Want to make creations as awesome as this one?

Celebración do Día das Letras no CPI de Atios de Valdoviño

More creations to inspire you

Transcript

Ricardo Carvalho Calero

Lorem ipsum dolor, tempor incididunt.

Naceu na rúa de San Francisco en 1910, na casa número 51 no barrio de Ferrol Vello, o mais antigo de Ferrol.

02

A Universidade

01

Infancia e xuventude

03

A Guerra Civil

INFO

INFO

04

De Fingoi a Santiago

Colexio Fingoi 1950 (Lugo) https://colexiofingoi.com/index.php/gl/letras-galegas-2020/57-biografia-carballo-calero

05

ReintegracionismoÉ unha corrente lingüistica que defende que o galego é unha variante do portugués e propón o uso dunha grafía baseada na normativa portuguesa.

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20772.pdf

06

Obra

Cárcere de Sta. Úrsula (Xaén)

Letras Galegas 2020 Alumnxs de 6ºA e 6ºB

Carvalho Calero era o máis vello de seis irmáns. O seu pai era empresario de artigos navais e pertencía a unha familia burguesa. Pero tivo unha infancia triste. Con só 8 anos a súa nai faleceu da Gripe Española e quedaron orfos os seis irmáns. Este acontecemento marcou a súa vida e mailo seu carácter que mudou serio e introvertido. Estudou no Colexio Sagrado Corazón de Xesús que dirixía o escritor Manuel Comelhas Coimbra. Non se sabe certamente se a influencia deste escritor motivou a un xove Carvalho Calero a iniciarse na produción literaria pero certamente foi nesta época cando o fixo.

Unha UD do conto AS PITAS BAIXO A CHOIVA http://aspitas.gal/

O barrio de Ferrol Vello onde naceu Carvalho Calero hoxe é así...

Naceu na rúa de San Francisco en 1910, na casa número 51 no barrio de Ferrol Vello, o máis antigo de Ferrol.

Carvalho Calero iniciou os seus estudios universitarios en Santiago de Compostela cando tiña só 16 anos. Estudou Dereito. Durante a súa estadía na Universidedade foi un destacado membro do movemento estudiantil. Ademais entrou a formar parte do Seminario de Estudos Galegos. Esta institución preocupábase do estudio científico da realidade galega en todos os ámbitos. Aquí entrou en contacto coas grandes figuras do galeguismo cultural. Aquí escribiu o primeiro anteproxecto do Estatuto Galego con Lois Tobío. No 1931 foi un dos fundadores do Partido Galeguista. Iniciou así unha carreira política que non abandonaría voluntariamente... Ao rematar a carreira Ricardo regresou a Ferrol pero como o que a el o que lle gostaría ter estudiado era Filosofía e Letras decidiu facelo. Estudaba en Ferrol e ía a Santiago facer os exames. Así sacou a súa segunda carreira. Ademais deulle tempo a buscar traballo e despois de facer varias cousas acabou aprobando unha oposicións para o Concello de Ferrol no 1933. Neste ano tamén casa con María Ignacia Ramos Díez, unha compañeira da carreira de Filosofía natural de Lugo. Ela tivo unha grande influencia na obra literaria de Carvalho ao longo da súa vida.

En 1965 incorporouse ao Instituto Rosalía de Castro, de Santiago, tras finalizar a oposición iniciada en 1936, e, como profesor contratado, á Universidade compostelá; en 1972 foi o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galegas. UNIVERSIDADE. Dedicado desde entón exclusivamente á universidade, e ata a súa xubilación, en 1980, Carballo publicou numerosas obras relativas a lingua e literatura galegas, destinadas a afirmar o seu ensino universitario e a súa proxección social.

Ricardo Carvalho Calero comezou a escribir moi novo. Na revista Maruxa de Ferrol publicou poemas co pseudónimo de Ilex entre o 1925 e 1926. Xa na Universidade publicou o libro poético Vieiros (1931) na editorial Nós. Despois de saír do cárcere no 1941 empezou unha época na que escribiu moito. Pezas teatrais como Isabel, A sombra de Orfeu, Farsa das zocas e A árbore. Tamén pezas narrativas como o romance A xente da Barreira e as novelas «Os señores da Pena» e «O lar de Clara», que se publicarían en Narrativa completa (1984). Nos seu últimos dez anos, Carvalho intensificou o ritmo das súas publicacións, tanto de investigación como de divulgación ou de creación, conseguindo algúns recoñecementos ao seu labor (1987, Scórpio, novela, premio Nacional de Literatura), máis por parte de entidades culturais privadas (Asociación Galega de Escritores, Associaçom Galega da Língua, Sociedade Cultural Medúlio, etc.) que de institucións públicas (Medalla Castelao da Xunta de Galicia, en 1984, Fillo Predilecto da Cidade de Ferrol, 1990). Carballo Calero é autor dunha obra extensa e multiforme, con base nunha gran precocidade, como creador e como investigador, unha longa traxectoria vital (con permanente mocidade intelectual) e unha dedicación intensa e disciplinada, prexudicada, con todo, polas circunstancias biográficas indicadas, pero sempre alimentada pola súa marcada vocación para as letras. Moitos dos seus traballos menores están asinados con pseudónimo, ás veces unha simple sigla.