Want to make creations as awesome as this one?

Aprendizaxe dos sectores económicos

Transcript

Identificar as actividades que pertencen a cada un dos sectores económicos.

As actividades económicas

A relación de moitos dos produtos que consumimos no noso día a día cos distintos sectores económicos é evidente. Por exemplo, o leite obtido nunha granxa (sector primario) é levado a unha fábrica (sector secundario), onde se pode transformar en queixo, iogur ou manteiga. Finalmente, o produto elaborado é vendido nunha tenda do barrio ou nun supermercado (sector terciario).

PRESENTACIÓN

Aquelas actividades ligadas directamente coa produción de materias primas e a explotación dos recursos naturais forman parte do chamado sector primario.

O SECTOR PRIMARIO

Agricultura: é o conxunto de prácticas relativas ao cultivo dos campos. A maior parte das terras de cultivo destínanse a produtos destinados á alimentación, aínda que tamén hai outros utilizados na industria (algodón, liño...).Gandaría: dedícase á cría de animais (vacas, aves, porcos, ovellas, coellos…), que se utilizan para obter materias primas como carne, leite ou la.Pesca: é a actividade destinada á captura de animais acuáticos de océanos, mares, ríos e lagos.Acuicultura: dedícase á cría de distintas especies de peixes (robalizas, douradas, troitas, salmóns…), así como de marisco (mexillóns, ostras, lagostinos, algas…).

As principais actividades deste sector son:

Os cultivos de regadío (arroz, algodón, hortalizas...) son aqueles que precisan auga en abundancia, polo que necesitan ser regados de forma regular. Pola contra, aqueles cultivos que teñen suficiente coa auga da chuvia (cereais, legumes, froitos secos, oliveiras, vide…) coñécense como cultivos de secaño.

LEMBRA

O sector secundario engloba todas aquelas actividades centradas na transformación das materias primas e os recursos naturais en produtos elaborados.

O SECTOR SECUNDARIO

Minaría: explota as materias minerais do subsolo.Sector enerxético: xera a enerxía necesaria para facer funcionar a industria, mover os medios de transporte ou quentar as nosas casas no inverno. Industria: transforma as materias primas en bens de equipo (maquinaria, ferramentas etc.), destinados a outras industrias, e bens de uso e consumo (roupa, xoguetes, electrodomésticos etc.).Construción: comprende a edificación de todo tipo de edificios (vivendas, oficinas, hospitais etc.) e infraestruturas (vías de comunicación, pontes, aeroportos etc.).

As principais actividades deste sector son:

Existen dous grandes tipos de fontes: as enerxías non renovables (xéranse a partir do carbón, o petróleo, o gas natural e o uranio) e as enerxías renovables (obtéñense a partir da forza da auga, do vento ou da calor do sol. Esas últimas, a diferenza das anteriores, son enerxías limpas e non se esgotan.

LEMBRA

Todas aquelas actividades que non producen obxectos, senón que ofrecen servizos de distinto tipo destinados a cubrir as necesidades de persoas e empresas (administración, xestión, distribución…) forman parte do chamado sector terciario

O SECTOR TERCIARIO

Comercio: baséase no intercambio de todo tipo de produtos. Pode ser interior (dentro do mesmo país) ou exterior (con outros países).Transporte: permite o desprazamento de persoas e mercadorías. Pode ser terrestre (por estrada, autoestrada, en tren etc.), aéreo ou marítimo.Turismo: relaciónase co lecer e o tempo libre. Segundo o destino e os intereses do turista, existen distintos tipos de turismo: de sol e praia, rural, cultural, familiar, de negocios etc.Sanidade: é o conxunto de servizos, persoal e instalacións destinados y adicados á preservación da saúde das persoas.

As principais actividades deste sector son:

42%

42%

70%

65%

2020

2019

2017

2018

20%

40%

80%

100%

60%

A economía española, como a do resto de países do noso contorno, caracterízase polo gran peso que ten o sector terciario. Con todo, tamén hai que considerar a importancia do resto de sectores económicos, pois seguro que ocupan algúns dos nosos familiares, veciños ou coñecidos.

A ECONOMÍA EN ESPAÑA

A principal actividade do sector é a agricultura, a cal ten un peso maior nas comunidades do sur e do interior. A gandaría é unha actividade importante nas rexións do norte e do interior peninsular. As principais especies criadas no noso país son a gandaría bovina, a porcina e a avícola.Dependendo da rexión, a paisaxe agraria cambia. Así, na Meseta predomina a agricultura de secaño e a gandaría ovina; no norte, como acontece en Galicia, predomina a gandaría bovina e abundan as explotacións forestais. Na rexión mediterránea, en cambio, destacan as terras dedicadas ao cultivo de froitas e hortalizas, así como abundan as granxas de porcos e aves. Para rematar, debido ao seu clima, Canarias produce plátanos e froitos tropicais.

O sector primario en España

España é unha das grandes potencias pesqueiras do mundo, o cal favorece a industria conserveira e os estaleiros. Ademais de faenar no litoral Mediterráneo e no Atlántico (costa cantábrica, galega, golfo de Cádiz e Canarias), os barcos españois tamén botan as súas redes en Terranova, Irlanda, a costa atlántica africana e América do Sur.Tampouco deben esquecerse outras actividades propias do sector primario como a acuicultura (cría e cultivo de especies distintas de peixes, moluscos e crustáceos), nin a silvicultura (explotación dos bosques).

As actividades do sector secundario ocupan ao redor do 28 % da poboación española. A industria concéntrase arredor das zonas máis poboadas: eixe mediterráneo, o eixe do Ebro, a Comunidade de Madrid, Sevilla e o eixe do Guadalquivir. Entre as principais industrias españolas están, entre outras, as industrias siderometalúrxica, agroalimentaria, automobilística e química.A construción tamén é unha actividade fundamental para a economía española. Durante os primeiros anos do século XXI construíronse centos de miles de vivendas, ao tempo que se investiron grandes cantidades de diñeiro en infraestruturas diversas. Así, pouco antes do estalido da crise de 2008, a construción ocupaba un 12 % da poboación.

O sector secundario en España

Na actualidade, o sector económico máis importante en España é o sector terciario, pois ocupa máis do 70 % dos traballadores. En canto ás actividades chave do sector terciario español, atópase o comercio, que representa cerca do 40 % da riqueza xerada. O principal sistema de transporte en España é o terrestre (estrada e ferrocarril). Destaca a rede de alta velocidade (AVE), que se estendeu nos últimos anos por gran parte da Península. Tamén é fundamental o transporte aéreo, sobre todo grazas ao turismo, así como o transporte marítimo, necesario para o comercio exterior.

O sector terciario en España

Outra das actividades chave da economía española é o turismo. De feito, España é o cuarto país máis visitado do mundo. Isto favorece uns ingresos elevados e a creación de emprego.Moitos estranxeiros visitan España na procura de sol e praia, aínda que desde hai algúns anos tamén chegan visitantes máis interesados noutros tipos de turismo: o cultural, o rural, o da terceira idade, o de montaña, o de negocios.

¡GRAZAS!