Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

DO MAR

NOVAS PALABRAS

como se chama?

Compañía de María-Ferrol

PEIXE SAPO

ÁNCORA

OLLOMOL

ROBALIZA

ANZOL

BOIA

DORNA

BATEA

XARDA

TRUEIRO

Embarcación con quilla alta e cadernas, proa bicuda, roda bastante lanzada, popa en estampa, aparellada con vela relinga a terzo.

Viveiro que consiste nunha plataforma ancorada no mar da que penden varias cordas, onde se cría o mexillón ou outros moluscos.

Peza de ferro grande e pesada que consta de dous gallos ou uñas e que, suxeita por unha cadea, se tira ao fondo para manter firme e segura unha embarcación.

Peixe mariño da familia dos espáridos, co corpo alongado e comprimido lateralmente, ollos grandes e brandos, de cor rosada nos costados e no ventre e cunha mancha escura onda as aletas laterais, moi apreciado pola súa carne branca e saborosa.

Peixe mariño da orde dos perciformes, de corpo alongado, cor gris prateada, máis escura no lombo, con dúas aletas dorsais, moi voraz e de carne moi apreciada, que pode chegar a medir un metro e a pesar doce quilos.

Gancho de metal acabado en ángulo agudo, que se sostén por un fío ou tanza e no que se pon un engado para pescar.

Aparello de pesca que consiste nun aro cunha rede en forma de saco, atado a un mango longo.

Obxecto que flota ou aboia e que se coloca suxeito ao fondo do mar para que sirva de sinal.

Peixe fusiforme da familia dos escómbridos, de cor verde ou azul irisada con listas verticais negras no lombo e prateada ou branca no ventre.

É un peixe branco de auga salgada que vive no fondo do mar ata 500 metros. Ten unha cabeza e unha boca moi grande en comparación co resto do corpo.