Want to make creations as awesome as this one?

Pasos para acceder á universidade no Sistema Universitario Galego

More creations to inspire you

Transcript

IES POETA DIAZ CASTRO

2020

ACCESO UNIVERSIDADE

TITULO BAC

Noraboa! Despois dun curso intenso , acadaches a títulación de Bacharelato Para solicitar esta titulación terás que pagar unha taxas. Pásate pola secretaría do IES para recoller os impresos correspondentes.

BECA

BECAS E AXUDAS PARA CURSAR ESTUDOS UNIVERSITARIOS Non esquezas que para realizar estudos universitarios tes a posibilidade de solicitar beca do Ministerio de Educación . Normalmente, estas becas publícanse no BOE e na páxina web do Ministerio de educación durante o mes de agosto ata outubro. Quen pode solicitar estas axudas? Estudantes que non superan unha determinada renta ou patrimonio familiar e que cumpren uns determinados requisitos de aproveitamento académico. É importante que revises a convocatoria correspondente onde se especifican estes requisitos. Como se solicita a beca? Deberás cumprimentar unha solicitude mediante formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica, na seguinte dirección: www.educacionyfp.gob.es Terás que rexistrarte previamente na Sede Electrónica deste Ministerio, si nunca solicitaches beca anteriormente. En principio, non terás que aportar documentación, pois as unidades encargadas da tramitación de becas consultarán e obterán da Administración correspondente todos os datos necesarios para verificar que reunes os requisitos xerais académicos e económicos. Soamente , en determinados supostos moi específicos se deberá aportar documentación concreta que se específicará cando cumprimentes o formulario. Si tes dificultades para solicitar a becas para a universidade, podes consultar estas páxinas: - Preguntas frecuentes sobre a tramitación de becas - Vídeos de axuda para solicitar a beca

QUERO IR Á UNIVERSIDADE

ACCESO A ESTUDOS UNIVERSITARIOS Co Título de BACHARELATO poderás acceder á universidade si superas a ABAU (proba de avaliación de bacharelato para o acceso a Universidade) Tes que ter claro estes aspectos : ACCESO e ADMISIÓN > Media da notas do BAC (60%) + Media da Parte obrigatoria da ABAU (40%) NOTA DE ACCESO = 0,6 * NMB + 0,4 * CPONMB: nota media do BacCPO : Cualificación da parte obrigatoria da ABAU NOTA DE ADMISIÓN = 0,6 * NMB + 0,4 * CPO + a * M1 + b * M2NMB: nota media do BacCPO : Cualificación da Parte obrigatoria da ABAUM1,M2: Cualificación dun máximo de dúas das catro materias das que se examinase o alumno/a na Parte Voluntaria e /ou da materia troncal de modalidade correspondente, que propocione mellor nota de acceso, unha vez aplicados os parámetros de ponderación.a, b: parámetros de ponderación das materias da parte voluntaria e/ou da materia troncal de modalidade que proporcionen mellor nota de acceso. Consulta os parametros de ponderación nas titulacións do SUG para o curso 2020_21 NOTA DE CORTE > É a nota de admisión do último solicitante que se matriculou nun Grao nunha universidade determinada . Notas de corte dos estudos universitarios en Galicia no 2020/21 Son notas orientativas! No seguinte vídeo podes ver como se calculan as notas de acceso e admisión con exemplos prácticos:

Titulacións

As ensinanzas universitarias estruturanse en 3 niveis: GRAO, MASTER e DOUTORAMENTO

