EF5
CEIP Ramón de la Sagra
Created on May 13, 2020
More creations to inspire you
COUNTRIES LESSON 5 GROUP 7/8
Presentation
BLENDED PEDAGOGUE
Presentation
WORLD WILDLIFE DAY
Presentation
FOOD AND NUTRITION
Presentation
2021 TRENDING COLORS
Presentation
HISTORY OF THE CIRCUS
Presentation
LETTERING PRESENTATION
Presentation
Transcript
Educación Física
#euquedonacasa
#efnacasa
Ola nenas e nenos!!
Antes de nada esperamos que todos e todas estedes ben.
Paz e Alba
índice
Xogos de imitación e sensorais
Xogos tradicionais galegos
Xogos con material de refugallo
Xogos con material
Carreira de pelotas de papel
Necesitamos unha pelota de papel (periódico ou o que teñamos en casa). Marcar un recorrido e intentar facelo unicamente soplando para que a pelota vaia avanzando. Non se poden utilizar as mans.
Futbolín
Necesitamos unha caixa de cartón, pinzas de tender roupa, palliñas. Recortamos a caixa de cartón, facendo as dúas porterias nos lados máis curtos. Tamén realizamos 6 buracos en cada lateral, para introducir as palliñas. Debuxamos o campo de fútbol na caixa. Pintamos 4 xogadores de verde e 4 de azul. Situamos 2 pinzas en cada palliña e teremos tamén dúas palliñas con só unha pinza que serán os porteiros. Como balón utilizaremos unha pequena bóla de papel.
Tenis
Delimitar un campo nun espazo da casa. Cunha “raqueta” construída con cartóns e material similar, débese de golpear unha “pelota” fabricada con papel ou similar. Para facer punto a pelota ten que caer no campo do xogador contrario, pero para iso, o golpeo ten que ser sempre cara arriba.
Aros
Xogos de imitacion
Percorrido a cegas
Mínimo dúas persoas. Delimitamos un epazo e a continuación marcamos un percorrido con un comezo e un final. Un participante deberá taparse os ollos e realizar o percorrido seguindo as indicacións dos compañeritos/as (o mellor que que só as realice unha persoa).
Para elevar o nivel de complexidade podemos introducir obstáculos no percorrido.
Adiviña o obxecto
Un xogador/a ten que vendarse os ollos e os demais daránlle un obxecto para tocar. O obxectivo é que o adiviñe. Cando o acerte será o decida quen será o próximo en poñerse a venda.
Variantes:
- Dicir con que parte do corpo se pode tocar o obxecto.
- Dicir con que parte do corpo non se pode tocar o obxecto (por exemplo as mans)
- Que sexan os demais participantes os que pasan o obxecto por diferentes partes do corpo.
Adiviña o que escribo
Nesta ocasión traballaremos por parellas. Un membro da mesma ten que escribir nas costas do compañeiro/a unha das seguintes opcións: unha letra, un número...e os máis maiores poden intentar unha palabra ou debuxar un obxecto.
O obxectivo do xogo é que o meu compañero/a descubra o que estou escribindo.
Mímica
Un dos participantes imita unha persoa, animal, unha acción, personaxe famoso...e os demais intentan adivinar quen é. Aquel que o adiviña e o seguinte en facelo. Non está permitido falar nin emitir ningún tipo de son.
Variantes:
- O xogo das películas: neste caso o que temos que adiviñar é unha película. Para isto podemos intentar representar algo característico da película ou intentar que vaian descubrindo las palabras que compoñen o título da mesma.
- Representar diferentes deportes.
Campo de minas
Este xogo consiste en intentar cruzar un espacio delimitado previamente sen tocar os obstáculos que temos dispersos polo medio. Para isto podemos utilizar pelotas de papel ou similar.
Aquel neno/nena que realiza o percorrido terá que levar os ollos vendados. Se pisamos unha das pelotas temos que volver a empezar. Outro dos participantes será o que lle vaia dando as indicacións.
Somos animais
Mínimo duas persoas. Unha delas pensará un animal, a continuación mediante xestos deberá intentar que o adivíñe o compañeiro/a.
Variantes:
Podemos pensar un animal e imitar os seus xestos, desprazamentos e sonidos. Os demais participantes terán que imitalo.
Espello
Por parellas situámonos un en fronte do outro. Un membro da parella comezará a realizar movementos lentamente e o compañero/a tentará copiar esos movementos.
Xogos tradicionais galegos
Zancos
Pelea de galos
Este é un xogo para realizar por parellas. Delimitamos un espazo do cal non se pode saír (non moi grande). A continuación colocámonos na seguinte posición:
O obxectivo é desequilibrar ao compañero/a mediante movementos laterais, cara adiante e atrás, intentado que toque o chan ou que saia do espazo delimitado.
Vexo, vexo
Unha persoa comeza por escoller un obxecto (por exemplo, un porco) e di "vexo vexo", iniciando a seguinte secuencia entre a persoa que escolleu o obxecto, e os outros xogadores que tentarán adiviñalo:
-Vexo vexo -Que ves?
-Unha cousiña
-Que cousa é?
-Empeza por " P"
Os outros xogadores entón miran ao seu ao redor para suxerir que podería ser. Cada vez, a persoa que escolleu o obxecto debe dicirlles se é ou non, como por exemplo:
-Un peixe -Non
-Unha piscina -Non -
Aquel porco -Si
A persoa que adiviña entón escolle o seguinte obxecto. Nalgunhas ocasións, adicionalmente acumulará puntos por adiviñar.
Trompo
Peón, buxaina, ou trompo... Un xoguete de madeira que baila sobre unha punta de metal co impulso dun cordel. Semella simple, pero ten moitas combinacións para as que cómpre non pouca habilidade.
As sete e media
Marcamos no chan un retángulo dividido en oito espazos numerados do 1 ao 7 e un oitavo espazo cun asterico (a media). As persoas que vaian xogar colócanse a uns 3 mestros dos recadros 1 e 2. Cada xogador ou xogadora lanzará dous obxectos -unha pedra, unha chapa...- tentando sumar sete e media ou ficar o máis próximo posible a ese valor.
A mariola
Un clásico do xogo na rúa. Marcamos os cadros no chan e cun obxecto máis ou menos plano -unha pedra, unha chapa...que se chama tella- xa podemos comezar a xogar. Cómpre ir brincando á pata coxa por cada un dos recadros para que o obxecto vaia avanzando. Non podemos pisar no recado no que teñamos a tella. Tes que ir cara adiante e cara atrás, e á volta recollemos a tella para lanzar no seguinte turno.
#todovaisairben