Want to make creations as awesome as this one?

Xogo para traballar a condición física

Transcript

LANZAR O DADO

REGRAS DO XOGO

Material necesario para xogar

  • Un cronómetro ou un reloxo con segundeiro.
Comezo do xogo Cada un dos xogadores escollerá a cor da súa ficha e tirará o dado. O xogador que obteña o número máis alto será o que comece. En caso de empate, os xogadores empatados tiran outra vez. Para tirar o dado hai que situar o punteiro no cadro "Tirar o dado" e a continuación na imaxe do dado, picar unha vez para que se poña en movemento e outra vez para paralo. Como se xoga? O xogador avanzará coa súa ficha tantas casas coma o número obtido ao tirar o dado e colocará o punteiro sobre o círculo da casa para ver o exercicio que ten que realizar nesa casa ou o que sucede ao caer nela. Gaña o xogador que primeiro chegue á meta. É necesario obter o número exacto polo que se o número obtido no dado é maior que as casas ata a meta, deberá de retroceder o número de casas que sobran. Por exemplo, se o xogador que está na casa 48 saca un seis ao tirar, deberá colocar a súa ficha na casa 46, xa que avanza dous ata a meta e retrocede catro. Exercicios a realizar nas casas Os exercicios a realizar nas casas poderán ser adaptadas no caso de que non se dispoña do espazo suficiente para realizalos. Os tempos de realización dos exercicios son distintos segundo a idade dos participantes:
  • Alumnado de 3º e 4º na maioría dos exercicios 15 segundos, nalgúns 8 segundos con cada perna/brazo e noutros 45 segundos.
  • Alumnado de 5º e 6º na maioría dos exercicios 20 segundos, nalgúns 10 segundos con cada perna/brazo e noutros 1 minuto.
Se xogan nenos/as de idades inferiores aos cursos indicados pode diminuirse o tempo de realización do exercicio e se xogan adultos pode aumentarse o tempo. Estas decisión tomaranse antes do inicio do xogo. Exercicios realizados polo xogador na súa quenda.
  • Se o xogador fai o exercicio correctamente durante o tempo indicado queda na casa na que se atopa e espera a que volva a ser a súa quenda.
  • Se o xogador non fai correctamente o exercicio durante o tempo indicado debe retroceder dúas casas e esperar nela a que volva a ser a súa quenda. Non se colocará o punteiro no círculo da casa á que retrocedeu xa que non debe de realizar o exercicio ou beneficiarse/prexudicarse co que sucede nesa casa.
Exercicios realizados polos xogadores na quenda dun compañeiro
  • Os xogadores que realicen correctamente o exercicio durante o tempo indicado manterán a súa posición no taboleiro e xogarán cando sexa a súa quenda.
  • Os xogadores que non realicen correctamente o exercicio durante o tempo indicado manterán a súa posición no taboleiro pero estarán unha quenda sen xogar.
Outras casas:
  • Casas 4, 14, 24 e 34; o xogador debe tomar o pulso e avanzar ata a casa na que se amosa a mesma imaxe
  • Casas 12, 28 e 40; o xogador ten que estar unha quenda sen xogar.
  • Casa 18; o xogador ascende á casa 41.
  • Casa 31; o xogador volve á casa de saída.
  • Casa 41; o xogador descende á casa 18.
  • Casa 44, o xogador avanza ata a meta.

CRÉDITOS

Taboleiro do xogo deseñado e debuxado por Loreto Brea González As imaxes do xogo empregadas no xogo atópanse baixo licencia CC (BY-NC-SA) e son de Sergio Palao (Arasaac)

De pé coas pernas lixeiramente abertas, flexiona o tronco adiante ata tocar o chan e volve á posición inicial. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Agachado salta cara adiante coma as ras. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

De pé cos pés xuntos, da un paso adiante e volve ao sitio, repite coa outra perna. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Deitado boca arriba coas pernas estiradas e as mans apoiadas no chan aos lados da cadeira, flexiona as pernas levando os xeonllos ao abdome e volve á posición inicial. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

De pé cunha perna adiantada flexiona e estira pernas. Alumnado de 3º e 4º 8 segundos con cada perna e alumnado de 5º e 6º 10 segundos con cada perna.

Toma o pulso durante 6 segundos e avanza ata a seguinte casa de toma do pulso.

Corre sen moverte do sitio. Alumnado de 3º e 4º 45 segundos e alumnado de 5º e 6º 1 minuto.

Da un gran salto ata a casa 41.

Da un salto ata a casa 18.

Debes estar unha quenda sen xogar para poder hidratarte.

Debes estar unha quenda sen xogar para poder hidratarte.

