na Universidade de Heidelberg en Alemaña, como oínte, e en clases particulares con matemáticos como como Koeningsberg, e Du Bois-Raymond. Tras doutorarse, traballou facendo investigacións matemáticas en Berlín e París, onde coñeceu a Hermite, Poincaré e Picard, e foi elixida membro da Sociedade Matemática. En 1884 convértese na primeira muller catedrática en ciencias en Europa, contratada pola Universidad de Estocolmo. Pouco despois, a Academia Imperial de Ciencias Rusa noméaa académica, porén seguían sen permitirlle ser profesora en Rusia

CAUCHY- KOVELASKAYA

Matemáticas Teoremas

Ler máis

Mary Lucy Cartwright (1900-1998). Graduouse na universidade de Oxford en 1923, No 1930 obtuvo unha beca de investigación en Critón College, na universidade de Cambridge. Ese mesmo ano foi a primeira muller matemática nomeada membro da Royal Society, e tamén a primeira en presidir a Sociedade Matemática de Londres. Traballou co matemático Littlewood en ecuacións diferenciais que serviron como modelo para o desenvolvemento da radio e o radar.

Cartwright

Matemáticas Teoremas

Ler máis

MarIna Ratner (1938-2017) foi unha matemática rusa cuxos traballos no teoría ergódica deron como resultado varios teoremas que levan o seu nome. Namorouse das matemáticas desde nena e a súa dedicación e o alto nivel educativo nas cidades da Unión Soviética permitíronlle profundar na álxebra e da xeometría. Resolver problemas matemáticos converteuse nunha paixón. Despois de doutorarse, exerceu xcomo docente en Israel e, máis tarde, na Univerisdade de Bekerley.

Ratner

Matemáticas Teoremas

Ler máis