Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Titoras de 5ºPrimaria CEIP Nazaret

17 de maio do 2020

Día das letras galegas

Cando remates

Coñeces a importancia do noso idioma ?

Sabes a quen se lle adica este ano?

Recordas por que celebramos o día das Letras Galegas o 17 de maio?

O 17 de maio de 1863 publicáronse os primeiros exemplares de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. Niguén podía imaxinar que aquel libro se convertiría no máis importante da Literatura galega.Cando se cumplían 100 anos da súa publicación, os académicos da Real Academia Galega (entre os que se atopaba o homenaxeado de este ano, decidíron aproveitar esa data para celebrar O DÍA DAS LETRAS GALEGAS cada ano.Así, cada 17 de maio, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propias.A través delas recordamos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro.

Queres coñecer ao homenaxeado deste ano?

O galego atópase entre as 30 linguas máis usadas en Internet do mundo.

O libro máis vendido da literatura galega é "Memorias du neno labrego" de Xosé Neira Vilas con máis de 700.000 exemplares vendidos.

A literatura medieval galaico-portuguesa está considerada unha das cimas da cultura daquela época.

Nos colexios dalgunhas zonas de León e Zamora (Castela e León ) tamén se imparte galego.

A Unión Astronómica Internacional bautizou co nome de Rosalía de Castro unha estrela que se atopa a 240 millóns de anos luz do noso planeta.

A literatura galega estúdase en universidades de todo o mundo: Alemaña, Estados Unidos, Rusia, Suíza, Polonia, Italia, Brasil, Irlanda, Finlandia...

De seguro que non coñeces moitos destes datos sorprendentes sobre a nosa lingua...

A súa cercanía co portugués fai que os galegofalantes entendámonos con 250 millóns de persoas espalladas por todo o Mundo.

Boa sorte!!!

Agora é o teu turno de investigar como Carvalho Calero e superar o reto que nos propoñen unhas mestras de outro cole....