PequeTuronia 2020
MIRTA
Created on May 31, 2020
Actividade virtual de coñecemento e posta en valor do entorno.
More creations to inspire you
ENGLISH IRREGULAR VERBS
Presentation
GROWTH MINDSET
Presentation
BLENDED LEARNING
Presentation
INTRO INNOVATE
Presentation
SUMMER ZINE 2018
Presentation
INTERNATIONAL EVENTS
Presentation
FALL ZINE 2018
Presentation
Transcript
PequeTuronia 2020
"Saímos" ou que?
Ollo, con SENTIDIÑO!!!!
Este curso é algo distinto pero o noso PequeTuronia non pode faltar. Preparádevos para dar unha volta virtual polos nosos pobos:
Goián e Figueiró.
O primeiro é localizar o concello de Tomiño en Galicia. Está situado ao suroeste da provincia de Pontevedra. Limita ao norte con Gondomar, ao norleste con Tui, ao oeste con Oia, ao suroeste con O Rosal e ao sur e leste co río Miño.
...ademais de
Figueiró
e Goián
Parroquias:
Amorín,Barrantes,
Currás, Estás, Forcadela, Pinzás,Piñeiro,San Salvador de Tebra,Sobrada, Taborda, Tomiño, Vilameán...
15
Í
Vai unha voltiña?
A ver cantas sodes capaces de localizar.
Isto quere un paseo.
Non credes?
Empezamos a "nosa andaina" por Goián con este video do grupo San Roquiño co que nos achegan a un ben material e inmaterial: as nosas fontes presentadas por veciños e veciñas que as beberon, as viviron e as coidaron. Tomade asento e disfrutade.
Como a cousa vai de auga, lembrades a Fonte da Torre?
Pois conta a lenda que...
Sacamos do baúl das lembranzas a Stop Motion da lenda goianesa "A Espada do Mouro" realizada co alumnado de 4º de Primaria durante o mes de outubro do 2013 (anda que non choveu nin nada!!!)
Adaptamos a lenda, deseñamos as personaxes e os decorados. Con moita paciencia e risas, fomos construindo esta superproducción foto a foto.Aquí tedes o resultado. Desexamos que a gocedes tanto coma nós como cando a fixemos. Algún día nos veredes nun chimpín polo Festival de Cans.
Agora collemos camiño a Figueiró. Imos polas pistas dende A Torre ata chegar á rotonda dos Pedregales.
E alí mesmo ...
"...ao entrar en Figueiró
o primeiro que se ve
é a Fonte dos Carreiros..."
SARA CARRERA FDEZ.
Seriades quen de localizar
a fonte do campo de Ana María, a fonte do Lago, a fonte da Fonte,a fonte da Tomada,
a fonte das Setefontes, a fonte do Jordeirido....?
Ademais das fontes hai outras construcións: os muíños que tiveron unha gran importancia na vida das persoas no seu momento.Coñecedes algún? Hai algún restaurado?
No video podedes ver un exemplo: un muíño en Santa Comba- A Coruña e o seu funcionamento.
Recoñecedes este sitio? Pensade un chisquiño ou preguntade.
Se non dades coa resposta, premede
Aquí podedes escoitar a Lenda contada por Carlos Sobrino a Iria Muñoz, seguramente, no Campo da Viña.
Esta lenda forma parte do proxecto didáctico Fortes da Guerra de Restauración en Vila Nova de Cerveira e Tomiño, patrimonio inmeterial, Premio da Fundación Antón Fraguas no curso 2012/2013 e realizado por alumnado e profesorado do cole de Goián.
Despois do Caldeirón
toca estar noutra marabilla natural:
a Pedra Furada.
Xa chegamos á escola.
Ata aquí o PequeTuronia virtual poñendo en valor o noso.
Agradecendo a todas as persoas que directa ou indirectamente aportaron o seu granciño de area para facer posible esta actividade.
Grazas
" Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres".
CEIP Pintor Antonio Fernández
xuño 2020