Want to make creations as awesome as this one?

Orientación académica de 6º a 1º ESO IES Barral

Transcript

IES DO BARRAL

ORIENTACIÓN ACADÉMICA

De Primaria a 1º ESO

Que sabemos da nova etapa?

ESTRUTURA SISTEMA EDUCATIVO LOMCE

Lingua Castelá e L..

12

11

10

Materia optativa

Titoría

Valores ou Relixión

EPVA

2ª lingua estranxeira

Educación Física

Xeografía e Historia

1ª lingua estranxeira

Bioloxía e Xeoloxía

Matemáticas

Lingua Galega e L.

MATERIAS 1º ESO

  • Inglés

PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA (3 h.)

  • Francés
  • Portugués

PODERÁS ELEXIR ENTRE...

Terás 4 horas semanais desta materia

Se che gusta aprender todo sobre os seres vivos e a Terra, sobre a conservación do medio ambiente, e coñecer como podemos mellorar a nosa saúde, esta é a túa materia!

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

+info

Nesta materia coñeceremos as sociedades ao longo da historia da humanidade, a súa organización e o seu funcionamento, para entender o presente e anticipar problemas futuros.

Terás 3 horas semanais desta materia

+info

Xeografía e Historia

OLLO! Haberá alumnado que curse reforzo de linguas nestas dúas horas semanais.

  • Inglés

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA (2 h.)

  • Francés
  • Portugués

PODERÁS VOLVER ELEXIR ENTRE...

Terás 1 horas semanal

Terás unha hora semanal de titoría dedicada a: - Atención e orientación individualizada - Orientación grupal - Actividades didácticas grupais: - Elección persoas delegadas e organización do grupo - Establecemento das normas da aula - Información académica - Obradoiros: sobre convivencia, uso das novas tecnoloxías, etc.

Titoría

Terás 1 hora semanal desta materia

Debes decicir por unha materia ou outra.

Valores éticos ou Relixión

INVESTIGACIÓN E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN

PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES

ORATORIA

XADREZ

IGUALDADE DE XÉNERO

SOCIEDADE INCLUSIVA

MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA (1 hora semanal)

A que mola sentir que formas parte dun grupo e poder participar de todas as conversas, xogos e actividades?...Pois non todo o mundo pode facelo, porque as veces a nosa sociedade impídeo ou o pon difícil (por exemplo se teño discapacidade visual e para ir ao patio teño que baixar unhas escaleiras sen pasamán!). Nesta materia poderás analizar que cosas pasan ao noso redor que poderíamos mellorar para que todes pudiésemos participar e disfrutar nas mesmas condicións; e así, propoñer ideas e proxectos para mellorar a nosa realidade, comezando polo IES, seguindo polos nosos barrios... A materia divídese en tres bloques de contidos: 1. A diversidade como valor social: traballaremos sobre que é a diversidade, e que o feito de que todos e todas sexamos diferentes é unha riqueza, porque aprendemos uns dos outros. Imaxínaste un mundo no que todes fósemos iguais? menudo aburrimento!2. A accesibilidade universal e a inclusión: identificaremos e proporemos ideas para eliminar barreiras que impiden que as persoas poidan ter unha vida normal e plena.3. O entorno inclusivo: é a parte práctica da materia, osea, eses proxectos que podemos levar a cabo para mellorar o noso entorno.

SOCIEDADE INCLUSIVA

A materia estrutúrase en catro bloques diferenciados:1. “A construción social das identidades sexuais e de xénero” introduce os conceptos principais sobre xénero e igualdade. 2. “Relacións de xénero e afectividade” trabállase a necesidade de abordar a convivencia e a relación entre os sexos, de reflexionar sobre a interdependencia entre os distintos xéneros e as relacións de afectividade e sexualidade. 3. “Da discriminación á igualdade de oportunidades” trabállanse as dificultades das mulleres para visibilizarse e acadar o que xa moito antes conseguiron os homes (por exemplo, as loitas polo sufraxio, o dereito á educación, os postos de responsabilidade pública ou o acceso ao poder político, social e económico). 4. “Cara a unha sociedade sen violencia machista” pretende, describir e poñer de relevo como as violencias machistas son consecuencia das múltiples discriminacións por cuestión de xénero. Ademais, no IES contamos cun Equipo de igualdade e diversidade no que poderás participar!

