Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Por Alejandra Balanza Ríos

HANNAHARENDT

9- OUTRAS OBRAS

8- EICHMANN EN XERUSALÉN

2- FILOSOFÍA I

3- FILOSOFÍA II

4- FILOSOFÍA: CONCLUSIÓN

5- FILOSOFÍA: INFLUENCIAS

6- FEMINISMO

7- AS ORIXES DO TOTALITARISMO

1- BIOGRAFÍA

//índice

Hannover, 14 de outubro - Nova York, 4 de decembro de 1975

//Hannah Arendt

Hannah Arendt foi unha filósofa, socióloga e teórica política alemá de orixe xudía. A pesar de que chegou a rexeitar a etiqueta de filósofa, é considerada unha das pensadoras máis importantes do século XX.Estudou filosofía e grego e non se interesou na política. Isto cambiou en 1931, co ascenso ao poder dos nazis. O seu compromiso político aumentou en 1933 coa toma do poder de Hitler, o incendio do Reichtag e a súa breve encarcelación por colaborar cunha organización sionista. Ese mesmo ano logrou escapar a París co seu primeiro marido. Divorciouse del poucos anos máis tarde e, en 1940, casou con Heinrich Blücher. Ese mesmo ano foi trasladada a un campo de internamento do que logrou escapar. Un ano máis tarde, chegou a Nova York co seu marido e a súa nai. Alí, traballou como periodista e profesora de estudos superiores. É onde residiu ata o seu falecemento.

É a actividade que nos permite decidir quen e como queremos ser. Temos liberdade para actuar. As nosas accións non só nos inflúen a nós, senón tamén aos demais. Así que ao actuar debemos reflexionar sobre as normas que estamos a seguir, cuestionalas. Nunca debemos obedecer cegamente sen pensar.

Acción Pluralidade

Creamos e construimos o mundo no que vivimos a través da acción do traballo.

Traballo Mundanidade

Considera labor todas aquelas actividades que nos permiten manternos vivos.

Labor Vida

No pensamento filosófico de Hannah Arendt ten grande importancia a actividade. Divide todas aquelas actividades que realizamos en tres grandes grupos, os cales relaciona con tres condicións da vida humana:

//filosofía

Existe outro tipo de mal: o "mal radical". Estas persoas si cuestionan os seus actos e valoran as súas consecuencias tanto sobre eles mesmos como sobre os demais. Mais actúan igualmente sen importarlles o dano ou sufrimento que poden causar a outras persoas. O "mal radical" é o exercido polos líderes fascistas e totalitarios. Pero para manter e alimentar o seu poder necesitan contar con seguidores que exerzan o "mal banal". Persoas que os obedezan cegamente sen cuestionar ou razonar.

Mal radical

Mal banal

A actuar sen pensar, Arendt chámalle "mal banal". Este tipo de mal consiste en obedecer e seguir ordes morais sen cuestionalas. Este tipo de persoas son ignorantes. Non sinten remorsos cando as súas acción causan algún mal porque non cuestionan as súas accións. Non son, polo tanto, plenamente conscientes do seu impacto.

//filosofía

Posiciónate

Reflexiona

Cuestiona

Pensa

En conclusión, a filosofía de Hannah Arendt amósanos cal é a principal ferramenta contra os totalitarismos: pensar por nós mesmos.

//filosofía: conclusión

  • Kant
  • Heidegger
  • Karl Jaspers
  • Goetehe
  • Karl Marx
  • San Agostín
  • Sócrates
  • Aristóteles

//filosofía: influencias

Hannah Arendt apenas falou do feminismo (ela posicionábase bastante en contra de calquera "ismo") ou dos problemas da muller. E as escasas veces que tratou o tema, as súas ideas causaron certa controversia. De feito, foi acusada por críticas feministas na súa época de reforzar as diferencias de xénero coa súa obra.Neste caso, decidiu deixar a súa opinión sobre a cuestón da muller algo máis afastada da mirada pública. Pero é seguro dicir que Arendt rexeitaba apartar os problemas da muller de cuestións pol´ticas con maior alcance e magnitude

//feminismo

Este libro é considerado a obra principal da teoría política de Hannah Arendt. Para moitos é unha das obras máis importantes do século XX. Está dividido en tres volumes:-I: Antisemitismo.Describe o auxe do antisemitismo en Europa a principios e mediados do S. XIX. Ademais das condición previas que o causaron e como foi o ascenso en si.-II: Imperialismo.Arendt examina o "Novo Imperialismo" (1884 a 1914). Investiga o nacemento do racismo como unha ideoloxía e como é utilizado como arma polo imperialismo. Considera que, xunto coa burocracia, este é o rasgo máis característico do imperialismo colonialista.-III: TotalitarismoNeste volume explica que o totalitarismo é unha forma de goberno diferente a outras formas de opresión política. Isto é porque en vez de atacar só a adversarios políticos, céntrase tamén en aterrorizar ás masas para dominalas. Neste volume final amosaa mecánica detrás destes movementos. Céntrase especialmente na Unión Soviética e na Alemaña Nazi.

//As orixes do totalitarismo (1951)

Hanah Arendt escribiu un ensaio sobre o xuízo de Adolf Eichmann, un criminal de guerra alemán de alto rango no réxime nazi. Primeiramente, redactouno para o New York Times.A polémica que causou foi enorme. Arendt foi acusada por moitos de xustificar as accións dos nazis, de darlle a espalda ao seu pobo e incluso de odialos. Nesta obra, afirma que Eichmann era culpable de non pensar. Di que a pesar do que puidese parecer, el non era realmente antisemita nin malvado por natureza. Senón que anulou a súa capacidade de pensar por si mesmo e cuestionar a lei. El dixo múltiples veces no seu xuízo que "so obedecía ordes" e "cumpría co seu deber". O que escribiu Arendt foi malinterpretado como unha xustificación do que fixera Eichmann. Pero non era así en absoluto. Ela cría que Eichmann era culpable, por suposto. Mais moita xente non soubo interpretar o ton irónico do seu ensaio e que non era un mero artículo periodístico senón que era un texto filosófico máis que nada.

//Eichmann en Xerusalén (1963)

Sobre a revolución(1963)

Rahel Varnhagen: vida dunha muller xudía (1958)

A condición humana(1958)

//outras obras

//"Ninguén pode ser feliz sen participar na felicidade pública, ninguén pode ser libre sen a experiencia da liberdade pública, e ninguén, finalmente, pode ser feliz ou libre sen implicarse e formar parte do poder político."-Hannah Arendt