Estás moi canso, debes volver á saída.

Parabéns chegaches á meta

Sen moverte do sitio eleva os xeonllos como se estiveses correndo. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

De pé coas pernas lixeiramente abertas e os brazos pegados ao tronco, flexiona lateralmente o tronco ata que a man toque por debaixo do xeonllo, volve á posición inicial e realiza o momevento cara ao outro lado. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Sentado cos brazos en cruz, pecha os brazos sen dobralos ata xuntar as mans diante do peito e volve á posición inicial. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Toma o pulso durante 6 segundos e avanza ata a seguinte casa de toma do pulso.

Deitado boca a abaixo cos brazos apoiados no chan por riba da cabeza, eleva as dúas pernas estiradas e volve á posición inicial. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

De pé coas pernas lixeiramente abertas, o tronco flexionado adiante e os brazos en cruz, toca alternativamente o pé coa man contraria. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Manda ao resto dos xogadores facer un exercicio de flexibilidade. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Debes estar unha quenda sen xogar para poder hidratarte.

Sentado no chan coas pernas abertas e estiradas, mantén flexionado o tronco adiante entre as pernas cos brazos xuntos. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Sen moverte do sitio eleva os talóns atrás como se estiveses correndo. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Deitado boca abaixo cos brazos apoiados no chan por riba da cabeza, eleva o tronco do chan e volve á posición inicial. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Toma o pulso durante 6 segundos e avanza ata a seguinte casa de toma do pulso.

De pé coas pernas abertas e estiradas, mantén flexionado o tronco adiante intentando tocar o chan sen dobrar os xeonllos. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Deitado boca arriba coas pernas flexionadas, os pés apoiados no chan e os brazos estirados por riba da cabeza, eleva o tronco levando a man ao xeonllo contrario, volve á posición inicial e repite coa outra man. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Sentado no chan coas pernas xuntas e estiradas, mantén flexionado o tronco adiante intentando tocar a punta dos pés sen dobrar os xeonllos. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

De pé, flexiona unha perna atrás e mantena agarrada co xeonllo mirando o chan. Alumnado de 3º e 4º 8 segundos con cada perna e alumnado de 5º e 6º 10 segundos con cada perna.

De pé cos brazos en cruz, rota o tronco cara á dereita, volve á posición inicial e rota cara á esquerda. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Deitado boca abaixo cos brazos apoiados no chan por riba da cabeza, eleva ao mesmo tempo os brazos e as pernas e volve á posición inicial. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Manda ao restos dos xogadores facer un exercicio de pernas. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Manda aos outros xogadores facer un exercicio de mobilidade de tronco. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

De pé coas mans na cadeira fai círculos coa cadeira. Alumnado de 3º e 4º 8 segundos cara cada lado e alumnado de 5º e 6º 10 segundos cara cada lado.

Toma o pulso durante 6 segundos e avanza ata a seguinte casa de toma do pulso.

Sentado cos brazos pegados lateralmente ao corpo, flexiona o brazo polo cóbado ata tocar coas mans nos ombros e volve á posición inicial. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Sentado cos brazos levantados por riba da cabeza e as mans mirando cara atrás, flexiona o brazo polo cóbado ata tocar coas mans nos ombros e volve á posición inicial. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

De pé coas pernas xuntas, salta diante e atrás. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

De pé cos pés xuntos mantén o tronco flexionado adiante intentando tocar a punta dos pés sen dobrar os xeonllos. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

De pé con unha perna diante da outra un pouco separadas, salta cambiando a perna adiantada. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Manda ao restos dos xogadores facer un exercicio de salto. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

De pé coas pernas xuntas salta a dereita e esquerda. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Deitado boca arriba coas pernas flexionadas e os pés apoiados no chan, eleva o tronco separando só os ombros do chan e volve á posición inicial. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

De pé, flexiona as pernas ata tocar o chan e salta verticalmente estirádote no aire. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Sentado cos brazos en cruz, eleva o brazos lateralmente ata que se xunte enriba da cabeza e volve á posición inicial. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

De pé cos pés xuntos, da un paso lateral flexionando un pouco a perna e volve ao sitio, repite coa outra perna. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Manda ao resto dos xogadores facer un exercicio de brazos Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

De pé, coas costas rectas e os brazos estirados diante flexiona e estira as pernas. Alumnado de 3º e 4º 15 segundos e alumnado de 5º e 6º 20 segundos.

Corre sen moverte do sitio. Alumnado de 3º e 4º 45 segundos e alumnado de 5º e 6º 1 minuto.

Toma o pulso durante 6 segundos e avanza ata a meta.