Felicito a...
convafer
Created on June 5, 2020
Over 30 million people build interactive content in Genially.
Check out what others have designed:
GROUP 1
Personalized
ENGLISH SPEAKING WORLD
Personalized
REVIEW: THE FAULT IN OUR STARS
Personalized
10 AWESOME MIDDLE SCHOOL PRIDE NOVELS
Personalized
INSPIRATIONAL EXAMPLE - JOB OFFER
Personalized
INMUNE SYSTEM
Personalized
CHARLOTTE'S WEB BOOK PROJECT
Personalized
Transcript
FELICITO A...
FELICITO A...
...Beti,a miña irmá,que é amable e divertida. Porque me axuda e me fai compañía cando o necesito. Sen ela a corentena tería sido moito máis longa e aburrida. Abel
FELICITO A...
...a miña nai e a todos os que traballan no supermercado. Ela non puido estar con nós porque tiña medo a contaxiar a miña irmá e a min. Sen ela e os seus compañeiros a xente non podería comprar para comer, e así poder levar estes días mellor. Ada
FELICITO A...
...os sanitarios, que están facendo un labor extraordinario. Sen eles non poderiamos vivir. Martín
FELICITO A...
...os agricultores que seguiron traballando, porque sen eles non teriamos froitas nin hortalizas para comer. Lucía
FELICITO A...
...a miña irmá Alejandra por estar ao meu lado durante toda a corentena porque se non tería que ver as películas soa e sería moito máis aburrido. Sen ela non habería tanta diversión na casa e tería que xogar todo o rato soa. Daniela
FELICITO A...
...a miña nai Marina, que o 13 de xuño é o seu aniversario. É moi boa con todos nós! Sen ela a casa estaría un pouco desordenada, aínda que meu pai tamén fai cousas nela. María
FELICITO A...
...o meu pai Sergio que é moi bo con toda a familia e porque tivo que estar traballando toda a corentena para que non nos faltara de nada. Sen meu pai e a miña nai non teriamos unha vida sen preocupacións. Diego
FELICITO A...
...a miña nai porque me axuda cos deberes aínda que estea traballando. Sen ela, eu faríame un lío. Carla
FELICITO A...
...os agricultores porque nos traen comida. Sen eles non teríamos para comer e morreríamos. David
FELICITO A...
...a miña irmá Noa, que é graciosa, amable e xenerosa ao xogar comigo todos os días, porque sen ela estaría aburridísima. Con ela xogo na piscina, na colchoneta, bailo... Vera
FELICITO A...
...a miña avoa Rosa que é boa e moi amable porque me estivo coidando e axudando nas miñas tarefas. Sen ela non podería comer eses pratos tan ricos que me prepara. Nayhara
FELICITO A...
...a miña nai porque estivo estes días comigo coidándome. Fíxome a comida e foi moi boa, sen ela non podería comer nin facer os deberes. Encántame estar con ela, xogamos moito, ensineille a xogar ao xadrez e ela a min a cociñar un pastel para o meu aniversario. Mateo
FELICITO A...
...os meus pais que fixeron todo o posible para que me divertira e o pasase ben nestes tempos estraños, porque se non estiveran non o pasaría tan ben. Sen eles non podería sorrir e desfrutalo tanto como agora. Aldara
FELICITO A...
...os médicos porque neste momento teñen moito traballo nos hospitais. Sen eles os que están mal, quedarían mal. Miguel
FELICITO A...
...a miña nai, que é moi boa, porque esta tempada tivo que traballar moito, servindo a comida aos enfermos. Cando tiña tempo libre, axudábame coas tarefas e xogaba comigo. Sen ela non tería quen me fixese a comida e me comprara cousas. Paula
FELICITO A...
...todos os policías porque están pendentes de nós. Sen eles moita xente non cumpriría as normas. Marta
FELICITO A...
...a miña nai Carmen porque sen ela non podería estudar, facer nas fichas as preguntas máis difíciles e ademais morrería de fame. E verdade que algunhas veces está enfadada, pero no fondo é moi cariñosa. Antía
FELICITO A...
...todos os que cumpriron as normas e quedaron na casa porque era moi importante para a saúde de todos. Sen eles seguiriamos neste pesadelo polo coronavirus. Cristina
FELICITO A...
...o meu avó porque está so en casa e aguantou todo este tempo sen vernos; adoitábamos comer con el todos os sábados. Sen el non existiría e este sábado por fin comeremos xuntos. Tamén adoro ao meu curmán Adrián. Yare
FELICITO A...
...a miña nai que é a mellor de todas, porque ela me axuda cos deberes, faime a comida, cóidame e lévame ó seu traballo, aínda que ás veces tamén vou con meu pai. Sen ela quedaría só e non tería quen me coidara nin xogara comigo. Quérote mamá! Xoel
FELICITO A...
...a miña nai porque estivo sempre comigo. Faime tartas moi ricas e axúdame a facer os deberes. Con mami todo é máis divertido. Gabriel
FELICITO A...
...a miña tía Isabel coñecida como "Tita", porque traballa no hospital do Chuac en limpeza e porque xoga moito comigo. Sen ela o hospital non estaría limpo e desinfectado e eu divertiríame menos. Breogán
FELICITO A...
...a miña irmá Manuela que é moi amable e doume moito cariño estes días porque sen ela sentiríame aburrida e non tería con que xogar. Sen ela estaría na casa soa e ademais así os meus pais poden ir traballar. Lola.
FELICITO A...
...o alumnado de 3ºB e as súas familias polo esforzo realizado durante este período.Sen eles e o seu compromiso, o noso traballo como profesores non tería sentido.NORABOA!!! Conchi
CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE
3º B