Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

O Instituto

Viaxamos cara...

A vida despois de primaria

1. Peculiaridades2. Ademais...3. Consellos

1. Etapa da ESO2. Materias3. Opción bilingüe4. Medidas educativas5. Horario6. Outros datos de interese7. Visionado: neurociencia

01

Peculiaridades

Terán mais asignaturas.Terán mais horas de clase.Terán un maior número de mestres e mestras.Convivirán nun mesmo centro con rapaces e rapazas moito maiores que eles/as.

02. Ademais...

Para moitos, o cambio de etapa supón un período de estrés e ansiedade, moitas veces historias e lendas sobre o IES (moitas veces irreais) preocupan antes do comezo.

Noutros casos, agóbialles simplemente o novedoso e descoñecido.

Estadísticamente, está demostrado que o alumnado que levaba con éxito a etapa de primaria, continuará facéndoo en secundaria.

03

Consellos

6

10

1

8

7

4

5

3

9

2

ELABORADE UN HORARIO DE ESTUDOAxudádeos a elaboralo.Aínda que se contemplen momentos de ocio, o estudo debe ser a actividade principal.Non só hai deberes, tamén repasos, resúmenes, etc...Non sobrecargar con actividades extraescolares.

FALADE CON ELES/ASMantede comunicación sobre os estudos e sobre a vida no instituto.Estade dispoñibles para que vos conten ou fagan preguntas abertamente (interrogatorio NON).Cando vos conten algo, preguntade sen xulgar: ¿E ti qué pensas diso?¿Qué vas a facer ou qué farías ti?

MANTEDE CONTACTO CO INSTITUTOPreocupádevos polo proceso, non esperedes ós resultados da avaliación.Acudide sempre que vos chamen. Polo menos, unha entrevista por trimestre. Adoptade as medidas que vos aconsellen.Non estedes á defensiva nin encubrades ós vos@s fill@s. Se rompedes as relacións cos seus mestres/as, perderedes importantes aliad@s na educación dos vos@s chic@s.

DESCONFIADE DE MENSAXES POUCO CREÍBLESA veces @s chic@s dan a os pais/nais mensaxes coma:“Non teño nada que estudar”“Non hai exames”“Tod@s @s compañeir@s fan o mesmo”Non vos deixedes enganar e contrastade a información.

CONTROLADE O TEMPO DE ADICACIÓN A INTERNETNestas idades, pode aumentar o tempo de adicación a internet, sobre todo en redes sociais.Dende o principio, marcade uns horarios, unhas normas estrictas sobre o seu uso e supervisade. Non facelo, pode provocar un fracaso nos estudos.

ESTABLECEDE CONTRATOSNalgúns casos, é necesario que negociedes cos vos@s fill@s e establezades unha especie de contratos.Nestos casos, poderán establecerse unha serie de privilexios se cumple o horario de estudo ou obtén bos resultados (uso de ordenador, móbil, tv…).

ESTADE INFORMADOS DO SEU CÍRCULO DE AMIZADEA partir destas idades, o círculo de amig@s ten unha gran influencia sobre o adolescente. Nesta etapa, farán novas amizades.Mantédevos informados sobre as súas amizades novas: non sempre son influencia positiva.

ACORDO ENTRE A PARELLAO manexo dun fill@ adolescente é especialmente complicado. Que vos manteñades unidos, faledes sobre o tema e adoptedes medidas de mutuo acordo, é clave.Encubrir ao fill@ frente á parella, romper acordos, ou desentenderse, serán accións inadecuadas e perxudiciais.

ELOXIADE E ANIMADE AOS VOSOS FILLOS/ASÁs veces, @s chic@s que teñen unha adicación adecuada nos estudos, reciben poucos reforzos e estímulos positivos.Non nos olvidemos… O apoio da familia, as palabras de ánimo e reforzo positivo, serán fundamentais.

ESTADE ATENT@S AOS CAMBIOSNo comezo e durante a etapa, estade atent@s a posibles cambios de humor e/ou condutas.Cambios bruscos como mal xenio, excesivo nerviosismo, cambios nas súas rutinas, poden ser sinais de alerta.Non deixedes pasar o tema, abordadeo en primeiro lugar con el/ela e se non resulta efectivo, informade ao tutor/a.Se houbera problemas, pedide axuda a outros especialistas como o orientador/a.

¡GRAZAS!

doceipsolanas@gmail.com

O Departamento de Orientación