
Agora que xa damos por rematado este curso tan diferente, dende o equipo docente do CEIP Plurilingüe de Seixalbo, queremos en primeiro lugar felicitar a todos os nosos nenos e nenas que demostraron nestes meses ser moi valentes. VÓS SI QUE NOS DÍCHEDES UNHA GRAN LECCIÓN A TODOS OS MAIORES!
E felicitar tamén a todas as familias que tanto vos involucrástedes e tanto axudáchedes neste tempo. Por todo isto MOITAS GRAZAS A TODOS!
Explicarvos que segundo as “Instrucións do 28 de maio de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020” e polas circunstancias excepcionais NON se rexistrarán cualificacións da terceira avaliación. Si aparecerán as da 1º avaliación, 2º avaliación e avaliación final.
As cualificacións finais do curso 2019-2020 serán publicadas por Abalar Móbil o xoves 18 de Xuño a partir das 20:00 horas.
