Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

PROTOCOLO COVID-19

INFORMACIÓN SOBRE O VIRUS

ACCIÓNS PARA A MANIPULACIÓN DE MATERIAIS

EMPRÉSTITOS E DEVOLUCIÓNSDE LIBROS

AFORO

ORGANIZACIÓNDO ESPAZO

SUXESTIÓNS E DÚBIDAS

BIBLIOTECA DOCEIP P. A CRISTINAO RECUNCHO DE NUNO

+

+

+

+

+

+

ACCIÓNS PARA A MANIPULACIÓN DE MATERIAIS

Lavar as mans frecuentemente con desinfectante de mans ou auga e xabrón durante 40 segundos.Evitar o contacto con persoas infectadas.Evitar tocarse os ollos, nariz e boca coas mans sen lavar.Limpar e desinfectar obxectos e superficies que se tocan con frecuencia (picaportes, mesas, cadeiras..)Os libros utilizados por persoas infectadas deberán ser introducidos nunha bolsa de plástico con dobre autocierre. Unha vez dentro o libro, limpar o exterior da bolsa cun produto viricida (auga e lixivia). Unha vez limpo, manter nunha zona segura durante 14 días.Superada a cuarentena, a manipulación do libro xa non será ningún risco.

BIBLIOTECA DO CEIP P. A CRISTINAO RECUNCHO DE NUNO

INFORMACIÓN SOBRE O VIRUS

BIBLIOTECA DO CEIP P. A CRISTINA O RECUNCHO DE NUNO

A enfermidade provocada polo COVID-19 pode transmitirse por vía directa ou indirecta.O contaxio directo propágase cando os microorganismos pasan dunha persoa infectada a unha sá, cando se tocan ou contamínanse por secrecións ou feridas da persoa infectada.O contaxio indirecto pode propagarse a través de partículas ao tusir ou esbirrar a través do ar. Poden quedar suspendidas no ar durante 3 horas .Moitas partículas permanecen en superficies próximas, como mesas, libros, cadeiras, andeis... polo que podemos entrar en contacto con obxectos ou superficies contaminadas. Según distintos estudos o virus pode permanecer vivo entre 1 e 4 días en papel e entre 5 e 9 días en plásticos e metais.Para contribuir á súa eliminación é fundamental a desinfección dos distintos espazos e a hixiene persoal das persoas a través da limpeza de mans con auga e xabrón durante polo menos 40 segundos.Os libros NON deben ser desinfectados pois os productos estragaríaos, polo que é preciso gardar nunha caixa, polo menos 14 días, os que poideran estar expostos ao virus.

ACCIÓNS PARA A MANIPULACIÓN DE MATERIAIS

IMPORTANTE

BIBLIOTECA DO CEIP P. A CRISTINAO RECUNCHO DE NUNO

Para empregar o equipamento informático, cada usuario deberá desinfectar ben as súas mans antes de usalo así como desinfectar adecuadamente o seu posto, ordenador, tablet, lector electrónico, teclado, rato e outros materiais empregados cando abandone o seu posto.Estableceranse quendas para o uso do equipamento informático dispoñible baixo petición previa aos mestres/as responsables.Todo os recursos informáticos da biblioteca poderán ser postos a disposición de toda a comunidade educativa en función das necesidades e circunstacias que poidan xurdir.* Todas estas accións quedarán supeditadas a modificacións segundo as instruccións dadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

EMPRÉSTITOS E DEVOLUCIÓNS DE LIBROS

Os libros emprestados deberán devolverse introducíndoos nunha caixa habilitada que estará disposta na entrada á biblioteca.O empréstito de libros deberá realizarse na hora de biblioteca específica para cada curso. Os alumnos e alumnas acudirán en grupos de máximo 12-15 persoas mantendo unha distancia entre as mesmas de polo menos 1,5 metros.O alumnado escollerá previamente o título que desexa levar a través do Catálogo de opacmeiga e informará por escrito/correo electrónico do mesmo ao mestre/a.O ALUMNADO NON PODERÁ COLLER LIBROS DOS ANDEIS, O LIBRO ESCOLLIDO SERÁ ENTREGADO A CADA ALUMNO/A POLO MESTRE RESPONSABLE DA BIBLIOTECA. Recollerán o seu carnet e o introducirán na primeira folla do libro escollido,Depositarán o libro que queren levar emprestado no espazo habilitado e agardarán a que sexa realizado o seu rexistro polo equipo de biblioteca ou titor/a.

BIBLIOTECA DO CEIP P. A CRISTINA O RECUNCHO DE NUNO

Alternativa 1: Préstamo na biblioteca

Alternativa 2

EMPRÉSTITOS E DEVOLUCIÓNS DE LIBROS

Cada alumno/alumna elexirá o libro ou libros que quere levar emprestados no catálogo de opac-meiga e informarán ao mestre/a por escrito ou correo electrónico.O mestre/a representante de cada ciclo do equipo de biblioteca será o responsable de recoller, rexistrar e entregar os libros reservados ao alumnado de dito ciclo.A devolución de libros deberá realizarse o na caixa disposta para tal fin que será recollida polo mestre/a representante de cada ciclo.

BIBLIOTECA DO CEIP P. A CRISTINA O RECUNCHO DE NUNO

Alternativa 2: Préstamos na aula

SUXESTIÓNS E DÚBIDAS

Disporase dun buzón na entrada da biblioteca onde poderán deixar por escrito as súas suxestións e dúbidas.Para buscar os fondos bibliográficos dispoñibles da nosa biblioteca podedes empregar previamente o buscador do noso catálogo premendo na seguinte imaxe:

BIBLIOTECA DO CEIP P. A CRISTINA O RECUNCHO DE NUNO

* Todas estas accións quedarán supeditadas a modificacións segundo as instruccións dadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

ORGANIZACIÓN DO ESPAZO

Realizaranse sinalizacións no chan para indicar o sentido de circulación dos usuarios.O mobiliario colocarase de forma que os usuarios que empreguen a biblioteca manteñan a distancia de seguridade permitida.Estableceranse indicadores de espera para o préstamo de libros así como para entrar na biblioteca.

BIBLIOTECA DO CEIP P. A CRISTINA O RECUNCHO DE NUNO

AFORO

Durante os recreos, permitirase un máximo de 10 alumnos/as na biblioteca que deberán manter a distancia social recomendada.En función da organización da actividade lectiva, cada ciclo poderá acudir á biblioteca o recreo do día que se lle asigne.Cada titoría terá asignada dúas horas semanais de uso exclusivo na biblioteca para grupos de como máximo 12-15 alumnos/as.Nas horas de apertura da biblioteca pola tarde o aforo permitido será de como máximo 12 persoas.

BIBLIOTECA DO CEIP P. A CRISTINA O RECUNCHO DE NUNO