Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

LECTURA COMPRENSIVA

Nesta actividade tes que ler con moita atención os textospara contestar ás preguntas.

COMEZAR

Ola! Eu son Ana e vouvos contar por que me gustaría ser veterinaria. Desde pequena, participo como voluntaria na protectora de animais "Bai Sen Pulgas", por iso, aprendín a coidar dos animais e a saber o importantes que son para a nosa vida.Gustaríame estudar veterinaria para poder axudalos máis.Creo que son moi importantes para a nosa vida. O biólogo Edward Osborne di que os animais aportan grandes beneficios para a nosa vida, como por exemplo: manter limpo o medio ambiente, facernos compañía e incluso participar en terapias de psicoloxía para superar trastornos mentais.

Le o 1º texto e preme no recadro que se relaciona co texto.

Ana quere estudar veterinaria porque lle gustan os animais e así podería ter a súa propia protectora de animais,.

Ana quere estudar veterinaria porque lle gustaría ser bióloga, como Edward Osborne.

Ana quere estudar veterinaria porque pensa que é importante axudar aos animais, xa que son importantes para a nosa vida.

Le o 2º texto e preme no recadro que se relaciona co texto.

Ola! Eu son Alexandre e vouvos contar por que me gustaría estudar enfermería.Desde hai un ano, vivimos con miña bisavoa. Chámase Rosa e gústalle moito contarme historias de cando ela era pequena. Case sempre remata dicindo "canto cambio a vida, filliño".A min gústame moito escoitala, sobre todo, cando me conta a historia de súa nai, que era a curandeira da aledea. Daquela, non había hospitais como os de agora, por iso a xente tiña que se axudar a curar con remedios que ían aprendendo uns dos outros. Cando mas conta, eu imaxínome sendo enfermeiro e podendo axudalos cos meus coñecementos.Gustaríame axudar a xente que máis o necesita, viaxando como voluntario aos países onde case non hai hospitais nin mediciñas e a xente necesita de axuda humanitaria.

Alexandre quere estudar enfermería para curar á xente da aldea da súa bisavoa.

Alexandre quere estudar enfermería para curar á xente de países con poucos recursos sanitarios.

Alexandre quere estudar enfermería para ser voluntario e viaxar a outros países.

Le o 2º texto e preme no recadro que máis se relaciona co texto.

Ola! Eu son Carolina e vouvos contar por que me gustaría estudar enxeñería.Meu tío tivo un accidente no traballo e quedou parapléxico, por iso agora necesita dunha cadeira de rodas. Nós imos visitalo a súa e axudámoslle a preparar algunhas comidas. Cando estamos na cociña, meu tío sempre se queixa do incómoda que é para moverse nela cunha cadeira de rodas. E logo empeza tamén a queixarse do Un día, ocorréuseme regalarlle un debuxo de como lle adaptaría eu os mobles da cociña para que non lle sexan incómodos. Gustoulle tanto que me pediu que tamén lle adaptae os do baño, os da habitación e ata... as rúas do concello!Con isto, dinme conta da necesidade de construír os espazos pensando en todas as persoas e nas dificultades que podemos ter algún día. Por iso quero ser enxeñeira e poder deseñar espazos con recursos adaptados para todas as persoas.

Carolina quere estudar enxeñería para axudar a seu tío .

Carolina quere estudar enxeñería para cambiar as rúas do concello.

Carolina quere estudar enxeñería para poder crear espazos e recursos adaptados para todas as persoas

Agora imos poñer a proba a nosa memoria...

Ana quería estudar...

Enfermería

Enxeñería

Veterinaria

Agora imos poñer a proba a nosa memoria...

Alexandre...

Axuda á xente como enfermeiro.

Imaxína que é enfermerio e axuda á xente.

Debuxa como sería a casa adaptada para o seu tío.

Agora imos poñer a proba a nosa memoria...

Carolina...

Goza escoitando as historias de súa avoa.

Axuda a seu tío a preparar as comidas.

Axuda no coidado dos animais da protectora "Bai Sen Pulgas".

Moi ben!Tarefa rematada!