Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

@profe Loly

Civilizacións antigas

Os homes e mulleres prehistóricos levaban a cabo enterros rituais, ofrecían sacrificios, pintaban nas paredes das cavernas, construían pequenas estatuas para invocar forzas da natureza, etc.

Rendíanlle culto a todo aquilo que estivese relacionado coas forzas da natureza e os seus elementos (auga, aire, terra, lume), perdurando algúns deses ritos até os nosos días. É o que coñecemos por relixións animistas ou primitivas.

Tamén crían no culto ás pedras, de aí que nos atopemos con numerosos monumentos tallados neste material, chegándose a conservar actualmente.

Por esta razón, moitas das construcións que preservamos están feitas de pedra e considéranse un lugar sagrado. Crían que as pedras constituían unha unión coa terra e servían para guiar a forza terrestre e, ao mesmo tempo pensaban que lle aportaban esa forza divina ás súas tribus.

Para dar resposta á construción destes monumentos e as súas xentes, xurdiron as lendas, aínda que pola temática, nós centrarémonos nas haxiográficas.

O lendario heroe grego Hércules chegou en busca do xigante Xerión, que reinaba sobre as terras comprendidas entre o Douro e o Texo, coa fin de liberar ao pobo do seu poder desmedido. O enfrontamento entre ambos durou tres días e tres noites, ao cabo das cales, Hércules venciu ao xigante, cortou a súa cabeza a enterrouna xunto ao mar. Para conmemorar a súa victoria, construíu sobre o túmulo unha torre - faro e nas proximidades do mesmo fundou unha cidade á que lle chamou Crunia, como recordo da primeira muller que habitou neste lugar e da cal o heroe se namorou. Cando Hércules se foi, Espán, seu sobriño, foi nomeado señor de España e poboou vilas e cidades.Acabou de construír a Torre do Faro que comezara o seu tío e como era un home sabio, dotouna dun candil con lume que nunca se apagaba, ademais fixo un gran espello polo que se vían vir as naves enemigas dende unha gran distancia.

A TORRE DE HÉRCULES

A lenda máis coñecida vinculada ó Pico Sacro é a recollida no Códice Calixtino. O relato conta como o Apóstolo Santiago morreu como mártir decapitado en Xerusalén (no ano 42 d.C.) por mandato de Herodes. Dous dos seus discípulos, Teodoro e Atanasio, conseguiron roubar o corpo pola noite e trasladárono ao porto de Jaffa, na actual Palestina. Alí colocouse nunha embarcación, de pedra segundo outras versións da lenda, que foi levada pola providencia a través do Mediterráneo ata Galicia. A nave acaba arribando ao porto de Iria, no actual concello de Padrón, no inicio da ría de Arousa, a unhas terras gobernadas por unha muller pagá chamada Lupa ou Luparia. Os discípulos pídenlle axuda a Lupa para que lles ceda un lugar onde soterrar o Santo e levantar un pequeno templo. Lupa, pensa mandalos á morte e dilles que vaian a Duio, onde o rei daquelas terras poderá axudalos nas súas pretensións. Ao chegaren a Duio (preto de Fisterra), o rei engánaos e méteos na cárcere, pero conseguen escapar grazas a axuda divina. Retornan outra vez a pedirlle axuda a Lupa e nesta ocasión ela mándaos cara o Pico Sacro, onde hai uns bois mansos da súa propiedade que lles servirán para transportar o corpo do Santo e edificar o sepulcro. En canto chegan ao Pico preséntaselles diante un fero dragón que se bota sobre eles botando lume. Fan o sinal da cruz e a besta rebenta pola metade do ventre. Morto o dragón, os discípulos deciden purificar o monte cos santos óleos e cámbianlle o nome do monte de monte Ilicino por Monte Sacro. Finalmente os bois resultan ser realmente touros bravos que ao momento amansan e baixan a cabeza ante os discípulos. Póñenlles os xugos e volven cara o pazo de Lupa quen, ao ver tal cantidade de prodixios, acaba por converterse ao cristianismo e permite aos discípulos enterrar ao seu mestre nun sepulcro. O lugar será o bosque do Libredom, na futura Compostela.

A RAÍÑA LUPA

A LAGOA DE TRABACóntase que foi o propio apóstolo Santiago quen predicando no lugar foi o responsable de tal asolagamento. E é que o apóstolo, canso de predicar o evanxeo nos confíns do mundo e de atopar contada resposta decide buscar un lugar tranquilo onde tomar folgos e pasar a noite. Foi daquela cando achou a vila de Vilaverde ou Antioquía. Era unha vila especialmente rica na que os seus moradores vivían en grandes casas de pedra. O apóstolo vestido de mendigo entrou na cidade buscando de casa en casa acubillo. Mais non atopou resgardo en ningunha delas, sendo tal a fachenda dos seus habitantes e o desleixo ó esmolante. Mais Santiago non se rendeu, buscando algún alma con caridade na perdida a vila. Fixouse daquela nunha cativa casiña. Era a máis pobre de toda a vila, feita apenas de madeira e non moi lonxe de virse abaixo. Decidiu daquela o santo pedir refuxio achando no interior unha amable anciá. A vella non só lle ofreceu un prato quente e un lugar no que durmir senón que privárase ela mesma de tales praceres, durmindo sobre o frío chan. A vella contáralle a maltreita relación cos seus veciños, coas xentes de Valverde ou Antioquía, o desprezo por ser pobre e da fame. Á maña seguinte, ben descansado Santiago ofreceulle un paseo á vella ata os penedos que rodean a vila. Ela, a pesar da súa avanzada idade, aceptou de boa gana subir con el ata o cumio da Moa, máis Santiago púxolle unha condición, que non mirara para atrás no camiño. Cando chegaron, daquela, ó cumio o apóstolo quixo continuar o camiño a Muxía e agradecerlle unha vez máis o que a muller fixera. Daquela volvéndose cara atrás puideron ver como toda a cobizosa cidade ía quedando asolagada pola auga. Dende aquela dise que moran na lagoa peixes negros como o carbón, como as ánimas dos outrora habitantes, tamén se di que nas noites de temporal escoitase baixo as augas os laios das campás da antiga igrexa.

Como podemos observar, xa dende tempos prehistóricos o home e a muller creron na existencia dun ser superior, o que nos fai pensar que a relixión existía xa naqueles tempos e, que o ser humano está naturalmente inclinado a buscar a Deus.

Se seguimos avanzando na historia, en Mesopotamia os deuses estaban relacionados cos astros e rendíaselles culto nos zigurats.

En Exipto, o deus máis importante era Ra (o sol) pero veneraban outros coma Isis, Osiris ou Horus, e dábanlle moita importancia á vida despois da morte.

O lugar de culto a deuses e faraóns eran os templos exipcios, mentres que as pirámides considerábanse criptas reais.

Xa na época grega, os deuses tiñan forma humana mais eran seres inmortais, sendo Zeus o máis importante.

Os deuses romanos eran os mesmos que os gregos pero cun cambio no nome.

En conclusión, os poboados prehistóricos e as relixións antigas teñen en común a veneración a distintos elementos ou a crenza a distintos deuses, polo que presenciamos que eran politeístas.

... Vémonos na próxima presentación?

Se queredes aprender máis...