Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Educación Infantil

Curso 2020/2021

BENVIDAS, FAMILIAS

Educación Infantil

12

11

10

Grazas!

Celebramos

O noso blog

Feliz cumple!

Xa vou ao cole

O noso día a día

Preciso da túa axuda

O noso alumnado

Periodo de adaptación

Presentámonos

Finalidade da etapa

ÍNDICE

A educación infantil constitúe a etapa educativa con identidade propia que atende a nenas e nenos desde o nacemento ata os seis anos. (Decreto 330/2009, 4 de xuño)

EDUCACIÓN INFANTIL

A finalidade da educación infantil é a de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e dos nenos. (Decreto 330/2009, 4 de xuño)

EDUCACIÓN INFANTIL

  1. Coñecer o seu propio corpo e as súas posibilidades de acción.
  2. Observar e explorar o contorno familiar, natural e social.
  3. Adquirir autonomía nas actividades habituais.
  4. Desenvolver as súas capacidades afectivas.
  5. Relacionarse cos demais.
  6. Desenvolver habilidades comunicativas.
  7. Iniciarse nas habilidades lóxico matemátias e achegarse á lectura e escritura.
  8. Sentir o xesto, movemento e ritmo.
  9. Achegarse ao uso das novas tecnoloxías.

OBXECTIVOS DA E. INFANTIL

Somos catro mestras especialistas en educación infantil, ademais imparten docencia no ciclo mestres especialistas en ingés, psicomotricidade, música, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe, e relixión (católica e evanxélica).

PRESENTÁMONOS

Profe María

Especialista en educación infantil

Profe Isabel

Especialista en educación inafntil

Profe Regina

Especialista en educación infantil

Profe Rosa

Especialista en educación infantil

EQUIPO DE E. INFANTIL

Características dos nenos de tres a seis anos.

O NOSO ALUMNADO

  • Adoitan falar en soliloquio.
  • Teñen frecuentes rabietas.
  • Xogan xunto a outros nenos pero non con eles.
  • Aumento paulatino do control da atención.
  • Progresivo aumento da súa capacidade psicomotora.
  • Refíreno todo á súa propia experiencia.
  • Non son quen de dar marcha atrás aos seus razoamentos.

NENOS DE 3/4 ANOS

  • Acadan grande autonomía: poden soar o nariz, usar os cubertos, vestirse...
  • Fan un maior uso da linguaxe para comunicar os seus desexos.
  • O seu razoamento segue a ser intuitivo.
  • Son imaxinativos e espontáneos.
  • Gústalles escoitarse a si mesmos e experimentar coas palabras.
  • Realizan moitas preguntas ao adulto no seu intento de descubrir o mundo.

NENOS DE 4/5 ANOS

  • A súa atención é máis duradeira.
  • Teñen un gran desenvolvemento lingüístico.
  • Aumenta a súa sociabilidade, precisan dos outros nos seus xogos.
  • A súa percepción segue a ser global.
  • Acadan gran destreza motora.
  • Comezan a definir a súa lateralidade.
  • Son máis realistas e menos fantasiosos que aos catro anos.
  • Son quen de seguir secuencias temporais.

NENOS DE 5/6 ANOS

O período de adaptación constitúe un proceso de transición no que o neno pasa do seu entorno familiar a un novo espazo descoñecido para el: a escola. A lei regula a súa implantación e duración.

PERIODO DE ADAPTACIÓN

Moita paciencia: cada neno experimenta un período de adaptación diferente.

Mantede unha actitude tranquila e de comprensión cara ao neno, é unha situación nova para el.

Sede puntuais na entrega e recollida dos nenos para evitar angustias innecesarias.

Despedídevos sempre dos nenos pero de forma curta e rápida.

Non introduzades ningún outro cambio importante para o neno durante este período para non incrementar a súa inseguridade.

AXÚDAME A ADAPTARME

Transmitide sempre ao neno unha imaxe positiva da escola, sen utilizala como ameaza.

Familias, comeza un tempo novo na vida do voso fillo. Deixa atrás a súa etapa como criatura dependente e inicia outra na que deberá desenvolver unha autonomía crecente. Etapa que deberemos impulsar entre a familia e a escola porque ambos temos un obxectivo común: o desenvolvemento de todas as súas potencialidades.

XA VOU AO COLE

A miña roupa

A miña bolsa da merenda

XA VOU AO COLE

O meu mandilón

Vou eu só ao wc

Cintas para colgar

XA VOU AO COLE

O meu calzado

A xornada de educación infantil desenvólvese seguindo certos hábitos e rutinas diarias que proporcionan seguridade e equilibrio afectivo ao neno e potencian a súa autonomía. Estas son algunhas das rutinas que seguimos en educación infantil.

HÁBITOS E RUTINAS

ASAMBLEA

ASEO

O NOSO DÍA A DÍA

MERENDA

RECREO

CONTO

Para celebrar o meu aniversario compartirei un biscoito caseiro cos meus compañeiros

O pirata pata de lata

CELEBRAMOS E APRENDEMOS

Entroido 2020

Contamos cunha pequena fiestra a través da que compartimos coas familias o acontecer na vida dos pequenos.

O NOSO BLOG

En la educación todos aprendemos: familias, educadores, niños... ¡¡Hagámoslo posible!!

Benvidos ao noso cole

GRAZAS!