  • As ensinanzas de GRAO teñen como finalidade a preparación do estudante para o exercicio de actividades de carácter profesional. Cunha duración de 4 anos , con algunhas excepcións : 5 cursos en Farmacia, Odontoloxía, Veterinaria, Arquitectura, e 6 cursos en Mediciña)
  • Tamén poderás cursar un Dobre Grao, dúas titulacións simultanemente, cunha duración que oscila entre os 5 ou 6 cursos. Por ex: Física e Matemáticas, Bioloxía e Química, CC. Empresariais e Turismo, Dereito e ADE, Inglés e Español, Xornalismo e Comunicación Audiovisual, Mestre de infantil e educación primaria, ...
  • MASTER > Para adquirir unha preparación profesional avanzada. Cunha duración de entre 60 e 120 créditos, é dicir, entre 1 ou 2 anos.
  • DOUTORAMENTO > trala superación dun Grao e un Master, acadarás unha formación avanzada en técnicas de investigación. Obtense o título de Doutor
Os estudos universitarios agrúpanse en 5 ramas de coñecemento , que coinciden máis ou menos coas modalidades de bacharelato. A cada rama de coñecemento pertencen os diferentes títulos de Grao que se ofertan nas diferentes Universidades MODALIDADE DE BACHARELATO RAMAS DE COÑECEMENTO UNIVERSIDADE CIENCIAS CIENCIAS da SAÚDE CIENCIAS ENXEÑERÍA e ARQUITECTURA HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS CIENCIAS SOCIAIS e XURÍDICAS ARTES e HUMANIDADES ARTES - Artes plásticas, imaxe e deseño - Artes escénicas, música e danza ARTES e HUMANIDADES Que vas a estudar na Universidade? Os PLANS DE ESTUDO das titulacións universitarias contan con 240 créditos de formación teórico-práctica, estruturados en catro cursos (60 créditos por curso). Agás nalgunhas titulacións que terán máis créditos , como : Odontoloxía (300), Veterinaria (300), Farmacia (300), Arquitectura (330) e Mediciña (360). 1 crédito ECTS (EUROPEAN CREDIT TRANSFER SYSTEM): 25-30 h de traballo
  • Créditos ECTS, o crédito europeo, que equivale a unha dedicación do estudante entre 25-30 horas. Esta unidade de medida permite valorar e incluir as horas correspondentes ás clases teóricas ou prácticas, as horas de estudo, as adicadas a seminarios, traballos, proxectos, e tamén as esixidas para a preparación e realización de exames e probas de avaliación.
MATERIAS DE ESTUDO (anuais ou cuadrimestrais) Básicas, compartidas por todas as titulacións pertencentes a unha mesma rama de coñecemento. Obrigatorias,son as propias da titulación. Definen a formación fundamental do Grao (teñen o 50/60% de peso no currículo da titulación) Optativas que teñen relación coa titulación que estás cursando e que elixes libremente segundo as túas preferencias. Modulan o perfil profesional. Traballo de fin de Grao, un proxecto que se realiza ao final da titulación e que se convirte nun requisito imprescindible para conseguir o titulo de Grao.Está orientado á avaliación das competencias do título. E nalgunhas titulacións tamén poderás realizar prácticas en empresas ou institucións. Títulacións do Sistema Universitario Galego Universidade de Santiago (USC)Universidade da Coruña (UDC)Universidade de Vigo (Uvigo) Destacamos aquí as novas titulación que se ofertan para o vindeiro curso no SUG: - Nanociencia en nanotecnoloxía (UDC- Coruña) - Empresa e Tecnoloxía (USC - Lugo) - Bioquímica (USC - Lugo) - Graos abertos : Os graos abertos combinan materias de varios graos da mesma rama de coñecemento. Poderás ir cursando materias de diferentes graos dunha mesma rama de coñecemento e, durante o segundo ano, elixir o grao que máis se adecúe ás túas preferencias.
  • Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas (90 créditos - 1 curso e medio) . 10 prazas
  • Grao Aberto en Enxeñaría Industrial (60 creditos - 1 curso) . 8 prazas
  • Grao Aberto en Enxeñarías - 5USC- Enxeñarías

Matricula ABAU

ABAU Parte obrigatoria: Formada polas catro materias xerais do bloque de materias troncais

