Want to make creations as awesome as this one?

Intenta adiviñar antes de pasar as páxinas

Transcript

ARTUR E EXCALIBUR Conta unha antiga lenda medieval que houbo, hai séculos, un cabaleiro chamado Artur que destacou pola súa afouteza na loita contra os saxóns. O mago Merlín acompañou a Arturo dende moi novo. Cando Arturo cumpriu dezaséis anos, foi enviado a vivir cun ........

cabaleiro chamado Sir Héctor. No seu castelo, Artur ocupábase dos cabalos e de axudar en moitas tarefas. Seguía adicando algún tempo a ler, porque Merlín encargárase de lle ensinar. No castelo de sir Héctor ningúen sabía que o pai de Artur era ..........

o rei Uther, que morreu sen herdeiro coñecido. Algúns cabaleiros propuxéronse atopar ao fillo do rei. Para ser recoñecido como futuro rei de Britania, había que arrincar unha ...

espada que estaba chantada nunha bigornia de ferro. Moitos cabaleiros o intentaran sen éxito. Artur logrouno e foi nomeado rei.Estableceu a corte en Camelot e, para gobernar mellor, contou cun ...

grupo de cabaleiros que se sentaban nunha mesa redonda, para simbolizar que todos tiñan o mesmo dereito a expresar a súa opinión. Durante moito tempo mantívose a paz e o rei viviu feliz coa raíña Xenebra. Nembargantes, en contra do rei estaba a fada Morgana, que era...

a súa propia irmá.Como ocorre con todas as lendas, non se sabe canto hai de fantasía e canto de verdade na historia do rei Artur.