Want to make creations as awesome as this one?

No description

More creations to inspire you

VANDANA SHIVA

Interactive Image

DESMOND TUTU

Interactive Image

BERTA CÁCERES

Interactive Image

CRAIG HODGES

Interactive Image

VIRTUAL LIBRARY

Interactive Image

TRAIN

Interactive Image

Transcript

SIGNIFICADO: Delaviuda é unha marca de turrón e polvoróns fundada por Manuel López en 1927. Pero, trala la morte deste durante a Guerra Civil, María Rojas decidiu continuar coa confitería que xunto a seu esposo creara. Desde entón, os veciños renomeárona como a confitería da viúva, e de aí o seu nome. Actualmente ten en plantilla 500 empregados, vene os seus produtos a 70 países e factura 123 millóns de euros. ORIXE: O nome procede de María Rojas, a viúva que se fixo cargo da empresa trala guerra, conseguindo con gran tesón e sacrificio dar continuidade a unha das tradicións familiares mellor conservadas. Isto costoulle moito pois tiña dous fillos pequenos e o negocio para atender, pero iso non desanimou a María pois seguiu co soño do seu marido. Os doces que elaboraba na súa confiteiría eran os máis apreciados da provincia de Toledo e, cos anos, o negocio seguiría aumentando en todo o país.

DEFINICIÓN: As gildas son un tipo de pincho, banderiña ou tapa, que se serve especialmente nos bares e tabernas da parte norte de España. Este pincho prepárase con aceitunas e guindilla e cunha conserva de pescado, xeralmente anchoas, unidas por un pau.ORIXE: O seu nome foille otorgado por un taberneiro donostiarra, Txepetxa, en referencia ao personaxe principal da película Gilda, que encarnou a actriz Rita Hayworth, unha das actrices máis emblemáticas e glamurosas da época dourada do cine estadounidense. O taberneiro, tralo estreno da película en 1946, fixo una comparación da tapa coa actriz, asegurando que ambas eran verdes, saladas y un poco picantes.

SIGNIFICADO: Baby Ruth é unha barra doce feita de cacahuete, caramelo e chocolate con sabor a turrón, cubertos con chocolate composto (cacao, graxa vexetal e edulcorantes). Actualmente é propiedade da compañía italiana Ferrero. En 1920 a empresa Curtiss Candy remodelou o seu Kandy Kake en Baby Ruth e converteuse no produto máis vendido da categoría de repostería de cinco centavos ao final dos anos vinte en Estados Unidos. En 2006 Baby Ruth converteuse no chocolate oficial da MLB, a máis importante liga de baseball do mundo.ORIXE: Este chocolate recibiu ese nome en memoria de Ruth (1891-1904), a filla morta do presidente de EEUU Grover Cleveland, quen de bebé habitou na Casa Branca, sendo a nena máis querida do país, e que morreu de difteria á idade de 12 anos,.

SIGNIFICADO:O prunus doméstica ou ciruelo europeo é unha especie de pequena árbore pertencente a familia das rosáceas. A especie, orixinaria do Cáucaso, Anatolia e Persia, é ampliamente cultivada en todos os países temperados.ORIXE:Esta variedade de ciruela chamada claudia recibe o nome daraíña Claudia de Francia(1499-1524), da casa dos Valois. Foi duquesa de Bretaña e en 1514 converteuse na esposa do rei Francisco I de Francia, asegurando así que Bretaña seguiría unida á coroa francesa. Era unha muller pequena, débil e enfermiza, aínda que doce, e os sucesivos embarazos propiciaron a súa morte temperá.

SIGNIFICADO: A pavlova é o postre por excelencia de Nova Zelanda e Australia. Trátase dun rico doce, cuxa base é un merengue forneado que se serve con crema batida e froitas e que resulta crocante por fóra e brando por dentro. Cóntase que o chef Herbert Sachse do Hotel Esplanade de Perth creou este postre irresistible en 1926 en honor á excelsa bailarina.ORIXE: O nome desta tarta débese á bailarina rusa Anna Pavlova (1881-1931), que recalou en Australia durante a súa xira mundial. Houbo un antes e un despois no ballet tras a Pavlova, tanto no físico das bailarinas como na liberdade creativa. Mesmo se considera a creadora do zapato pointe moderno. Levou a arte do ballet a todos os rincóns do mundo e foi admirada e recoñecida por todos os que a viron actuar.