  • Lingua Galega e Literatura II,
  • Lingua Castelá e Literatura II,
  • Historia de España II e
  • Primeira Lingua Estranxeira II
  • e a materia troncal da modalidade elixida
Fundamentos da Arte II, Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II ou Latín II Parte voluntaria: O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión. Examinarse dun máximo de catro materias que elixirá de entre o resto de materias non cursadas na fase obrigatoria, é dicir, poderá elixir 4 de entre as 18 seguintes materias: Matemáticas II, Latín II, Matemáticas Aplicadas CC.SS, Fundamentos da Arte II, Física, Xeografía, Cultura Audiovisual II, Química, Grego II, Debuxo Técnico II, Artes Escénicas, Bioloxía, Historia da Arte, Xeoloxía, Historia da Filosofía, Economía da empresa, Deseño.,Segunda Lingua Estranxeira II (Inglés, Francés, Alemán, Italiano , Portugués;debe ser unha lingua distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de materias troncais) Importante: O alumnado non pode examinarse das materias da parte obrigatoria, se ben a materia troncal de modalidade pode contar como materia da parte voluntaria. MATRÍCULA ABAU Prematrículación - Alumnado: 10 ao 17 de xuño. Nos centros de Secundaria. Documentación: - Fotocopia DNI/pasaporte - Impreso oficial de matricula na ABAU - Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos de matricula - Resgardo acreditativo de ter efectuado o deposito do Título de Bach. Matrícula: do 17 ao 19 de xuño envío electrónico ao LERD correspondente da documentación do alumnado polos centros de Secundaria. Toda a información relativa á ABAU, incluidas as cualificación e o procedemento de revisión, así como o procedemento de admisión ao Sistema Universitario Galego (SUG) quedará rexistrada na aplicación NERTA , que atoparás na páxina web da CIUG . No seguinte vídeo podes ver como activar a túa conta para acceder a Nerta:

Exames ABAU

EXAMES DE ABAU A proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade está prevista para os días 7,8 e 9 de xullo, en xornada de maña e tarde . Podes ver o horario dos exames aquí. 15-16-17 de setembro, para a convocatoria extraordinaria. Como vai ser esta proba ? Bótalle unha ollada a esta documentación! A CIUG publicou un resumo cos aspectos máis relevantes para esta proba: cadernos de exame e materiais permitidos. E tamén un protocolo coas normas de prevención por mor da Covid_19.

Cualificacións ABAU Revisión

PREINSCRICIÓN UNIVERSIDADE

PREINSCRIÓN NA UNIVERSIDADE A solicitude de preinscrición para iniciar estudos oficiais de grao é única e obrigatoria para realizar estudos en calquera das universidades públicas de Galicia. Terás que realizar esta solicitude de acceso ou preinscrición a través da aplicación informática NERTA. Nesta solicitude cubrirás os graos e centros aos cales se desexa acceder segundo unha rigorosa orde de preferencia, que comezará coa de maior interese. A devandita orde será vinculante durante todo o proceso de admisión. Poderás indicar ata 5 titulacións universitarias diferentes, cun máximo de 10 peticións , no caso de que a ensinanza se imparta en máis dun centro de Galicia. Neste vídeo poderás ver como se realiza a preinscrición en Nerta Prazo de preinscrición: 14 ao 28 de xullo Dentro do prazo de preinscrición, poderás realizar as modificacións que desexes e consideres necesarias.