IGUALDADE DE XÉNERO

Nesta materia coñecerás os efectos negativos da inactividade física e da dieta desequilibrada, para adquirir e instaurar un estilo de vida saudable e que este se manteña no tempo. O currículo divídese en dous bloques de contidos: 1. "Actividade física e saúde" no que coñeceremos que efectos positivos ten sobre a saúde o feito de levar unha vida activa, e aprenderemos estratexias que nos permitan evitar os hábitos tóxicos relacionados coa actividade física (sedentarismo, lecer excesivo a través de pantallas, etc.). 2. "Alimentación para a saúde" hábitos de alimentación e hidratación saudables a través do coñecemento dos alimentos e das bebidas, así como das proporcións máis adecuadas ás nosas características e demandas enerxéticas.Búscase tamén o desenvolver a capacidade crítica na compra de alimentos e bebidas, e coñecemento para interpretar as etiquetas nutricionais...ninguén poderá enganarte no súper!

PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES

Xogo de lóxica e estratexia que axuda a adquirir hábitos, actitudes e procesos de pensamento. Cando xogamos reflexivamente débense seguir pasos semellantes aos necesarios para desenvolver calquera outro tipo de problema; xogando créase un clima favorable á discusión e ao debate, o que fomenta a expresión oral en diferentes contextos. O xadrez tamén facilita os procesos de socialización establecendo entre o alumnado relacións de cooperación. Bloques de contidos: 1. "Fundamentos de xadrez" contidos básicos e prácticos para empezar a xogar ao xadrez, ademais de aprender vocabulario específico noutros idiomas. 2. "O xogo en acción" coñecementos técnicos e tácticos para ir mellorando no xogo. 3. "Transversalidade no xadrez" pretende desenvolver técnicas de traballo cooperativo e a mellora no manexo das TIC.

XADREZ

Esta materia pretende desenvolver a nosa capacidade de comunicar (a arte de falar en público) para favorecer a nosa traxectoria académica e profesional, e construir unha imaxe propia positiva ante nós mesmxs e ante as demais persoas. Os contidos da materia distribúense en catro bloques: 1. "O discurso persuasivo" practicaremos as destrezas fundamentais da comprensión lectora e da escoita comprensiva, así como a construción do discurso persuasivo.2. "Elaboración do discurso persuasivo" a través dun coñecemento adecuado do tema do discurso, unha estrutura clara e ordenada, e un manexo axeitado da lingua e das técnicas da retórica.3. "A presentación do discurso persuasivo" xestión emocional do/da orador/a, control da conduta asociada ás emocións negativas, emprego de soportes audiovisuais e informáticos...4. "Oratoria, valores e educación emocional" habilidades persoais e sociais imprescindibles para o diálogo desde o respecto e a convivencia, como a autoconfianza, a empatía e a asertividade.

ORATORIA

Nesta materia aprenderás a traballar con distintos tipos de textos informativos en diferentes soportes e formatos, realizarás pequenos traballos de investigación individuais ou en grupo. O traballo que se proporá estará moi ligado á biblioteca escolar do centro, xa que é un centro de recursos (impresos e dixitais) de lectura, información e aprendizaxe.Propóñense cinco bloques de contidos: A biblioteca, Fontes informativas Localización e selección, Organizarse para investigar, Procura e tratamento da información, Xeración de contidos e comunicación.

INVESTIGACIÓN E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN

E despois de 1º ESO...que?

Lingua Castelá e L..

12

13

11

10

Titoría

Materia optativa

2ª L. estranxeira

Valores ou Relixión

Educación Física

Música

Tecnoloxía

Xeografía e Historia

Inglés

Física e Química

Matemáticas

Lingua Galega e L.

MATERIAS 2º ESO

En 4º ESO

puedes escribir un subtítulo aquí

En 3º ESO

deberás escoller entre dous itinerarios segundo os estudos que queiras estudar despois: - Ensinanzas académicas para orientarte cara ao Bacharelato- Ensinanzas aplicadas se estás pensando na FP

deberás elexir entre: - Matemáticas académicas- Matemáticas aplicadas Ainda que podes cambiar de opción en 4º, o que escollas en 3º xa te orientará a un dos itinerarios de 4º curso.

PARA REMATAR A ESO...

Pasarás de curso se superas todas as materias ou tes avaliación negativa en dúas como máximo (que non sexan simultáneamente LCL/LGL e Matemáticas)

Se pasas de curso con materias non superadas as levarás como "pendentes" e terás que recuperalas con traballos e exames (estate pendente!)

Excepcionalmente, un alumno pode repetir dúas veces en 4º curso se non repetiu antes na etapa

Pódese repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo na etapa

OUTRAS COUSIÑAS IMPORTANTES A RECORDAR AO LONGO DA ETAPA...

Este título é tan importante que se ofertan diversas posibilidades para acadalo, sempre contando co teu esforzo persoal e interese...

1. Agrupamentos nas materias instrumentais 2. Reforzo nas linguas (exención da 2ª lingua estranxeira) 3. Adaptacións curriculares 4. Programa REFÓRZA-T (PROA) 5. Reforzo e apoio educativo (PT)

E SE NON PROGRESO AXEITADAMENTE NA ETAPA?

