Want to make creations as awesome as this one?

Biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán

Transcript

Equipo de biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán

Lectoras

Recomendacións

Peludo es un monstruo muy grande. Peludo siempre está enfadado. Peludo está muy solo. ¿Tendrá que ver con su mal humor? Los pequeños rapónchigos huyen de él

Pápote a bicos

Atende, Antón. Se non me escoitas, non che contarei máis contos. O animal observou a nena abraiado.«Estará enfadada? Non entendo por que me di iso.»“Nina e Antón”plasma un momento cotiá entre unha nena e o seu gato, que manteñen un tenro diálogo: as palabras delaentretécense cos pensamentos del, ata o punto de que parecen entenderse. A converxencia entre o relato sinxelo e descritivo de Antonio Ventura e as ilustracións minimalistas de Alejandra Estrada acada a súa plenitude coa identificación cromáticaentre a voz e a figura de cada protagonista.

Nina e Antón

No mundo hai moitas nenas e moitos nenos. Miles de millóns. E non hai dous que sexan iguais. Cada unha, cada un, é nena ou neno á súa maneira. Hai quen leva o pelo longo e quen o leva curto. Quen leva pendentes e quen non. Moitas nenas disfrázanse de princesa e algúns nenos tamén. E hai nenas que se disfrazan de pirata, como moitos nenos. Cada nena é nena á súa maneira. Cada neno é neno á súa maneira. E que bonito é que cada unha, que cada un, poida ser como é!

Nenas e nenos: Cada unha, cada un, diferente

Es un cuento para ayudar a los niños a gestionar sus pensamientos negativos y frustraciones. Gabriel de 8 años creó este cuento para ayudar a otros niños a superar sus frustraciones y enfados cuando algo no sale del todo bien. Con este objetivo, y con la ayuda de su hermano Adrián de 5 años, creó la mayoría de ilustraciones que aparecen en el cuento. Cuando terminaron de dibujarlas, sus padres Marcos y Natalia llenos de orgullo y emoción, les ayudaron a definir el guión y publicarlo.

Mamá hay un monstruo en mi cabeza

Antología de poesía gallega para niños editado por Susaeta ediciones

Antoloxía de poesía galega

Alberto está cansado de ser REQUETEBUENO, así que un día, sin más, decide convertirse en el niño más travieso del Universo. Una historia escrita por José Carlos Román para niños y niñas "muy buenos"

El niño más travieso del mundo

Libro ilustrado pensado para crianzas de todas as idades que percorre moitas áreas da identidade nacional galega: xeografía, historia, lendas, personaxes célebres, festas e celebracións, símbolos… Un percorrido visual útil para aprender a coñecernos mellor como pobo, desenvolvido con mestría por César Cequeliños e por Jorge Campos, premio da Gala do Libro 2017 polo seu cómic Alter·Nativo.

Atlas da Galicia pequeniña

Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador vello, pero da segunda non hai maneira de librarse. Chámanlle así polo avó Edelmiro, e el tampouco lle gusta nada porque é un verdadeiro túzaro. Por iso, cando o seu pai lle anuncia que pasará o verán co avó en Marabilia, Edelmira non pode crelo. Van ser uns meses terribles!

Tres bichicomas, dúas illas e unha serea

Velaí, en harmoniosa compaña, vinte lendas con cadanseu poema. Lendas extraídas das raiceiras da nosa tradición, a maioría pouco coñecidas, moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada; poemas que, como fillos da fantasía que son, tiveron que ser arrincados dos «recantos do … cerebro, anicados e espidos» pois semella que agardaban «en silencio que a arte os vista da palabra para podérense presentar decentes na escena do mundo»(G. A. Bécquer: Introdución a Rimas y Leyendas).

Lendo lendas, digo versos

O Club de Baloncesto da Carrasquiña non pasa polo seu mellor momento Cando ían perdendo todos os partidos e as xogadoras e xogadores estaban a piques de tirar a toalla, aparece, como enviado polo destino, un novo e curioso adestrador que os converterá na auténtica Banda dos Insectos

PASANDO A BÓLA A Banda dos insectos

Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia.Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida.

Kusuma

Vampira de biblioteca (Ledicia Costas)

Esta non é unha historia calquera. É a miña historia. Preguntarás quen son eu. Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo. Así que se es desas persoas que non cre na existencia de criaturas coma min, é mellor que non abras este libro, que o coloques nun andel e te esquezas de todo isto para sempre. Fin. Ou tamén podes atreverte a continuar. Mais para iso debes darme unha mostra de confianza e pasar unha proba. Atréveste

-Era dúas veces o barón Lamberto- é un relato divertido e disparatado que, ao longo de doce capítulos e un epílogo, conta as peripecias dun ancián e adiñeirado aristócrata que, poñendo en práctica un antigo remedio exipcio, experimenta unha progresiva melloría na súa saúde, entre outros sorprendentes efectos. Trátase dun texto cunha elaborada estrutura narrativa, chea de puntos de inflexión que introducen novos personaxes e tramas que manteñen en vilo a atención e o interese lector.

ERA DUAS VECES O BARON LAMBERTO

O equipo de biblioteca deséxavos un bó verán