Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

Transcript

educación física (04)

#euQuedoNaCasa

isto vai de xogo popular

03

mais ioga

05

a nosa amiga e o espaguete

O XOGO DOS RETOS

04

A BAILAR!

01

02

C.E.I.P. de Casás - Lugo

INFO

INFO

INFO

INFO

INFO

02. A NOSA AMIGA RA E O ESPAGUETE Unha semana máis atópaste ca nosa amiga Ra. Xa es experto así que... 1. Senta no chan ou tomba sobre unha alfombra. 2. Pecha os ollos e… 3. … simplemente escoita . .

03. ARGALLADAS: ISTO VAI DE XOGO POPULAR Aínda que non estamos en novembro (“Polo San Martiño, trompos ao camiño”) podemos argallar un anaco con este XOGO POPULAR. Non te preocupes se non tes un porque… facelo é moi sinxelo Materiais:un CD que non serva - unha “canica" - un tapón de botella de plástico - unha pistola de silicona ou silicón líquido - adhesivos para decorar Pasos a seguir para ter o trompo listo: 1. Decora o CD e o tapón de plástico cos adhesivos. 2. Sitúa a “canica" debaixo do CD, dentro do burato do centro. 3. Da a volta ao CD, sostendo a canica pola parte de abaixo. Aplicamos ó redor da canica, silicona quente ou silicón líquido. 4. Deixa secar. 5. Dentro do tapón de plástico, aplica tamén, unha boa cantidade de silicona quente ou silicón liquido. 6. Pega o tapón no centro do CD (enriba da canica) e espera que seque. 7. Agora so tes que xirar con forza o tapón e xa tes un divertido trompo! ..

01. A MUIÑEIRA Sabes que o día 17 celébrase o Día das Letras Galegas (este ano adicado a Ricardo Carvalho Calero) e que mellor forma de pasalo que movéndonos cun dos bailes da nosa terra: A MUIÑEIRA. Que non sabes como se baila? Non te preocupes, neste vídeo atoparás o xeito de facelo. Preparación: Precisas dous pés, dous brazos coas súas mans e… moitas ganas de brincar . .

05. UN POUCO DE IOGA Como che foi co IOGA a semana pasada? Propoñémosche que avances un pouco máis e probes a traballar con alguén. Precisas:Roupa cómoda (xa sabes que para a práctica de exercicio eso é esencial)Enreda a alguén para que traballe contigo.Busca unha alfombra e senta tranquilo.Desfruta da actividade . .

04. O NOSO (primeiro) XOGO DE RETOS Aquí está de novo o XOGO DE RETOS. Queremos recibir mais suxestións de mellora antes de preparar a segunda edición. Estas a punto de entrar en zona perigosa. Atrévete a xogar, pero lembra: "Non comeces se non tes intención de chegar ao final" fai clic na imaxe baixo a túa responsabilidade .

RECOMENDACIÓNS Adapta as tarefas as túas condicións físicas e de espazo. Xoga seguro: dispón un lugar libre de obstáculos para xogar. Solicita axuda se o necesitas. Xogar con outros sempre é mais divertido. Tamén necesitarás un dispositivo para conectarte a internet . . Información para as familias: Dende o Equipo docente de Educación Física non pretendemos engadir tarefas, solo aportar unha proposta de lecer e de movemento para tod@s

PARA LEMBRAR QUE PASES UN BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS! Se che apetece, mándanos algunha foto ou vídeo bailando a MUIÑEIRA a través da túa titora ou do correo electrónico de contacto. Segues a desfrutar deses paseos diarios? Lembra que é moi importante que todos os días poñas o corpo en movemento durante un anaco. . .