Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Ola de novo, rapazada! Como estades? Outra vez volvemos precisar da vosa axuda porque pasou algo terrible. Vós non sodes conscientes porque estades dentro desta axencia secreta, pero no resto do mundo desapareceu a escritura, porque nunca se creou. Isto supón un problema moi grande, así que precisamos que viaxedes no tempo para corrixir este importantísimo erro. Para volver ter a escritura teredes que pasar por unha serie de probas que confiamos que resolveredes sen problema. Vos deixamos un vídeo de axuda por se o precisades.Se estades preparadas e preparados premede da frecha!

Play

O primeiro que tedes que facer é escribir ao ano que temos que viaxar no tempo para que se cree a escritura. Para iso, teredes que consultar o ano aproximado no que apareceu e premer nos botóns de números e letras que aparecen aquí.

0

1

2

3

4

5

6

7

8

9

A

C

D

Efectivamente! O ano no que apareceu a escritura foi aproximadamente o 3500 AC. Aquí tedes unha tarefa moi importante, pero está codificada. Para saber o que tedes que facer debedes cambiar os símbolos polas letras que corresponden e adiviñaderes a misión. Cando rematedes, premede na frecha.

Todos os motivos que aportades son válidos. A esritura é moi importante, pero onde apareceu e por que? Sempre foi como a coñecemos agora?

Efectivamente apareceu en Mesopotamia e Exipto! Pero non sempre se escribiu en papel, porque non había. Investiga en que outras superficies se podía escribir e intenta representar algunha con cousas que teñas por casa (plastilina, pintar papel...)

Hai un invento importantísimo para a escritura, cal é? Investiga un pouco sobre ela: cando se inventou, quen a inventou, como funcionaba... Para pasar á seguinte misión tes que marcar o ano no que apareceu este invento.

0

1

2

3

4

5

6

7

8

9

FANTÁSTICO! Con toda esta información cambiaches o pasado para que nada cambie no presente. A escritura está a salvo contigo, pero para comprobalo, colle un libro e abre pola páxina que máis che apeteza, se aparecen palabras é que completaches a misión con éxito rotundo. Para comprobalo, cando nos envies todos os datos envíanos tamén foto do libro. Contaremos contigo para a próxima. Ata pronto!!