Want to make creations as awesome as this one?

Xogo para traballar as habilidades e destrezas básicas de desprazamento, salto, xiro, equilibrio, lanzamento, golpeo e pateo.

Transcript

LANZAR O DADO

REGRAS DO XOGO

Material necesario para xogar

  • Unha boliña de papel.
  • Un recipiente: papeleira, cubo...
Comezo do xogo Cada un dos xogadores escollerá a cor da súa ficha e tirará o dado. O xogador que obteña o número máis alto será o que comece. En caso de empate, os xogadores empatados tiran outra vez. Para tirar o dado hai que situar o punteiro no cadro "Tirar o dado" e a continuación na imaxe do dado picar unha vez para que se poña en movemento e outra vez para paralo. Como se xoga? O xogador avanzará coa súa ficha tantas casas coma o número obtido ao tirar o dado e colocará o punteiro sobre o círculo da casa para ver a proba que debe de realizar ou o que sucede ao caer nesa casa. Gaña o xogador que primeiro chegue á meta, non é necesario obter o número exacto. Por exemplo o xogador que está na casa 47 chegará á meta se no dado obtén un tres ou máis. Probas a realizar nas casas As probas do xogo son de desprazamento, salto, equilibrio, xiro, lanzamento, golpeo e pateo e poderán ser adaptadas no caso de que non se dispoña do espazo suficiente para realizalas ou non se dispoñan dos materiais necesarios. Probas realizadas polo xogador na súa quenda.
  • Se o xogador fai a proba correctamente queda na casa na que se atopa e espera a que volva a ser a súa quenda.
  • Se o xogador non fai correctamente a proba debe retroceder dúas casas e esperar nela a que volva a ser a súa quenda. Non se colocará o punteiro no círculo da casa á que retrocedeu xa que non debe de realizar a proba ou beneficiarse/prexudicarse co que sucede nesa casa.
Probas realizadas polos xogadores na quenda dun compañeiro
  • Os xogadores que realicen correctamente a proba manterán a súa posición no taboleiro e xogarán cando sexa a súa quenda.
  • Os xogadores que non realicen correctamente a proba manterán a súa posición no taboleiro pero estarán unha quenda sen xogar
Outras casas:
  • Casas 6, 13, 26 e 34; o xogador avanza ata a casa do seguinte corredor.
  • Casas 12, 28 e 40; o xogador ten que estar unha quenda sen xogar.
  • Casa 18; o xogador ascende á casa 41.
  • Casa 31; o xogador volve á casa de saída.
  • Casa 41; o xogador descende á casa 18.
  • Casa 43, o xogador avanza ata a meta.

CRÉDITOS

Taboleiro do xogo deseñado e debuxado por Loreto Brea González As imaxes do xogo empregadas no xogo atópanse baixo licencia CC (BY-NC-SA) e son de Sergio Palao (Arasaac)

Golpea 10 veces verticalmente sen que caia unha boliña de papel, debes utilizar a man dereita.

Avanza ata o seguinte corredor.

Avanza ata o seguinte corredor.

Avanza ata o seguinte corredor

Avanza ata o seguinte corredor

Avanza ata o seguinte corredor

Corre ata a meta

Trepa pola escaleira ata a casa 41.

Descende pola escaleira ata a casa 18.

Mareácheste para recuperate debes estar unha quenda sen xogar.

Déuche un golpe de calor, para recuperarte debes estar unha quenda sen xogar.

Rompiches un óso, debes volver á saída.

Parabéns chegaches á meta

Fai dez saltos cos pés xuntos.

Fai dez saltos á pata coxa coa perna dereita.

Fai dez saltos á pata coxa coa perna esquerda.

Fai dez saltos abrindo e pechando as pernas

Fai seis saltos de rá.

O resto dos xogadores teñen que facer seis saltos do tipo que ti lle digas.

Fai dez saltos cruzando e descruzando as pernas.

Fixécheste unha ferida, para curala debes estar unha quenda sen xogar.

Golpea 10 veces verticalmente sen que caia unha boliña de papel, debes utilizar a man esquerda.

Golpea 10 veces verticalmente sen que caia unha boliña de papel, debes alternar as mans no golpeo.

Lanza unha boliña de papel ao interior dun recipiente (papeleira, cubo...) que se atopa a un metro de distancia, debes lanzar coas dúas mans. Tes 6 intentos e debes meter 3 para superar a proba.

Lanza unha boliña de papel ao interior dun recipiente (papeleira, cubo...) que se atopa a un metro de distancia, debes lanzar coa man dereita. Tes 6 intentos e debes meter 3 para superar a proba.

Lanza unha boliña de papel ao interior dun recipiente (papeleira, cubo...) que se atopa a un metro de distancia, debes lanzar coa man esquerda. Tes 6 intentos e debes meter 3 para superar a proba.

O resto dos xogadores deben de golpear unha boliña de papel dez veces sen que lles caiga, poden escoller con que man realizar a proba.

Mantén o equilibrio durante 10 segundos sobre as puntas dos pés.

Mantén o equilibrio durante 10 segundos sobre a perna dereita, a perna esquerda debe de estar elevada atrás.

Mantén o equilibrio durante 10 segundos sobre a perna esquerda, a perna dereita debe de estar elevada atrás.

Mantén sobre a cabeza en equilibrio durante 10 segundos unha boliña de papel.

Camiña cinco pasos levando unha boliña de papel en equilibrio sobre a cabeza.

O resto dos xogadores deben manterse en equilibrio durante 10 segundos sobre unha perna, cada un elixe dereita ou esquerda.

Mantén o equilibrio durante 10 segundos sobre os talóns.

Desprázate reptando ida e volta ata a porta da habitación na que te atopas.

Desprázate a catro patas ida e volta ata a porta da habitación na que te atopas.

Desprázate camiñando cara atrás ida e volta ata a porta da habitación na que te atopas.

Desprázate a gatas ida e volta ata a porta da habitación na que te atopas.

O resto dos xogadores teñen que desprazarse ida e volta ata a porta da habitación na que vos atopades, ti indicas como deben desprazarse.

Desprázate sentado cara adiante ida e volta ata a porta da habitación na que te atopas.

Desprázate sentado cara atrás ida e volta ata a porta da habitación na que te atopas.

Desprázate de xeonllos ida e volta ata a porta da habitación na que te atopas.

Golpea co pé dereito unha boliña de papel, debes facer 3 toques sen que caia.

Golpea co pé esquerdo unha boliña de papel, debes facer 3 toques sen que caia.

Golpea co pé de forma alterna unha boliña de papel, debes facer 3 toques sen que caia.

Deixa caer unha boliña de papel e golpéaa co pé dereito para metela no interior dun recipiente (papeleira, cubo...) que se atopa a un metro de distancia Tes 6 intentos e debes meter 3 para superar a proba.

Deixa caer unha boliña de papel e golpéaa co pé esquedo para metela no interior dun recipiente (papeleira, cubo...) que se atopa a un metro de distancia Tes 6 intentos e debes meter 3 para superar a proba.

Fai cinco xiros seguidos de pé.

Fai cinco xiros seguidos tombado no chan.

O resto dos xogadores fai cinco xiros seguidos de pé.