Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Carvalho Calero

Ricardo cando era pequeno , pasaba o verán nunha casa de aldea.Nesa casa había unhas pitas moi bonitas, con cristas vermellas e patas douradas.

Tamén había un galo maxestuoso cunha cola de plumas brillantes e longas. O galo era o que reinaba no curro.Nese curro andaban as pitas e o galo.Tamén había unha cabuxa.

O pai de Ricardo, só ía á aldea os sábados.Cando chegaba bicábao moito.Ricardo pasaba o día mirando as pitas. Miraba como escarabellaban na terra buscando vermes e miñocas para comer

Un día unha ráfaga de vento e unha nube moura apareceron.Osol desapareceu e a choiva comezou a caer.

Ricardo botáballes millo e cando puñan ovos, ía recollelos.

As pitas estaban no curro, non tiñan poleiro.Ricardo detrás da ventá vía chover e vía as pitas...MALPOCADIÑAS!

Estaban onda o muro, coas colas baixas e a auga caendo por riba delas.Non o puido aturar e saíu a chamalas:-CHURRAS!--CHURRAS!

Quería metelas na casa.O seu pai dende a fiestra mandouno entrar e deixar ás pitas.Pero como ía deixar que as pitas se mollasen e acatarrasen?

O seu pai dicíalle que as plumas das pitas eran impermeables.Ricardo seguiu correndo detrás das pitas para metelas dentro da casa

Así que a avoa saíu cun paraugas, pero non daba tapado a Ricardo porque corría detras das pitas.Pronto saíu toda a xente da casa para axudar.Mentres unhas persoas metían as pitas, a avoa colleu ao galo.

O galo non paraba quedo. A avoa esbarou e caeu nun charco. Perdeu o paraugas pero non ao galo.Conseguiron meter as pitas e o galo a cuberto, pero toda a xente da casa acabou.MOLLADA COMA PITOS.

Leticia Yáñez Carpintero