Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

os animais

NOVAS PALABRAS

como se chama?

Compañía de María-Ferrol

Classroom

COELLO

BOLBORETA

ESQUÍO

POLBO

GOLFIÑO

SAPOCONCHO

PÍNTEGA

XOANIÑA

CÁGADO

XABARIL

CADELA

VACALOURA

Insecto da familia dos coccinélidos, do que a especie máis común é a Coccinella septempunctata, que se caracteriza pola súa forma arredondada, con élitros de cores vivas, xeralmente vermellos e con sete puntos negros.

Anfibio da familia dos salamándridos coa pel lisa e brillante, de cor negra con manchas amarelas.

Réptil da familia dos emídidos, do que existen varias especies, que en Galicia hiberna enterrado na lama do fondo das pozas onde vive, e se alimenta de insectos, vermes e moluscos.

Larva dos anfibios da orde dos anuros de corpo groso e cola longa.

Cetáceo mariño da familia dos delfínidos, de dous a tres metros de lonxitude, segundo as especies, que ten as mandíbulas prolongadas e estreitas, dotadas de numerosos dentes, cor gris, azul ou branca e a aleta dorsal curvada cara a atrás.

Molusco mariño sen cuncha da clase dos cefalópodos, de corpo globoso e oito brazos ou tentáculos con dúas filas de ventosas, chamados raxos.

Mamífero roedor do que existen diversas especies, de rabo moi peludo e longo que se cría nos bosques e se alimenta de froitos, insectos, ovos etc.

Mamífero salvaxe da familia dos súidos moi semellante ao porco doméstico, de pelame mesto e forte, cor escura, gris ou negra, e os canteiros superiores moi desenvolvidos e aguzados nos machos.

Femia do can, adulta ou cría.

Mamífero da familia dos lepóridos coas orellas tan longas como a cabeza e as patas traseiras máis longas ca as de diante que vive en estado salvaxe e tamén se cría como animal doméstico para aproveitar tanto a súa carne como a súa pel e do que existen varias especies.

Insecto pertencente á orde dos lepidópteros, do que existen múltiples especies, que ten dous pares de ás de variadas e vistosas cores cando é adulto e un aparello bucal en forma de trompa que lle serve para chuchar o néctar das flores.

Insecto de gran tamaño da orde dos coleópteros, de cor negra e loura, que, no caso do macho, ten dúas mandíbulas semellantes a cornos en forma de arco.