  • Ao remate obterás o "Título de graduado en Educación Secundaria" se superas todas as materias cursadas o tes avaliación negativa en dúas materias máximo, que non sexan simultáneamente LCL/LGL e Matematicas (recorda que tamén contan as pendentes).
  • Ademais tamén é preciso que o equipo docente considere que tes conseguidos os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes.
  • Este é o título mínimo esixible para acceder a un posto de traballo.
  • Darache acceso ás ensinanzas postobrigatorias: FP de grao medio ou Bacharelato (independentemente do itinerario seguido en 4º curso, pero OLLO! que si están así establecidos é porque te preparan mellor para uns estudos ou para outros).

O TÍTULO DA ESO

Servizo de mediación escolar

Sobre a convivencia no IES

Prácticas Restaurativas

Actividades nos recreos

Para el año vais a venir al instituto y es un cambio muy grande. El instituto es mucho más grande que en el colegio que estáis ahora, tiene muchas más clases y asignaturas. También es probable que no estéis en la misma clase que vuestros actuales compañeros, a mí este año no me toco ninguna chica de mi anterior clase, pero siempre podéis quedar en el recreo y charlar ahí. También podréis conocer a mucha más gente nueva y hacer nuevos amigos o encontraros con amigos vuestros de otros colegios que también vayan a venir al Barral. Las clases también van a ser más complicadas, pero eso también va a ser porque el nivel no es el mismo de primaria. Pero igualmente, siempre que se estudie, la experiencia es buena y no tendréis problemas en aprobar. Yo me quedo en el comedor, y el tiempo de descanso que paso allí me lo paso muy bien. En general la experiencia es positiva.

Ola .Eu ao principio tiña medo por que estamos noutro lugar pero se vos digo a verdade non tendes por que preocuparvos ídesvos divertir moito.

CARTAS DO ALUMNADO DE 1º ESO

Carta Para Los Nuevos Alumnos De 1ºESO:Hola alumnos de 1º de la ESO. Espero que tod@s esteis bien. Os escribimos esta carta, por que como no podeis venir a visitar el INSTI queremos que sepais más del. Primero os vamos a hablar de las aulas y departamentos, al entrar girando a la derecha encontrais la biblio y un pasillo que os lleva a la sala de profes. Si girais a la izquierda encontrais las escaleras para subir a las aulas, más adelante encontrareis los baños, la cafetería y algunos departamentos. Al subir por las escaleras encontrareis mayoria de aulas ( informática, laboratorio...) las aulas que van a haber son de 1º y 2º de la ESO. Seguís subiendo y encontrais las aulas de 3º y 4º de la ESO, 1º y 2º de Bachillerato y 1º y 2º de FP. También encontrareis la aula de Plástica y el departamento de Xeografía e Historia. POSITIVO: el recreo, la cafetería, la biblio, y sobre todo los profes que son muy guays. Si teneis algún problema Marcos( jefe de estudios) y Mirian( orientadora) o la que vaya a ser vuestra tutora os solucionará el problema enseguida. NEGATIVO: dura poco el recreo y al subir del recreo tardan mucho en abrir la aula. Materias que vais a tener este curso: Lengua.C, mates, Lingua.G, Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía, plástica, Valores o Religión, Francés o Portugués, inglés, educación física y la optativa que eligais. Esperamos que os lo paseis muy bien en el INSTI. Deseamos que os guste tanto como a nosotros. Seguro que os lo pasais muy bien, sabemos que es un gran cambio para vosotros, pero os adaptareis rápido. A nosotros nos pasó lo mismo pero os adaptareis bien. Un fuerte abrazo, de los futuros alumnos de primero de la 2º de la ESO. PD: al entrar todo recto tambien encontrais le conserjería y otra salida al recreo. El recreo es una pasada os lo decimos de verdad. Y ahora si muchos besos ;).

CARTAS DO ALUMNADO DE 1º ESO

Isto é só un adianto...chegaranvos máis cartas a través das vosas titoras!

Queridos compañeros nuevos: El instituto os parecerá algo nuevo y muy difícil, pero no es así, lo cierto es que no está tan mal, la mayoría de los profesores son muy majos y simpáticos. No es tan complicado como pensaba, en 1º de la ESO estuvimos repasando lo que habíamos visto en primaria y poco más. Este año empezamos con el libro digital y es más entretenido hacer las tareas de clase. Hacemos muchos trabajos en grupo y es muy divertido. Se que estáis asustados, yo también lo estaba cuando llegué, pero cuando os acostumbréis seguro que os gustará. Un saludo y mucho ánimo.

CARTAS DO ALUMNADO DE 1º ESO

Se aínda quedas con dúbidas podes escribirme a orientabarral@gmail.com

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DO BARRAL

¡GRACIAS!