SIGNIFICADO:A pizza margarita é unha típica pizza napolitana feita cos seguintes ingredentes: tomate, mozzarella, albahaca, sal e aceite. Trátase da pizza máis popular en Nápoles, xunto a mariñeira. Foi creada en Nápoles en 1889 nas cociñas da pizzería Bracci.ORIXE:O chef Raffaele Espósito obtou por crear unha pizza tricolor en honor á bandeira do país como tributo á raíña Margarita de Saboya (1851-1926), que visitou o sur de Italia na época da reunificación a fin de congraciarse cos seus súbditos. Disque o prato lle gustou tanto á raíña que se puxo de moda e non tardou en popularizarse por todo o país nin en traspasar fronteiras ata converterse nunha das máis apreciadas no mundo.

SIGNIFICADO:Trátase dun postre moi sinxelo que consiste nunha combinación de melocotóns e crema chantilly con xeado de vainilla bañado cunha salsa de frambuesas. Foi creado no ano 1892 polochef Escoffier do Hotel londinense Savoy.ORIXE: Este postre leva o nome da soprano australiana Nellie Melba (Hellen Porter Mitchell 1861-1931), Ao longo da súa carreira, Nellie Melba foi recoñecida de maneira indiscutible como unha cantante extraordinariamente técnica, que cantou en prácticamente todos os teatros de ópera máis importantes da súa época. Tras debutar en Sidney con 25 anos, trasladouse a París, comenzando a ser famosa dende o seu mesmo debut. Para demostrarlle admiración, tras o estreno de Lohengrin, Escoffier decidiu darlle unha sorpresa á cantante colocando este postre entre as alas dun cisne de cristal. Foi na apertura do Carlton Hotel de Londres onde adicou á célebre cantante a súa creación.

SIGNIFICADO: Alimento, bolo ou biscoito feito con ovo, azucre, leite, aceit, fariña levadura e raiadura de limón que poden adoptar diferentes formas debido aos seus moldes.ORIXE: O nome deste alimento provén dunha rapaza francesa chamada Madeleine Paulmier, criada da marquesa Perrotin de Baumont, que no ano 1755 tivo que elaborar estes pasteis rapidamente, tralo abandono do cociñeiro habitual quen levou consigo todos os postres. Entón, para poder ofrecerlle algo digno ao rei de Polonia Stanislas Leszczynski, a rapaza púxose mans á obra e salvou a situación. Ao rei gustáronlle tanto os bolos presentados que propuxo darlle o nome da rapaza a eses doces tradicionais que eran unha receita da súa avoa.

DEFINICIÓN: A sopa xuliana, tamén chamada minestrone, é un prato procedente do norte de Italia. Trátase dunha sopa de verduras variadas troceadas á xuliana (cortando as verduras en tiras moi alargadas e finas). Normalmente esta sopa véndese desecada, pero tamén fresca. Ademais, unha vez cociñada ten moito valor nutritivo.ORIXE: Hai varias versións da orixe da sopa xuliana, pero a que se achega máis á realidade é a que di que foi Jeanne Julie de Lespinasse(1732-1776), unha famosa salonnièreou organizadora de reunións sociais, que vivía en París, na Rue Bellechasse, a mediados do século XVIII. Alí puxo de moda a sopa xuliana.

DEFINICIÓN:A Tarta Tatín é unha variante da tarta de mazá. Pero, neste caso, as mazás están caramelizadas con manteiga e azucre, antes de incorporar a masa. Esta tarta, creada en 1889, é moi diferente ás demais e moi orixinal, posto que no proceso de elaboración está ao revés,invertida, as mazás debaixo e a masa enriba. ORIXE:A súa orixe foi accidental, ocorreu no Hotel Tatín en Lamotte-Beuvron, Francia, que estaba dirixido por dúas irmás, Stéphanie e Caroline Tatín,das que deriva o nome da tarta. Un día Stéphanie despistouse e fixo que as mazás se cociñasen de máis. Para non desperdicialas púxolles pasta por enriba, volveu a enfornalas, e unha vez saídas do forno, con moito coidado, deulles a volta. O resultado foi a coñecida Tarta Tatín.

Definición:Tarta que está formada por un esponxoso biscoito xenovés, empapado en caldo de azucre, recheo e recuberto dunha crema de manteiga e decorado con améndoa laminada e cereixas.Orixe:Leva o nome da actriz francesa de teatro e cinema que é considerada a actriz máis importante do século XIX e a máis famosa da historia,Sarah Bernhardt (París, 1844-1923)