Want to make creations as awesome as this one?

Aínda que xa levamos tempo confinados, sabemos que está sendo unha tarefa complexa a aprendizaxe na casa. Fomentar as rutinas para realizar do propio traballo das persoas con TEA pode supoñer a superación de forma máis satisfactoria das dificultades que podamos atopar. Material elaborado por www.autismogalicia.org

Transcript

AXUDAR A APRENDER NA CASA

#quedanacasa

TEAconsellos

Aínda que xa levamos tempo confinados, sabemos que está sendo unha tarefa complexa a aprendizaxe escolar/ académica na casa. Fomentar as rutinas para realizar do propio traballo das persoas con TEA pode supoñer a superación de forma máis satisfactoria das dificultades que podamos atopar.

É importante marcar no seu horario o tempo de traballo ou deberes. Cando prestemos axuda, debemos ter en conta se a persoa é autónoma na realización das tarefas, se é autónomo pero require do apoio do adulto, se require de apoio constante, se podemos facer visitas de supervisión, etc, e ir adaptándonos e flexibilizando ese apoio.

Se require apoio constante e sabemos que pode ser máis autónomo, podemos pactar con el as veces que poderá pedir axuda, sempre cando isto non poida xeral estrés, e indicarlle cando fará as tarefas con papa, cando con mama, cando só, etc.

PARTIR DE:

É importante ter presente que con estrés ou a vulnerabilidade á sobrecarga emocional e sensorial ,non se pode aprender. Non debemos presionar; se un día non se estudia non debemos esaxerar, non pasa nada. Debemos ser o apoio na aprendizaxe da persoa, non a persoa que poida ser percibida como causante dun malestar emocional insufrible.

O estrés pode aparecer se non hai unha comprensión das tarefas que lle está pedindo o profesorado. É importante que lle deamos apoio e lle axudemos a traducir o significado da tarefa. Pode axudar a isto dicirlle que para que capte o obxectivo da tarefa vaia o verbo da pregunta: ¿ Cal de todas as palabras da pregunta representa unha acción solicitada?

CREAR UN HÁBITO DE ESTUDO

QUE DEBEMOS TER EN CONTA

Teñen que entender que o curso non rematou, que aínda non chegaron as vacacións e que pola situación que nos toca vivir temos que realizar as tarefas do colexio na casa e seguir as indicacións que nos chegan por parte do profesorado.

Para facilitar a toda a familia a xestión do día, considera a posibilidade de establecer un horario para cada membro da familia ó que a persoa con TEA poda remitirse para pescudar que actividades están programadas durante o día.Podemos comezar polas tarefas que lle gusten, seguir por tarefas fáciles e pasar as máis difíciles, e rematar cunha tarefa que lle guste de novo

LUGAR DE TRABALLO

Debemos habilitar un lugar de traballo preferiblemente con luz natural, sen elementos de distracción, e só co material que necesite para desenvolver as tarefas. Pero sempre tendo en conta que se cadra o feito de levantarse e moverse lle resulta positivo.

ORGANIZACIÓN

Axudarlle non significa facer as cousas por el, senón explicarllas e darlle un pouco de marxe. Podes explicarlle as tarefas pola mañá coa axuda do calendario ou traballar con el para elaborar unha lista de tarefas que debe facer, para que o poida ter a man e acudir a el cando precise. Outra opción nestes momentos podería ser un calendario semanal ou quincenal no que se pacten as tarefas que envían os profesores.

Podemos planificar o tempo con períodos de descanso, tal e como se fai durante a xornada escolar. É importante acoutar un tempo para cada materia o tarefa. Ten en conta á hora de estudar o ritmo das tarefas: se necesita máis tempo, podedes tratar de pedir estas adaptación falando cos profesores.As tarefas largas podemos fragmentalas.Podemos deixarlle que escolla el/ela a orde das actividades.

MOTIVACIÓN

É importante fomentar a motivación en cada actividade ou paso realizado. Para isto é importante que teñamos unha posición firme e calmada pactando con eles e dando a instrucións de que a realización das tarefas nos permitirá acceder a outras tarefas máis gratificantes. Incluso pode ser convinte incluír algunha tarefa na que nos prevexamos o éxito.

Podemos ter en conta, se a persoa lle pode ser útil ,a opción dos reforzos visuais, tanto en imaxe, pictograma como unha palabra escrita, para lembrar a actividade seguinte ou como pedir axuda.

Se vemos que o teu fillo ou filla está con pouco ánimo ou enfadado, propón un descanso. Asomarse á fiestra ou moverse pode ser un momento bo de desconexión entre exercicios que requiren de un esforzo.Se vemos que lle custa moito, debemos facer esixencias máis pequenas.

ESTAR ATENTOS O CANSANCIO

EXPLICACIÓNS

Podes axudarlle coas explicacións apoiándovos en vídeos, imaxes, debuxos ou exemplos da vida cotiá.

Practicar ioga ou mindfulness pode axudar a relaxación e mellorar a concentración, entre outras actividades. Podedes recorrer a vídeos como o seguinte:

ACTIVIDADES QUE PODEN SER DE UTILIDADE

www.autismogalicia.org

¡Graciñas, e en breve máis TEAconsellos