Listaxes

PROCESO DE ADMISIÓN E MATRICULACIÓN Se apareces admitido/a para matricularte na titulación da túa primeira preferencia, deberás matricularte no prazo establecido, do contrario perderás todos os teus dereitos. Se apareces admitido/a para matricularse nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia poderás esperar a matricularse nela en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia. No caso de matricularte nela , decaes dos teus dereitos de continuar no proceso de ingreso en titulacións con límite de prazas. Este é o calendario establecido: PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ADMITIDOS MATRICULA11 agosto - 1ª listaxe de admitidos e de espera12 -13 agosto - 1º prazo de matricula* Necesidade de reconfirmar o interese de continuar nas listaxes da CIUG17 agosto - 2ª listaxe de admitidos e de espera18-19 agosto - 2º prazo de matricula*Necesidade de reconfirmar o interese de continuar nas listaxes da CIUG21 agosto - 3ª listaxe de admitidos e de espera22-25 agosto - 3º prazo de matricula*Necesidade de reconfirmar o interese de continuar nas listaxes da CIUG26 agosto - 4ª listaxe de admitidos e de espera27-28 agosto - 4º prazo de matricula*Necesidade de reconfirmar o interese de continuar nas listaxes da CIUG27 agosto -prazo extraordinario modificación de preinscriciónEstudantes que non puideron entrar en ningunha das titulacións solicitadas31 agosto- 5ª listaxe de admitidos e de espera1-2 setembro - 5º prazo de matricula*Necesidade de reconfirmar o interese de continuar nas listaxes da CIUG3 setembro - 6ª listaxe de admitidos e de espera 4 -7 setembro - 6º prazo de matricula*Necesidade de reconfirmar o interese de continuar nas listaxes da CIUG6 outubro- 7ª listaxe de admitidos e de espera7-8 outubro - 7º prazo de matricula*Necesidade de reconfirmar o interese de continuar nas listaxes da CIUG13 outubro - 8ª listaxe de admitidos e de espera14-15 outubro - 8º prazo de matricula16 outubro - 9ª listaxe de admitidos e de espera17-20 outubro - 9º prazo de matricula (DERRADEIRO) Sucesivos Prazos de Matrícula para as prazas vacantes: Nestas convocatorias sucesivas o alumnado pódese atopar nos seguintes supostos: - Se o alumno/a é admitido/a para matricularse na titulación da súa primeira preferencia, deberá facer a matrícula, pois do contrario perderá todos os seus dereitos. Enténdese por primeira preferencia aquela que o alumno/a solicitou no primeiro lugar ou en lugares sucesivos no caso de se esgotaren as prazas ("peche") das titulacións solicitadas nas primeiras preferencias - Se o alumno/a é admitido/a a matricularse nunha titulación de menor preferencia, poderá facer a matrícula ou non.

  • De facela, a matrícula considerarase firme e non terá a oportunidade de cambiarse a outra titulación.
  • De non facela, poderá esperar a matricularse nunha titulación de maior preferencia ata o peche da matrícula nestas, o que se anunciará coa publicación dos sucesivos listados de admitidos e de espera.
O peche de matrícula dunha determinada titulación implica a desaparición automática das listas de espera, de xeito que non se volverá a abrir de novo a matricula nesa titulación. A CIUG publica un cartel informativo no que recolle toda a información imprescindible para que non se che pase ningun prazo . Aquí o tes: CALENDARIO DE ADMISIÓN E MATRICULA. No seguinte vídeo , tes máis información sobre este procedemento de adxudicación de prazas.

MATRICULA UNIVERSIDADE

Si estás admitido no estudo que desexas realizar o vindeiro curso 2020-21, xa so queda dar o paso definitivo, realizar a matricula na web da correspondente universidade: Universidade da Coruña: https://matricula.udc.es/MatriculaPrimeiro/Login.asp Universidade de Vigo : https://matricula.uvigo.es/matriculaprimeiro/ Universidade de Santiago : https://matricula.usc.es/MatriculaPrimeiro/

Noraboa! Despois dun curso intenso , acadaches a titulación de Bacharelato Para solicitar esta titulación terás que pagar unha taxas. Pásate pola secretaría do IES para recoller os impresos correspondentes. Con esta titulación tes moitas posibilidades de estudos superiores, entre os que está o acceso a Universidade...