Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

LINGUA E SOCIEDADE

Normalización lingüística

É o proceso tendente a converter unha lingua no vehículo normal de comunicación dunha comunidade. Supón a recuperación dun status de normalidade dunha determinada lingua, é dicir, conseguir que o seu uso oral e escrito sexa natural en calquera das situacións da vida cotiá dos falantes

+ info

En 1983, a Xunta de Galicia promulgou a Lei de Normalización Lingüística, co fin de favorecer a normalización e garantir a igualdade co castelán na administración, no ensino, na prensa, etc. No Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado no 2004 recóllense máis de catrocentas medidas concretas, elaboradas a partir da realidade lingüística de Galicia, para favorecer o uso do idioma nos distintos ámbitos da sociedade e garantir que calquera cidadán poida vivir plenamente en galego.

Praesent sagittis dictum ante id elementum. Praesent convallis olutpat cursus. Mauris rutrum dignissim loem ac euismod. Proin dictum ut orci a.

É o proceso de estandarización ou fixación formal de todo o corpus da lingua. A normativización do galego consiste en dotar a esta lingua dun conxunto de normas ortográficas e morfolóxicas para conseguir o asentamento dunha variante estándar, ó igual que a posúen as outras linguas normalizadas.

Normativización lingüística

Lingua minorizada

+ info

Unha das razóns que poden levar a unha situación de minorización é un proceso de substitución lingüística, pero na maior parte dos casos as linguas minorizadas nunca chegaron historicamente a desenvolver eses rexistros e usos. A competencia desigual con outra lingua de maior prestixio constitúe o factor causante desta situación.

Lingua minoritaria

É un térmo de socilongüística que fai referencia a unha lingua que nunha comunidade é empregada por un número pequeno de falantes. Este cioncepto é independentemente da consideración social das linguas. Son lingua que posúen comparativamente a outra, un número menor de falantes

Lingua minorizada é calquera lingua que, compartindo espazo xeográfico con outra ou outras, ten usos restrinxidos. É aquela que, sendo historicamente propia dun pobo, ve restrinxidas as súas funcións de uso.

En 1982 foron aprobadas as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, editadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega, e que constitúen o texto base para a aprendizaxe da nosa lingua. Este texto foi revisado, actualizado e ampliado posteriormente, saíndo á luz unha nova edición en maio de 1995, e outro no 2003. O galego é, polo tanto, unha lingua normativizada. Unha lingua útil e adaptada ás necesidades da sociedade actual, con presenza no ensino e en espazos públicos coma os medios de comunicación, necesita unha variedade de referencia para os contextos formais. No caso do galego, contamos cunha normativa oficial, as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, que se completa, no terreo do léxico, co Dicionario da Real Academia Galega. Como sucede noutras linguas, as autoridades académicas revisan e actualizan estes dous documentos cando cómpre, e -a pesar da crenza popular- non o fan con máis frecuencia ca as autoridades lingüísticas doutros idiomas do noso contorno, coma o castelán ou o portugués.

A pesar dos progresos do galego en ámbitos diversos, aínda non acadou a categoría de lingua normalizada. Isto só será posible cando poidamos realizar nesta lingua calquera das actividades que podemos facer en castelán, como ir ó teatro, ler diferentes xornais, ir ó cine, estudiar, etc., e cando na nosa sociedade ninguén rexeite o galego e todos saiban usalo de forma natural e espontánea en calquera situación.